LETRAS GALEGAS 2013

MEDIOAMBIENTE

OS DE 5 ANOS FIXEMOS PAPEL RECICLADO
Cando a reciclaxe entrou na escola investigamos e aprendemos moitas cousas. Pero tamén quisemos aprender a facer papel reciclado, xa que estabamos reciclando moito papel. A proposta xurdiu dalgúns nenos/as da clase. Bueno, e qué podemos facer? Pois poderiamos coller o papel que temos e facer algo con el. 
Investigamos na internet de como se facía,  e despois fixemos acopio do material necesario: o papel, a tina, unhas bandexas, as rejillas, cola, cor e finalmente auga, e puxémonos man a obra.
Primeiro partimos en anacos moi pequenos o papel e o botamos na auga. Despois deixamos que ablandara e coas mans, sen empregar a batidora, removemos e tronzamos moito máis o papel. Tivémolo así dous días. Despois escurrimos un pouco a auga sobrante e mesturamos cunha pouca cola e cor rosa que foi o elexido maioritariamente. Sacamos a mesuxe e o estiramos nas rejillas sobre as bandexas para que durante uns días secara. Cando o tivemos seco decidimos entre todos facer un libro de papel reciclado e neso estamos actualmente. Xa o colgaremos no blog cando o teñamos rematado.
estas son as fotos do que fixemos.




O NOSO RECUNCHO VERDE


Este é o recuncho verde do cole no que levamos a cabo moitas actividades. Ahí investigamos o lixo, a reciclaxe, temos os contenedores azul, amarelo,o negro de reciclado de cartuchos de toner, contenedor de reutilización onde poñemos materiais que podemos volver a utilizar para moitas actividades, coñecemos os bosques e montañas de Galicia, as árbores, os contos dos bolechas que falan sobre a reciclaxe e outras revistas medioambientais... Descubrimos as especies que están en perigo de extinción e, en especial fixemos un recuncho para a pita do monte. Tamén temos as econovas nas que imos rexistrando as novas que atopemos nos xornais acerca do medioambiente. E moito máis...

















Y este é o noso recuncho verde da aula de infantil














XA CHEGARON AS PANDAS BOLBORETA A COIDAR DO PLANETA



HOLA FAMILIAS:
NO COLE ESTAMOS A INVESTIGAR QUE É ESTE SÍMBOLO E O QUE PODE SIGNIFICAR. A PROFE PEDIUME QUE  BUSQUEMOS NA CASA COUSAS QUE LEVEN ESTE SÍMBOLO E QUE SE É POSIBLE O TRAIA AO COLE PORQUE IMOS DESCUBRIR ONDE O ATOPAMOS. NA CLASE XA O ESTIVEMOS A BUSCAR E DESCUBRÍMOLO EN...

Comenzamos o ano co medio ambiente . A Panda bolboreta vai coidar do planeta. Achegámonos ao símbolo da reciclaxe, ao seu significado, ao significado tamén das tres R ( Reduce, Reutiliza, Recicla). As cores dos contenedores. Incorporamos á rutina da aula a reciclaxe dos envases de yoghurt, bricks, papel; fixemos os nosos “contis” amarelo, e azul e cada semana reciclamos nos contenedores do cole  OS ENVASES E O PAPEL. Cos envases facemos na clase moitas cousas,xogamos e creamos. Cos xornais decoramos algunhas pezas do disfraz de entroido ; este ano temos pensado ir de bruxas da reciclaxe ( ata as bruxas reducen, reutilizan e reciclan), aproveitando o proxecto de centro dos seres máxicos. Como levamos todo ano traballando diferentes bruxas na E.I, agora tócalle o turno as bruxas e bruxos da reciclaxe. Xa incluiremos as fotos; de momento dicir que 3, 4 e 5 anos iran cada grupo dunha cor dos contenedores e con papel de xornal.

Levamos dúas semanas co proxecto ambiental do centro e os de infantil formaron as pandas bolboreta. Levan rexistrando aula por aula e espazos comúns se a clase está en orden, se non hai papeis no chan, se están as luces apagadas,...intentamos crear hábitos de coidado e respecto polo entorno, partindo do máis próximo. Osa puntiños verdes, amarelos e vermellos son os aliados destes peques que non dubidan en chamar a atención se as cousas non están como deben.

O RECUNCHO VERDE NA AULA E NA ENTRADA DO COLE ESTÁ A FUNCIONAR DE XEITO MOI PARTICIPATIVO E A PARTIRES DEL ENFOCAMOS DISTINTAS ACTIVIDADES. QUEDA POUCO PARA A PUBLICACIÓN DAS FOTOS.

ÁNIMO QUE O ESTADES A FACER XENIAL! .


    RECURSOS


    REUTILIZAR

    imaxes de bosques galegos

    MINIATLAS XEOBOTÁNICO DE GALICIA

    UN PASEO POR EL BOSQUE

    ACTIVIDADES CNICE

    LOS ÁRBOLES- APRENDE MÁS CON PEDRO

    O BOSQUE

    EL GRAN PAPEL DEL BOSQUE

    COMO VIVIR SIN ACABAR CON EL PLANETA

    SOGAMA

    XOGOS RECICLAJE

    PASTOR DE ÁRBOLES

    VIDEOS


    Caillou en el bosque

    Doki descubre el bosque

    Un día en el bosque

    EL CANTAR DE LOS PÁJAROS

    SONIDOS DEL BOSQUE