LETRAS GALEGAS 2013

sábado, 19 de noviembre de 2011

Santi contounos uns contiños

O martes 22 de novembro, Santi ( pai de Santi e Brais) estivo no cole contándonos uns contiños pequerrechiños; o primeiro era dunha folliña que non se enterara de que chegara o outono e non quería caer; o segundo era o conto dos tres porquiños, pero non sabiamos que o lobo convertiuse no primer lobo astronauta da historia, porque chegou á lúa cando queimou o cu, na pota de auga quente...cando voltou á Terra xa era vexetariano, porque na lúa so comía leituga, tomate, e moitas verduras. Santi, podes cantarnos tamén unha canción?...Claro!


Espero el tren de las cinco de la tarde,
un señor le dijo a otro señor,
que en el tren de las cinco de la tarde
hay un vagón cargado de....



Noelia e Mónica contáronnos uns contiños


Estas mamas de 3 anos viñeron a escola a contarnos uns contiños: os tres porquiños e pinocho.
Estivemos na biblioteca e o pasamos moi ben, e iso que non mantivemos todo o silencio que deberiamos e houbo que lembrar as normas unha vez máis. Gracias mamis por facernos pasar un rato tan agradable.

viernes, 11 de noviembre de 2011

XOGANDO CO MILLO
Hoxe estivemos os de infantil "xogando co millo"; lembramos que no Samaín fixeramos un taller de escobas feitas de paus de millo con follato, e lembramos tamén que o curso anterior fixeramos pan de millo despois de visitar o muiño de Barrantes. Comparamos o millo grande con un pequeniño e ...que se poderá facer co millo grande? que si, que si, que co millo grande podemos facer pan e co millo pequeno...palomitas. E poderiamos facer unha sesión de cine con palomitas? Siiiiiii!! Vale pois entonces quedamos o venres 18 de novembro, vale?  vale!.
Anda!, e o carozo, que facemos con el? que poderiamos facer? un por un os nenos /as de 3, 4 e 5 anos van dicindo cousiñas posibles de facer ou ser e así:
 unha nariz de pinocho, poden ser dous cornos, tamén pode ser un avión, uns paus para unha bateria, tamén poden ser letras o Y, o E, o T, o A...si, si pero tamén poden ser números...mira o 1!
Bueno pois que tal se levamos para casa un carozo e o convertimos en algo fantástico; podemos traelo o luns e imos facer unha exposición e un libro que se chamará " Carozos". Por certo o luns entre todos imos facer unha escultura de carozos, pero ímolos pintar primeiro...a ver que nos sae.







jueves, 3 de noviembre de 2011

1º DÍA DE SAMAÍN- 3 DE NOVEMBRO

A verdade é que o día estivo fantástico, primeiro porque a organización estivo xenial; é moi interesante e enriquecedor mesturar grupos de distintas idades para que compartan actividades comúns e desenvolvan competencias sociais, de axuda, colaboración e respecto.
Primeiro reunímosnos todos/as para facer a presentación do acto e a distribución dos grupos e  como se ían desenvolver os talleres. Como xa está sinalado no programa da entrada anterior do blog, un curso dos maiores acompañaba a un curso dos pequenos. Neste caso 3 anos foi con 1º, 4 anos con 4º, e 5 anos con 3º.
Moitas grazas aos nenos e nenas de 5º e 6º ( os/as adiviñadores/as e maquilladoras/es) que o fixeron xenial, e fixeronnos pasar un rato moi agradable
( aos nenos/as e as mestras). Bueno aos de 3 anos costoulle un poquiño e non todos quixeron que lle pintaran a cara,...pois vale, non a pintamos, que non pasa nada! Eso si podemos cantar a canción dos esqueletos e mesmo a profe Mercedes de 5º cantounos unha historia canción dun dragón que nos encantou...a todos/as.

Así fomos rotando por talleres de maquillaxe de medo, polas/os adiviñadoras que nos dicían o que pensabamos, nos botaron as cartas, leron na bola máxica, e mesmo tiñan un ollo que todo o sabía... eso sí , que escuro estaba todo! 

Cando saimos das adiviñadoras e fumos ao recuncho do mago Merlin, o medo apoderouse dalgúns de 3 anos, e menos mal que pouco a pouquiño cambiamos a cara de medo pola de sorriso, porque o mago era bo, ainda que estaba todo moi escuro, contounos un conto moi bonito e o pasamos moi ben. Os de 4 e 5 anos xa son maiores e moi valentes, así que non tiveron nin un pouquichiño de medo. Pero, será que nos acompañaban os maiores e imos tos/as máis seguros e tranquilos?...pois será...

Despois fixemos unhas escobas de paus de millo. Gracias a Tania por compartir con nós este taller tan fantástico e deixarnos voar nas máxicas escobas de bruxas e bruxos do samain.

E pola tarde sesión de cine; os de primaria miraron unha peli para maiores, e os de infantil unha adaptada para nós, de moi cortiña duración. Reímonos moitísimo e nada, nadia de ...meeedooo! As pelis: "Os fantasmas de Mickey" " Donald e o Hallowen".
Mañá temos máis cousiñas ricas, ricas, ricas...porque chegan os postres do Samaín que traen as familias, e as 11 e cuarto imos facer unha merenda todos e todas xuntos/as e compartir este tempo coas nosas familias. Gracias por compartir con nós estas festas...que pasedes un Samaín de medo!














Estamos de Samaín
Esta semana temos pensado celebrar o Samaín no cole; é por iso que imos facer moitas cousiñas para pasalo ...de medo!. Ahí vai o programa:



TALLERES DO XOVES
MAÑÁ:
  1. TALLERES: Piso superior
      Taller de máscaras: Aula de Celsa e na antesala, zona bancos, poñeranse libros de lectura
      Mago Merlín: Interior biblioteca
      Adiviñadoras: Aula de 6º
      Manualidades: Zona central

  1. DISTRIBUCIÓN DOS GRUPOS:
      Clase de 3 anos con 1º primaria= 19   GRUPO 1
      Clase de 4 anos con 4º primaria= 23  GRUPO 2
      Clase de 5 anos con 3º primaria= 24  GRUPO 3
      Clase de 2º con 5º primaria= 23         GRUPO 4

    3.HORARIO

      De 10:15 a 10:45
      De 10:45 a 11:15
      11:15 a 11:20 clase para coller merenda e baixar ó tocar timbre
      A hora de ler non se fai
      11:50 a 12:20
      12:20 a 12:50 e irán para clase esperando a que toque o timbre

4.ORGANIZACIÓN PARA IR ÓS TALLERES:
GRUPO 1: empeza en MÁSCARAS, MERLIN, recreo ADIVIÑADORAS, MANUALIDADES
GRUPO 2: empeza en  MERLIN, ADIVIÑADORAS,recreo  MANUALIDADES,MÁSCARAS
GRUPO 3: empezaen ADIVIÑADORAS, MANUALIDADES, recreo, MÁSCARAS, MERLIN
GRUPO 4: empeza en MANUALIDADES, MÁSCARAS, recreo, MERLIN, ADIVIÑADORAS

TARDE:
VISIONADO DE PELI,clase normal ata  ás 3h todo primaria na zona central do piso superior.

Infantil:Aula informática,biblioteca... As pelis que imos ver están colgadas no blog do recuncho dos barrantiños.

VENRES:

MAÑÁ:
      Clase normal ata ás 10:25h, logo cada titoría estaría en clase ata as 11:15 que avisaríamos para tomar os postress profes sen alumnos/as axudarán a colocar os postres e as cabazas ata esa hora.
      De 11:15 a 11:40 tomamos todos os postres xuntos e  esperamos que todos estemos no piso superior.
      De 11:40 a 12:10 RECREO aproximadamente
      De 12:10 a 13 clase normal 
TARDE:Rematamos peli,lectura contos do certame