LETRAS GALEGAS 2013

sábado, 31 de diciembre de 2011
















FELIZ 2012
 
FESTIVAL DE NADAL
E que ben o pasamos...este ano foi o primeiro festival de Nadal dos peques de 3 anos no cole, e hai que dicir que estiveron fantásticos, sin medo ningún e con moitas ganas de pasalo estupendamente. Os demáis cursos de infantil e primaria fixérono estupendamente, pero sobre todo pasámolo moi ben.


Escribe un desexo de Nadal que rime... e así verso a verso as familias e nenos e nenas compuxemos un mural de bos desexos, para que cada día ado ano novo nos iluminen e cheguen moi pretiño do noso corazón...que si, que si, que ademáis hai un sorteo de libros e material escolar...a ver, a ver a quen lle toca...
 CHEGOU O APALPADOR
E entre sorrisos de cobiza e ilusión achegouse silandeiro….Ola nenos e nenas! Xa chegou o apalpador!… xa, que non sabedes quen son?...Pois deixade que vos conte… ( e faloulles  das árbores, dos montes, do miramundo, da lenda, dos trasnos…). Pero o apalpador non viña só…acompañábano a súa muller e o seu bebé Teixo   Escoita o que pasou…
E, como cousa de frío require algo quentiño, o apalpador e máis todos os nenos, nenas, e profes do cole tomamos un chocolate solidario de Intermon Oxfam, e falamos de solidariedade, de compartir, de axudar, da xustiza…

Xa pasadas as horas o apalpador tiña fame e nós tamén…pois logo, a comer! Estivo con nós no comedor do cole e as cariñas de expectación dicíano todo…uau!!! Está o apalpador aquí!! E tamén está Teixo, o seu bebé.

jueves, 1 de diciembre de 2011

 Outro Nadal se achega...amodiño!
E paseniño e amorosiño foi chegando o Nadal,
cheiño de frío, de choiva e  sorrisos.
E foise achegando así... amodiño!
petando nas portas ...enchido de  bicos.
Que si, que sí...que o Nadal xa está aquí,
entre festas e iluminadas cariñas,...
entre mazapán e brincadeiras panxoliñas. 
E contan que te contan,  que anda por aí Paulino,
coa árbore de Nadal de arriba para abaixo el soiño;
e plantouno no cole, así despaciño...
shhh! ...que ninguen me vexa, que son un trasniño!
E contoumo Celsa, que o viu sentadiño,
pensando e pensando...sentindo e sentindo,
que outro Nadal,
se achega ...así de amodiño!


RECURSOS DE NADAL
MANUALIDADES


RECURSOS DE NADAL




O APALPADOR
CONTO DO APALPADOR
TRABALLO SOBRE O APALPADOR
LENDA DE PAPÁ NOEL
COMO SE CELEBRA LA NAVIDAD EN EL MUNDO





PANXOLIÑAS QUE IMOS CANTAR OS DE INFANTIL
RODOLFO EL RENO
A VACA MARELA
LOS CALZONCILLOS DE PAPA NOEL


OUTRAS PANXOLIÑAS
VILLANCICOS
CON MI BURRITO SABANERO


CANCIÓNS




NO ME DIGAS MÁS, FELIZ NAVIDAD



CANCIÓN DE NAVIDAD- SILVIO RODRÍGUEZ

BUSCANDO UNHA ESTRELA





VIDEOS DE NADAL
winnie the pooh- una navidad para dar

MICKEY-UNA NAVIDAD SIN PLUTO- PARTE 1
MICKEY- UNA NAVIDAD SIN PLUTO- PARTE 2
MILIKI- UN CUENTO DE NAVIDAD