LETRAS GALEGAS 2013

jueves, 7 de enero de 2016


NADAL 2015

No Ceip de Barrantes   quixemos representar e musicar a canción de "La luz que nace en ti"  de La Oreja de Van Goh, en castelán como é a versión orixinal e de seguido  na nosa fermosa lingua. O vídeo recolle parte dos ensaios, a posta en escena, e algúns momentos espontáneos que incorporamos ao vídeo.
Gracias pola vosa participación e ilusión!



lunes, 16 de noviembre de 2015


CARREIRA SAN MARTIÑO EN BARRANTES E MAGOSTO

Este martes celebramos no cole o tradicional magosto e este ano acompañado da Carreira de San Martiño. Pasámolo moi ben e divertímonos moito.Entre as actividades programadas para estes días :

Fixemos o decorado de bricks para reutilizar para poñer as castañas asadas e posteriormente plantar en Voz Natura sementes de castañas e landras.

Exposición de outono con carta as familias para colaboración, ramos, bouquets, etc. Que xa empezara na semana das cabazas
Carreira de San Martiño- Antes do recreo, fixemola baseandonos xa na tradición galega de facer a Carreira do san Martiño, unha mostra da mesma na escola na que cada clase diseñou o seu dorsal e fixemos circuitos por categorías de idades. O premio a castaña dourada para todas as clases participantes.
Xogos de castañas 

ÁS 13:00- MAGOSTO COAS FAMILIAS




domingo, 8 de noviembre de 2015


PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO

O venres os de infantil estivemos preparándo a nosa pancarta e os dorsais para a carreira de San Martiño que imos facer o martes 10 de novembro porque este venres choveu e choveu e tamén estivemos ensaiando o Rap do magosto para bailar coas castañas ben quentiñas.
Vaya equipiño de infantil que temos! 

O SAMAÍN

No cole celebramos o samaín. Os de infantil asistiron a representación teatral do conto de Tanneke a bruxiña que se quería convertir en princesa. Fixemos obradoiros de Samaín no ciclo e tamén compartimos o taller de Tania que ensinounos a facer chupachus das bruxas con castañas e mesmo un turrón de castaña con chocolate que estaba esquisito. Fixemos karaoke samaín e aproveitamos para achegar os contos e as cancións do samaín así como a nosa tradición aos máis peques do cole. Pasárono de medo. Os contos dos monstros, e bruxas e as nosas tradicións e o monstro das cores chegaron a infantil e invadironno todo así como o intercambio de aulas que fixemos os profes nos contacontos.

lunes, 26 de octubre de 2015

24 de outubro- Día das Bibliotecas Escolares


"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares . A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO,  e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado.
Así, a biblioteca escolar pode ser a base desde a que explorar o mundo real, pero tamén os mundos imaxinarios; os materiais impresos e os recursos electrónicos achégannos informacións sobre todo aquelo que queremos coñecer e comprender; é un espazo para a investigación individual e para o traballo en equipo; é un espazo integrador cheo de oportunidades de aprendizaxe.


O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións"chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo;    a descubrir novos mundos, o nosos mundo, a nosa xente, o noso entorno,   e inventar e descubrir novas cousas, novos proxectos, e compartir o aprendido, o investigado, o que non se sabe, o que se quere saber, ...
E Paulino convidounos a este espacio máxico que é a nosa biblioteca e con ela as cariñas dos nosos peques enchéronse desa luz que so a ilusión é capaz de iluminar. Os nenos/as de 5º axudáronnos moitísimo no descubremento das distintas zonas da biblioteca, do seu uso, das súas normas, do respecto, do valor, da ledicia de compartir os contos, os libros, a maxia que nela se esconde.

sábado, 16 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015
A semana das Letras Galegas chegou e con ela a ilusión por crear, aprender, compartir. Con Filgueira Valverde propusémonos descubrir a nosa capacidade de crear e transformar. Así escollemos unha música moi coñecida e quisemos darlle a nosa interpretación en galego...Darlle luz ao galego a través da música, a composición, creación e disfrute colectivo do noso. Ademáis fixemos palabras que van á casa dende a escola en colares Luzindo ó galego, e os xogos populares. A figura de Filgueira Valverde e a súa vida ocupou esta Semana seguindo a súa traxectoria, vida e obras. 

domingo, 3 de mayo de 2015

O pasado mércores 29 de abril Susa Herrera chegou a Barrantes e nós con toda a ilusión que puidemos amosar disfrutamos dos seus contos a través de cantos e con distintos animais e de distintos tipos de música. Os peques de infantil agasallaron con Susanitos ( collages e debuxo de animais  para Susa).
Moitas grazas Susa por ser quen de promover a ilusión e compartila con todos nós. 

lunes, 27 de abril de 2015

23 de abril Día do Libro

Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor 

Con motivo do Día do libro no noso colexio traballamos os contos clásicos por aulas " Dalle luz aos contos clásicos" dentro do proyecto de biblioteca " O camiño da luz"  e coa participación das familias  que elaboraron a representación do conto en volumen. Os resultados foron espectaculares. Gracias familias por disfrutar con nós do placer dos contos e da creatividade que nos aporta, E  gracias aos nosos peques e profes por facelo posible unha vez máis.
No cole a representación espacial dos contos clásicos foi a través da recreación e composición dunha obra de arte na que as partes que a compuseron foron ilustracións dos contos. Cada aula ía engadindo a súa...gardando o equilibrio...dende infantil ata 6º .
Eleximos  esta representación para elaborar cooperativamente unha obra que sostivera os contos de sempre e dando continuidade a Cooperarte.  
Despois representamos os contos traballados e disfrutamos moitísimo con estes peques fantásticos que engrandecen o seu ben facer.


Enlace ás obras das familias. parabens pola cosa participación, entusiasmo e por compartir con nós esta celebración ches de contado, de emoción,...de ilusión.

REPRESENTACIÓN DOS CONTOS DAS FAMILIAS

sábado, 18 de abril de 2015

CHARLA SOBRE ANIMAIS DO ENTORNO

Manel( axente forestal) e Begoña ( veterinaria) estiveron no cole para amosarnos animais do noso entorno, algúns presentes e outros debido a acción do home xa non os atopamos.
Descubrimos moitas aves e aspectos da súa morfoloxía e costumes. Pero Manel tamén ensinounos como fai el a captura de fotos. Ás veces pasa moitas horas para conseguir un animal específico e emprega  un hide para ocultarse e outras redes de camuflaxe.
Aprendimos moitas cousas. Gracias Manel e Begoña.

lunes, 6 de abril de 2015


SAÍDA AOS BOMBEIROS DE PORRIÑO

O  pasado 17 de marzo os de infantil estivemos visitando aos bombeiros de Porriño. Aprendemos moitísimas cousas, o teléfono de emerxencia 112, precaucións ante o lume, en que consiste o seu traballo, a vestimenta, o camión e as ferramentas que levan, as partes do parque de bombeiros, ...e sobre disfrutamos moito coa saída.  Estivemos investigando ao longo destes días aos bombeiros e hoxe foi un día especial...os bombeiros sempre nos axudan! Gracias a todo o equipo de bombeiros de Porriño pola súa amabilidade e o seu bo facer con todos nós. 

viernes, 20 de marzo de 2015

VOZ NATURA. OS DE 3 ANOS PLANTAMOS NO INVERNADOIRO.

En colaboración co concello de Tomiño, na escola de Barrantes todos os cursos de primaria e infantil estamos a descubrir as posibilidades económicas da terra do noso entorno. Así ao longo de este ano investigamos os puntos fortes no que a cultivos se refire. Os de 5º e 6º participamos no taller dos viñedos xa que o ano anterior traballáramolo moi de cerca participando mas distintas actividades con Adegas Valmiñor. Os de 2º, 3º e 4º participaron no taller de cultivos de plantas ornamentáis empregando o cultivo hidropónico de tulipán e comparándoo co tradicional. Observamos que o crecimiento e máis rápido no hidropónico e que a pérdida de agua é moito menor. Tamén que a altura da planta é maior.
É os de 1º descubrimos outro punto forte de Tomiño que é o Kiwi, así descubrimos as clases de kiwi, as diferentes partes da planta, como distinguir o macho e a femia, de onde procede e por qué o seu nome, onde se cultiva en Tomiño, as exportacións do froito a outros lugares, o seu coidado,...
A través de estos talleres valoramos que Tomiño ten unha base económica moi forte nas plantacións de uva, kiwi, e na planta ornamental, e que descubrimos xeográficamente no percorrido polo concello nas distintas empresas dedicadas a elo.
Con todo ainda nos queda pendente agora a finais do mes de abril un taller de alimentación saudable cos máis peques do cole, os de 3, 4 e 5 anos, do que xa vos contaremos.

VOZ NATURA/ CONCELLO. 
O KIWI EN TOMIÑO. 1º

VOZ NATURA/ CONCELLO. 
OS VIÑEDOS EN TOMIÑO  5º E 6º

CHARLA DE RECICLAXE. SOGAMA. 
1º A 6º


SEMANA DA PRENSA


TEATRO DE SOMBRAS. SOPA VERDE

domingo, 22 de febrero de 2015


EU SON ROSALÍA...
Para celebrar este día tan especial fixemos unha lectura compartida de poemas e entrega de rosais con poemas de Rosalía. Despois todos xuntos cantamos " Adios ríos, adios fontes..." e " Negra sombra"
Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema "Eu son Rosalía" e convidounos aos centros escolares, que se quixeren sumar, a realizaren actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada  persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicárnolo gravando en video unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para...

Dentro das propostas que imos a levar a cabo no cole o vindeiro martes, está que se recolle.



ENLACES DE INTERESE




FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO



XA CHEGARON AS MOCHILAS VIAXEIRAS !