LETRAS GALEGAS 2013

ÁLVARO CUNQUEIRO

CANTIGAS
Cantiga: Quen puidera namorala!

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!

CUNQUEIRO, Álvaro, Cantiga nova que se chama Riveira, en Obra en galego completa, Vigo, Ed. Galaxia, 1980


Polos teus ollos quen pasóu, amiga,
deixóu unha ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.

Deixóu de amore perdida unha ollada
polos teus ollos quen pasóu, amada.
Nos ollos teus.

Cinza levás nos ollos, amiga,
daquela ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.

Borrallo nos ollos levás, amada,
que non miraches a quen te ollaba.
Nos ollos teus.

Cunqueiro, Álvaro (1980) Cantiga nova que se chama riveira in Obra en Galego Completa I(Vigo: Ed. Galaxia)

Estes son algúns enlaces interesantes que nos aportan información acerca de Álvaro Cunqueiro:


Imprescindibles - El incierto señor Cunqueiro - RTVE.es

Álvaro Cunqueiro » CRTVG

http://www.editorialgalaxia.es/100anosCunqueiro/arqs/100AnosCunqueiro_Amigosquenuncaesquecen.pdf

http://www.editorialgalaxia.es/descargas/biografia.pdf

Web Educativa del Ayuntamiento de A Coruña




No hay comentarios:

Publicar un comentario