LETRAS GALEGAS 2013

domingo, 14 de diciembre de 2014




LUCES DE  



Vaise achegando... alumeando... enchendo de cores e luces a nosa escola.

Son as  luces do nadal  que prenden dentro de nós ...e clarexan o camiño...paseniño, paseniño. 



sábado, 6 de diciembre de 2014

10 de decembro Día dos Dereitos Humanos

Cada 10 de decembro celébrase o Día dos dereitos Humanos para lembrar que o respecto aos dereitos básicos e inalienables de todas e cada unha das persoas é o ideal común ao que aspiran todas as nacións e pobos do mundo.

O Día foi proclamado pola Asemblea Xeral en 1950, e a data elexida  coincide co aniversario da aprobación en 1948 da  Declaración Universal dos  Dereitos Humanos. Este documento histórico detalla nos seus 30 artículos os dereitos fundamentais civís, culturais, económicos, políticos e  sociais que nos unen como comunidade internacional baixo os mesmos ideales e valores.


DALLE LUZ AOS TEUS DEREITOS 

Dende a escola somos conscientes da importancia de dar luz a estes dereitos, sobre todo no estado actual de crise no que nos atopamos. 






OBRADOIRO PAN DE MILLO

Que rico obradoiro tivemos os de infantil xunto con Tania e Patricia as mamás que nos ensinaron como facer o pan o as arepas de millo. Aprendemos como se amasa o pan, os ingredentes, e tamén como se fan as boliñas para as arepas. Así merendamos arepas recheas de ensalada e pan de millo. Cantamos todos xuntos a canción e pasamos un rato moi bo. Gracias mamis por ensinarnos e poder disfrutar deste fermoso obradoiro.


URBASER nos fala da reciclaxe en infantil

O pasado mércores tivemos a Urbaser no cole, a empresa que xestiona a limpeza e recollida de residuos do concello de Tomiño. Os nenos e nenas de infantil estivemos moi atentos ás pautas de reciclaxe, aos distintos tipos de contenedores, ás cores, a formación de vermicompost... e despois os menos e nenas de infantil repartieron os contenedores por tódalas aulas do colé  azul e amarelo que mercamos coa aportación de Voz Natura. Así sustituimos as caixiñas que tiñamos e ágora todos temos os mesmos contis.





Os de 2º plantamos champiñóns

Os nenos e nenas de 2º estivemos plantando champiñóns seguindo moi ben as instruccións que figuraban no envase. Así medimos e calculamos a auga necesaria, outro lía as instrucións, outro mesturaba a terra coas esporas, outro pintaba e rexistraba o proceso e así de xeito cooperativo cada un coa súa función logramos plantalos e agora mesmo estamos esperando a que medren alí nese lugar apartado da luz directa e nun sitio que non sexa frío. O temos no noso recuncho de barrantiños. Despois estivemos recollendo os ultimos tomates, pimentos e acelgas do invernadoiro e limpando porque en breve imos preparalo para a nova plantación.