LETRAS GALEGAS 2013

DIARIO DA NOSA HORTIÑA BARRANTIÑA



Poesía para a nosa hortiña


De semente en semente,
De sachiño en sachiño,
Foi chegando marzolo,
pouquiño a pouquiño.

Entre sorrisos e rastrillos,
entre compost e cilandro,
de tomates e leitugas
a hortiña estamos sementando.

O 23 de marzo chegou, e con el as ganas de comenzar esa ilusión que viñamos arrastrando dende hai ben tempo. Decidimos empezar polo principio: as ferramentas básicas! despois había que cavar algo a terra e por suposto arrincar as herbas malas. Que digo! Non hai herbas malas dixéronme, que todo é bo. Claro que si, que si...Os arrincadores foron os de 5º de Primaria, que tiñan ben ganas, e o fixeron estupendamente. As profes e as mamás aí, dándolle duro, durísimo!... Preparáronse as composteiras e explicouse o seu funcionamento.


O seguinte día Tania presentouse no cole con compost e lombrigas, ademáis dunha planta moi famosa en Tomiño. O CILANDRO. Así que non había nada que esperar; os de infantil puxemos os mandilóns, guantes, collemos as ferramentas e...a traballar! Eso si aprendimos que o cilandro é unha planta aromática que se lle bota ao peixe e experimentamos coa textura e olor. 
Na hortiña fixemos o replanteo da mesma: aquí un pasillo ( e fixemos un tren para facelo, que mellor! e por aquí será onde plantemos os tomates. a leituga, as cenorias, e os rabanitos.

Que leva o compost ?( follas, paus, restos orgánicos, ...e miñocas que son as que se encargaran de descompoñer todo o que nelas botamos. pero NON botamos pedras, nin plásticos. Para aprender como se facía clasificamos o que se podía botar nun cubo e o que non se pode botar noutro. A experiencia resultou fantástica. despois o botamos na composteira.

Xa temos moitas sementes; a maioría son ecolóxicas sen pesticidas. Trouxemos moitas fresas para prantar y pouco a pouco iremos contando.
O martes 29 de marzo, aínda que o día amenazaba choiva saímos prantar uns semilleiros de tomates e de rabanitos, de paso miramos como estaban as fresas, que esperaremos a que faga mellor tempo para pasalas á terra. Tamén observamos as diferencias entre o cilandro, o pirixel e o apio no olor, nos usos culinarios e tamén no tipo de folla e planta..
A ver, formamos 2 equipos. Rabanitos e tomates. Eu quero nos dous profe. Non escolle un só. Así despois nos contades como son as sementes, como fixestes a plantación, que ferramentas empregastes,...mentres os demáis observan. o outro equipo fará o mesmo e intercambiamos experiencias, porque todos non podemos estar no mesmo sitio.
VALE!
A semente dos tomates e moi pequena e suave! Pois a dos rabanitos parecen lentellas! Pois nós tivemos que poñerlle un plástico por riba aos tomates para que non morran! Pois nós non, quedaron no chan!
Cando prantamos as fresas? Teremos que esperar a semana que vén!
1 de abril- Si, si está moi ben que fagades semilleros, pero poderiamos plantar a leituga un pouquiño máis crecida non? Pois claro, tamén se transplanta dos semilleros a horta cando medra. Preparamos a terra, fixemos un buratiño e alí puxemos a plantiña de leituga.  Profe e agora xa empezan a crecer?- Pois iremos observando día a día o que ocorre. Profe, profe!- os rabanitos xa teñen dúas follas. A ver, a ver!- esos non son aínda os rabanitos. Temos que seguir esperando , aínda van 5 días dende que os plantamos.
Mirade Tania trouxo unhas xudías nas vainas. Podemos ver o que hai dentro, pero hai que debullalas. Son xudías! Eu teño moitas!, Eu tamén!, Parecen orelliñas pequenas! Profe, e as podemos levar para clase? Eu quero ver como crecen alí! Podemos poñelas no recuncho das árbores; tamén son plantas! Bueno que vos parece?' Siiiiiiiiiiiiiii
Dacordo, podemos plantalas nuns tiestos e observar o seu crecemento na aula. Despois xa pensaremos e decidiremos o que faremos con elas. Facemos un buratiño, metemos as xudías e tapamos outra vez con terra. Á clase, pero antes que temos que facer ?' - Recolleeeeeeeerrrrr!



O martes 12 de abril presentouse un día maravilloso. Levamos moi bo tempo este mes, de feito con moitísima calor, polo que a rega faise moi necesaria para que non seque o prantado.  Pero este martes, os de 5 anos decidimos saltarnos a asamblea e ir prantar as fresas aproveitando que Tania viñera traer a Martín.  Profe...están crecendo os rabanitos e as leitugas!!! E os pementos e os tomates tamén.
Imos plantar as fresas nun plástico enrolado. A ver, quen anda ben de matemáticas?...eu! eu! eu!...pois entonces temos que contar cantas fresas hai para prantar. A ver, a ver... 1,2,3,4...23. ¿Seguros? -Si profe mira,...1,2,3...23  Estamos todos de acordo? Siiiii!.
Bueno entón, cantos buratos teremos que facer'... Ai profe, un para cada fresa!!!!  23 buratos!!!
Mira profe- dixo Noé- aquela árbore de alí está seca. É un piñeiro! e mira este carballo. E mirastes os que teñen o tronco de cor blanca...lembrades cal é?....Siiiii! é o abedul. Lembrade que en galego chámase bidueiro. Dixo Diego: Profe, así cantos máis árbores mellor porque tomamos máis osíxeno. Fran contesta- pois a miña abuela di que non podo tomar osíxeno, que coma o que hai na casa!. Comenzamos todos a rir, e eu volvínme invisible.
A ver imos coas fresas...cantos buratos?...Outra vez? ...23 buratos. Necesitamos un pau pequeniño para aplastar ben a terra. Pensade que ó mellor morre algunha planta...pode pasar!. Claro, porque son seres vivos, nacen, crecen e morren. Pero as pedras non! Nin viven nin morren...son pedras!
Unha por unha plantamos as 23 fresas, que como empeza por vinte escríbese un dous e un tres despois...Perfecto!
Mirade aquí cantas plantas hai de pirixel xuntas. Imos separalas . Vedes esta raíz que é máis grande cas demáis. esta é a raíz principal, que é a que fai que a planta medre moito e vai para o fondo da terra. As demáis se chaman raices secundarias...parecen pelos! Mirastes que as raices das fresas son distintas as do pirixel... claro a da fresa é máis gordiña!- dixo Elena
Bueno e agora que están plantadas,..que?...Pois regámolas?-dixo Iria.  Claro que si, as plantas necesitan...terra, sol, auga... E despois botámonos todos a correr baixo este sol espléndido dunha mañá de abril, e no corazón un trasniño pintou un sorriso de vida...


Os nenos e nenas de infantil decidimos poñer os carteis das cousiñas que temos plantadas na nosa horta barrantiña. Primeiro os de cinco as fixeron no ordenador e despois os de 4 e 3 anos as recortamos e pegamos. Cando puxemos os carteis na horta primeiro tiñamos que ler nos distintos idiomas como se dician. Y así foi como nos quedou; agora está todo moito máis claro...