LETRAS GALEGAS 2013

lunes, 7 de marzo de 2011

8 de marzo- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

No libro País dos Mandóns hai unhas persoas que mandan sobre os demáis e non permiten que as mulleres ( nenas, as mamás ou as avoas), se divirtan ou saian fóra da casa. Estas normas tan inxustas levan a crear un  novo país : o da Igualdade.


As  autoras do libro son Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Un conto para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres. Este libro pertence á colección A IGUALDADE CONTA, editada en galego pola editorial Embora e están dirixidos a nenas e nenos de entre 3 e 6 anos.
(ver 
presentación elaborada polo Ceip Andrade)

O PAÍS DOS MANDÓNS


AQUÍ VAI UNS ENLACES PARA TRABALLAR A IGUALDADE E OUTROS VALORES


A igualdade


ANDALUNAYSAMIR


LECTURAS PARA A IGUALDADE

El trajín de la bruja Rita 


8 DE MARZO
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Despois de ler a poesía “ El trajín de Rita” , comentalapescudar en que querían traballar as nenas cando fosen maiores e comparala co querían ser os nenos, chegamos a conclusión de que queriamos traballar en cousas moi parecidas e que tdos e todas podiamos facelo por igual.É importante que compartamos as tarefas dentro do fogar e que todos colaboremos.
Despois ocorreúsenos pintar a mamá traballando. Ollo que mamá traballa dentro e fóra da casa! Y esto foi o que saiu

XA CHEGOU O ENTROIDO 2011

Que atarefados andamos este ano co entroido ! Claro con tanto ser máxico polo cole non hai quen poda. Ademáis o meco ou meca que este ano é unha serea mandounos unhas cousas!... hoxe temos que vir en pixamas. Iso si...que ben cheira o cole esta semana! As familias están a ensinarnos como facer filloas, e a verdade están boísimas. Moitas gracias mamás e avóas!



Os de infantil imos disfrazarnos de bruxiñas e bruxiños de reciclaxe, e para que non haxa dúbidas, queremos empregar as escobas para algo máis que voar, imos todos a intentar limpar un pouquiño máis este planeta, e estes bosques que precisan da nosa axuda.



Aí van tamén algúns recursos que poden servir de axuda.

ACTIVIDADES LIM DO ENTROIDO

O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO

CUADERNO INTERCULTURAL

GALICIA ESPALLADA

MÁSCARAS CON PRATOS DE PAPEL

MÁSCARAS PARA COLOREAR

LA FÁBRICA DE CARAS

RECURSOS DE ENTROIDO DA ESCOLA UNITRARIA DE VIDE

RECEITAS DE ENTROIDO