LETRAS GALEGAS 2013

sábado, 8 de junio de 2013

TURONIA 2013

O 6 e o 7 de xuño esivemos de Turonia. Comenzamos no Chan do Cereixo, onde descubrimos que alí na fonte Salgueira nace o río Cereixo. Tamén descubrimos un xacemento neolítico, que Manolo Ledo explicounos facendo ademáis talleres prácticos.
Fixámonos nos nomes e na toponimia que a partires de aquí estarán presentes no noso percorrido. Temos que agradecer a Xose Lois Vilar, que anteriormente a facer este percorrido nos fixo chegar o seu saber sobre a toponimia deste lugar para poder transmitirllela aos nenos/as. Tamén acompañounos en parte do recorrido Angel o avó de Nico que nos fixo chegar o seu saber sobre a zona.
continuamos cara a Pinzás, a Igrexa, a Cruz do Meixón, e iniciando o traxecto o río de Covas, Alto das Curuxeiras, Regueira dos Carballos Cortados...Estivemos no escampado dos Porcos, no que tomamos conciencia da brutalidade e ignorancia sobre as accións humanas, na que a mámoa foi arrasada por unha excavadora...oxalá que non se repita e que podamos defender sempre  o noso patrimonio. 
Chegamos ao Burato dos Mouros, a regueira do estripeiral Grande onde puidemos falar e aprender sobre as explotacións mineiras do ouro. destacamos a importancia de ser explotacións ecolóxicas, e non ao emprego de contaminantes como o arsénico e cianuro que contaminan as nosas augas, a nosa terra e traerían moitas enfermidades ademáis da alteración brutal da paisaxe.
Continuamos cara a Vilachán do Monte e descubrimos  a cicuta e a dedalera, e as súas características e propiedades. Continuamos cara o alto da Castiñeira, onde atopamos un castro e aprendemos moitas cousas relacionadas con este tipo de construcións. Chegamos a Barrantes e despois de ducharnos, relaxarnos e cear tivemos sesión de Break Dance. A mañá continuamos o percorrido e detivemonos no Río Pego ao seu paso por Barrantes, buscando "indicium", tal como supoñemos que o farían os romanos, subindo do río principal polos afluentes. E descubrímolo,... A viaxe continuou cara a Estás para falar da auga, e alí sorprendeunos unha tormenta. Cambiamos de plans e comimos en Figueiró. Despois fomos visitar a exposición de pintura e escultura de Xuxo Malone en Goian e finalmente as piraguas dos Teixugos...Cantas cousas!!! Exploramos, descubrimos, patrimonio, ecoloxía, bioloxía, historia, toponimia, arte, educación física,...e moitisima convivencia e momentos inesquecibles. Gracias turónicos e turónicas por facelo posible un ano máis.