LETRAS GALEGAS 2013

domingo, 24 de noviembre de 2013

domingo, 17 de noviembre de 2013

XEIRA DE OUTONO



O 14 de novembro os de infantil e primeiro ciclo estivemos de xeira co outono. As cores, os olores, as texturas chegaronnos moi pretiño e alí estábamos nós empapándonos de todo,… das árbores, dos froitos, das follas,…dos “ bichos”, e atopamos moitos tesouros de outono, mesmo os contamos para que non se nos perderan as decenas e as docenas…alí estaban nas cocas ou carrabouxos…que non son os froitos do carballo…Non, os froitos do carballo son as landras!
Tamén atopamos lixo no monte detrás da escola. Recollémolo e trouxémolo á escola para ensinárllelo aos outros nenos…Non queremos lixo no monte!
Achegamonos ao muiño de Baltasar e lembramos o que se facía co gran de millo….traiano ao muiño e facíase fariña.   Escoitamos o río…por onde vai? Segúimolo co dedo. Observamos o seu percorrido no trazo onde nos atopabamos…tamén atopamos unha roda na canle…que noxo!
O tempo deu para moi pouquiño, pero a convivencia entre tod@as valeu a pena. Outro día máis, non si?

Os de 1º están decorando o contenedor de tapóns

Os de 1º están a decorar o contenedor para a recollida de tapóns na escola. Mirade o ben que o están a facer…moitas gracias!
ÁRBORE AMBIENTAL



Algúns dos principais problemas ambientais que se presentan na actualidade son o aumento das emisións de dióxido de carbono, a destrución da capa de ozono, o abuso de pesticidas e outras substancias tóxicas, a destrución dos bosques, a erosión do chan, a escaseza de auga potable ou os residuos nucleares. É necesario que a humanidade traballe de forma conxunta para facer fronte a estes conflitos que formula o medio a nivel mundial. A protección ecolóxica necesita vontade e accións políticas, económicas e sociais. No labor de preservar o ámbito tamén xoga un papel moi importante a educación ambiental. A poboación mundial da importancia da súa participación para solucionar os problemas ambientais.

A finalidade desta é concienciar e sensibilizar a poboación mundial da importancia da súa participación para solucionar os problemas ambientais. Neste sentido, realízanse diferentes actividades como programas de voluntariado en espazos naturais, campañas para cambiar os hábitos de consumo, creación de asociacións ecoloxistas, de desenvolvemento, etc. Tamén se sinalan distintos días, ao longo do ano, relacionados co noso medio, durante os que se anima aos cidadáns a participar. Algunhas das datas celebradas en materia ambiental son o Día da Terra, o Día Mundial do Medio, da Diversidade Biolóxica, das Aves, das Brañas, etc. Hai días dedicados ás árbores, á auga, ás aves, á conservación do chan ou á capa de ozono. Durante estas xornadas celébranse exposicións, conferencias e diversas actividades nas que nenos e maiores poden participar. Deste xeito, estimúlaselles a colaborar no coidado da Terra.

Así, fixando un día a nivel mundial, cidadáns, gobernos e medios de comunicación podemos recordar a importancia de protexer os hábitats e recursos naturais que nos rodean. En definitiva, preservar o ámbito e a Terra.


Esta semana explicamos a proposta da árbore ambiental polas aulas, o por que e a súa necesidade. Cada aula encargarase de conmemorar un mes e os demáis visitaremos a nosa árbore para falar, expoñer, tomar conciencia e sobre todo sensibilizar na educación medioambiental. 

Empezaron os de 6º e  axudáronnos a tomar conciencia dos días que levamos celebrado dende setembro ata novembro.  Falamos do que significaba cada un, as nosas propostas,debatimos, observamos, expoñemos, analizamos, consensuamos... e agora os demáis cursos farán unha visita á nosa árbore para visualizar o bo traballo feito. Moitas grazas.

sábado, 2 de noviembre de 2013


O SAMAÍN- MAMASIÑA QUE MEDO!


Este mércores 30 de outubro celebramos o Samaín no cole, para o que a ocasión se presentaba chea de acontecementos empezamos polos talleres de maquillaxe e cos obradoiros de fantasmas. Os nenos e nenas de 5º e 6º foron  uns guías excepcionais xa que en todo momento axudaron e estiveron pendentos dos demáis cursos do centro.  Cantamos a canción todos xuntos de Los esqueletos e despois  un film de Cortos Disney do Hallowen  na bilbioteca e para o remate nos estaban agardando os riquísimos postres das familias, que como cada ano participan nesta festa.

Pola tarde a película de Hotel Transilvania encheunos de risas e bos ratos .

Gracias a todos e todas por facer  que os sorrisos e a maxía enchese todos os minutos deste Samaín.


O MAGOSTO
O 25 de outubro tivemos o magosto no cole...e como choveu tanto non puidemos asar as castañas como facemos sempre. Menos mal que botamos man do forno e puidemos comer unhas castañas ben sabrosas, porque as familias trouxeron xa picadiñas, e entre cancións de magosto e mans quentiñas pasamos un  día fantástico. Tampouco puidemos facer os xogos que tiñamos preparados, pero como tiñamos un Plan B, fixemos escobas de bruxas nos talleres. 



CHARLA SOBRE INCENDIOS- SEPRONA
O 29 de putubro chegaron a escola dos membros da garda civil do Seprona ( Servicio de Protección da Natureza),  e a través deles achegámonos á problemática do lume, que estivemos traballando como proxecto no cole os de infantil e primeiro ciclo.     Tamén nos acompañaron os de sexto na charla. En primeiro lugar aprendemos que era o SEPRONA e moitas cousas que non sabíamos, e sobre todo moi bos consellos para previlos e como actuar no caso de detectar algún, ou para no caso de ter que prender lume controlado nas queimas se faga atendendo sempre a unas normas ademáis das autorizacións pertinentes. Concienciarnos da problemática do lume sobre todo na zona na que estamos de Tomiño, que este ano foi unha das máis castigadas. Importante que dende a escola se traballe esta problemática. O teléfono de emerxencia 112 sempre para comunicar calquera urxencia.




Charla do compost

Cando Jose e María José viñeron á escola a falarnos do compost a todos os de primaria, levamos unha gran alegría porque dende que o ano pasado chegara polo mes de xuño a finais de curso non tiveramos a oportunidade de facer a súa inauguración en condicións. Ademáis de visitar a zona, analizar o que se podía botar na composteira, a posta en marcha da mesma, ainda que xa empezaramos a utilizala, as condicións para que se faga un bo compost,  a utilización do mesmo e como aplícalo na horta e no invernadoiro, a mellor localización para el… fixemos un repaso tamén pola reciclaxe, a reutilización, a redución, …as plantas de compostaxe, Cerdeira, a queima de residuos, as dioxinas, os contenedores, pautas para a reciclaxe e redución de residuos,…lembramos e aprendemos cousas novas. Despois nos agasallaron a cada un/ unha con un acivro e unha bolsiña de compost, para que cando chegaramos a casa, tamén llelo comunicaramos ás familias.  Que ben estivo! Que ben o podemos facer! Que sinxelo resulta axudar a non xenerar liso! Que útil son os restos de comida para a nosa horta !  Ahora cada semana Jose vai vir a ver como vai indo todo e se a composteira se está utilizando. Cando haxa residuos orgánicos das merendas irán a composteira e mesmo os días que nos toque froita no comedor, aproveitaremos para tirar os restos na composteira. Moitísimas gracias aos dous!

O MILLO
O 18 de outubro  Tania e Carmen, dúas nais do cole, achegáronse á escola para traballar con nós o millo. Con motivo do Ano Internacional da Agricultura Familiar, queremos dende a escola , recoller do noso entorno un dos productos claves na agricultura familiar. Descubrimos a súa orixe, o nome das partes da planta, a plantación do millo,  o muiño, a fariña, as cores do millo, os distintos grans de millo,  as raiñas do millo, a esfollada,  os productos elaborados, o pan de millo, as palomitas, as papas de millo…e fixemos talleres de cociña para probar a exquisitez deste producto. Probamos o pan de millo quentiño ( os nomes codia e miolo), tarta de millo, millo con leite, papas de millo, millo salado, Ademáis Tania, que naceu en Brasil, achegounos os nomes que se lle daban alí a estes productos e mesmo cociñamos  as palomitas con unha cantiga propia do seu país…sairon xenial e estaban todos riquísimos. Despois fixemos talleres de xoguetes co millo. Antiguamente non había bonecas para mercar e se facían co millo. Tania ensinounos a facelas e Carmen ensinounos a facer escolas coas follas do millo e as canas. Disfrutamos moitísimo e aprendemos moitísimas cousas. Despois todos xuntos a canción de pan de millo e pola tarde miramos infantil e 1º ciclo a película da “A galiña Marcelina”.


EXPOSICIÓN ANTONIO FERNÁNDEZ

O 8 de outubro estivemos en Goián na exposición do pintor Antonio Fernández. Á nosa chegada estaban esperándonos no cole de Goián e as mestras e os nenos explicáronnos a súa vida. Paseamos ata a antiga escola e descubrimos onde viviu. Polo camiño descubrimos cantos carteis atopábamos da exposición. Cando chegamos á exposición observamos seguindo as normas os cadros do pintor e aprendemos moitas cousiñas sobre a súa obra. Fixemos xogos de puzzles cos cadros e despois emprendemos o regreso disfrutando das ovellas, da paisaxe, das cores que máxicamente Antonio deixou nos seus cadros e en nós...