LETRAS GALEGAS 2013

miércoles, 20 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

Este ano a "Ventoleira de choqueiros " chegou a Barrantes da man das filloas, orellas  e de postres riquísimos que fixeron as nosas familias. Quisemos recuperar unha tradición popular na que hai anos  a xente disfrazábase con roupa vella ou empregaba a de sexo contrario. E os molinillos de vento encheron de cores este entroidiño ventoleiro...

domingo, 17 de febrero de 2013

CONTO NA AREA. ARTEAREA

Os de 4 anos estivemos facendo un conto na area que imos publicar en breve. No proxecto do Sahara aprendimos moitas cousas e dicidimos facer un conto traballando precisamente co material que se atopa no deserto: a area.  Tamén atopamos area nas nosas praias, pero non so,...que máis cousas pode haber?...Cristais erosionados...barro erosionado. E se probaramos a crear con area, cristais, e barro...a ver a ver ...que ven o pasamos! Eso si, botamos en falta a Laura que sigue enferma...queda a túa páxina pendiente ata que veas...bicos de area quentiña!













lunes, 4 de febrero de 2013

OS DE INFANTIL ESTIVEMOS NO VIVERO DE BACELO
E alí chegamos os de infantil de Barrantes, e nos recibiron con moitisimo cariño. Nós que ainda que somos exploradores natos, inquedos de pensamento e acción,...tamén somos quen de dicir, quen de agradecer, quen de reter, quen de lembrar, e como non quen de soñar...gracias a Manolo, Salvi, Juan e Lalo, porque compartiron con nós agasallándonos o seu tempo e o seu traballo, do que aprendemos moitísimas cousas ( o que alí había! ata tiñan unha máquina matabichos profe!...non, so mataba aos malos!...eso, eso que as mariquitas son boas...non miraches como comían os PULMÓNS...bueno chámanse pulgóns...Non había moitas flores, pero plantas si, e plantamos LILIUM que sairá de cor amarela. E estivemos na camara fría onde conxelan flores...no, as conservan para que aguanten máis tempo fermosas.
E a parte escura onde había soles profe? Os crisantemos necesitan estar sin luz para que den bonitas flores...increible! Gracias pola fermosa visita e polos agasallos que tivemos: gorras, bolis, as plantas, flores preciosas...