LETRAS GALEGAS 2013

jueves, 27 de noviembre de 2014


Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer25 de noviembre


Lazos, miradas, silencios...non máis violencia da forma que sexa, non máis medos, nos máis asasinatos...NON ...NON...NON
Unímonos á Dar a Cara para que esta lacra remate xa... Dende infantil ata primaria toda a semana lévamos traballando a través dos contos e en especial Artur e Cleméntina, a tématica que nos ocupa e preocupa como e a violencia contra a muller...
A radio do cole reflexa a través das nosas ondas a problemática social que vivimos da man dos nenos e nenas de 5º.
E as profes animámonos a representar a obra de teatro Artur e Clementina.

  • A VIOLENCIA DA MULLER É´UNHA VIOLACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS.
  • A VIOLENCIA DA MULLER É CONSECUENCIA DA DISCRIMINACIÓN QUE SOFRE, TANTO EN LEIS COMO NA PRÁCTICA, E A PERSISTENCIA DE DESIGUALDADES POR RAZÓN DE XÉNERO.
  • A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES PÓDESE EVITAR. A PREVENCIÓN É POSIBLE E ESENCIAL.
  • A VIOLENCIA CONTRA A MULLER SEGUE E SER UNHA PANDEMIA GLOBAL.

sábado, 8 de noviembre de 2014



Magosto         2014
Este venres celebramos na escola o magosto. As castañas asadas estaban moi ricas e quentiñas e compartimos coas familias un ratiño tranquilo de festa e xogo. O tempo fixo unha tregua e finalmente o sol deixounos un tempo de disfrute. Gracias a todos por compartir e disfrutar deste momento.

martes, 4 de noviembre de 2014

SAMAÍN
O pasado xoves 30 de outubro celebramos o Samaín. Os nenos e nenas de infantil e primaria participaron dos talleres que con moito entusiasmo e saber facer levaron a cabo os maiores de 5º e 6º de primaria. Así maquillaron , ensinaron  a facer monstros en infantil, fixeron colares de medo,... Despois as familias compartiron con nós riquisimos postres destas datas e a decoración encheu de maxia este día. O cine chegou tamén as aulas con Cazafantasmas para primaria e Dora en Hallowen para os de infantil.

A expoxición de cabazas, tan fermosa coma tódolos anos, adornou o pasillo do medo con moita arte.


VISITA A CASA DA CULTURA- OUTUBRO 2014

Este luns estivemos na Casa da Cultura en Tomiño para descubrir o xacemento romano de Currás, un dos mais importantes de Galicia.






OBRADOIRO DE CABAZAS

Coa chegada do Samaín e o outono a escola apareceu un día chea de cabazas. Que pasa aquí ? Profe saíron cabazas no patio!  Vaites, semella que Paulino andivo por aquí e fixo medrar as cabazas tamén como no conto das fabas máxicas.
E que vos parece se facemos un obradoiro de cabazas? siiiii.
 Os de infantil puxémonos mans á obra e ...como disfrutamos con este obradoiro! 
Tania cantos coitelos tes!...un fan ollos, outros vacían, outro para a boca!...
pero, a que non dan medo? Nooooo
Esta me gusta moito profe! Mira que distintas son as cabazas!




COAS MANS NA TERRA

Este ano iniciamos un novo curso enchido de terra, de ben facer, de moita ecoloxía e de reflexionar sobre as boas prácticas ecolóxicas da horta e no invernadorio. A agricultura ecolóxica vai entrar de cheo en Barrantes; sempre estivo presente pero este ano queremos tomar se cabe máis conciencia da mesma.
Esta semana se presentará o programa de actividades ao longo dos trimestres aos peques de primaria e de infantil. Tamén comenzan a funcionar de novo as pandas bolboreta e os detectives verdes.

E así como quen non quere a cousa hai como 15 días plantamos na horta unha planta ( semella unha patata no sabor) que se chama CHU_CHU ou CHAYOTE e medra como unha enredadera. Chegou a escola da man dunha familia de tres anos e comenzamos a investigar sobre ela. Despois do comedor xemos a súa plantación e mesmo a comemos e probamos porque Tania a trouxo cocida. 
Que rica! Sabe a patata!