LETRAS GALEGAS 2013

miércoles, 26 de diciembre de 2012

XA CHEGOU O NADAL A ESCOLA DE BARRANTES

E con ánimo de festa, chegou a Nadal,...entre brincos e panxoliñas; entre poesías e cantigas...imos todos dar un brinco ben grande para celebrar que por un ano máis os sorrisos nos acompañan de novo...Bo Nadal e ventureiro Aninovo 2013, que xa está chamando á porta. Pois adiante!....
PANDAS BOLBORETA
Esta semana tocoulle aos de infantil o turno de pandas bolboreta e como non ía ser doutro xeito, pasámolo en grande, xa que ainda que somos pequenos temos unha forza impresionante para reciclar papel, e ...xa temos outra árbore que non se vai talar. Entre todo o cole farémolo posible. Ánimo pandas que sodes fantásticos.

domingo, 16 de diciembre de 2012

XA SE ACHEGA O NADAL...
ENTRE BRINCOS DE PAULINO,
PARA ACHEGARSE Á ESTRELA 
QUE ATOPOU NO SEU  CAMIÑO.

E AQUÍ DEIXOUNA
EN BARRANTES POUSADIÑA,
AGOCHADA ENTRE OS SORRISOS,
EN APERTAS DE ALEGRÍA.


PAULINO ESTIVO EN ITALIA

Paulino estivo en Italia e dende a biblioteca nos suxeriron que investigaramos cousiñas de Italia; así que cada clase aportou un pouquiño e entre todos aprendemos moitas cousiñas sobre este país. Gracias Paulino por compartir con nós esta fermosa viaxe...a onde nos levarás despois?





domingo, 2 de diciembre de 2012

ESTATUTO DE AUTONOMÍA E DÍA DA CONSTITUCIÓN

Aquí deixo algúns contos para traballar a constitución e o estatuto de autonomía cos peques:

CAPERUCHIÑA ÍA Á ESCOLA? OS NENOS E AS NENAS TEÑEN DEREITO Á EDUCACIÓN.

AO SOLDADIÑO DE CHUMBO LLE FALTABA UNHA PERNA? DEREITO Á SANIDADE

HANSEL E GRETEL FORON ABANDONADOS? OS NENOS E AS NENAS TEÑEN DEREITO A UNHA FAMILIA

QUE CASA TIÑAN OS TRES PORQUIÑOS? TEMOS DEREITO A UNHA VIVENDA PARA VIVIR

 O PARRULO FEO ERA DIFERENTE? DEREITO Á IGUALDADE

OS REIS MAGOS SON DIFERENTES? Si pero querémolos por igual non si? DEREITO Á IGUALDADE ENTRE AS RAZAS E A TOLERANCIA