LETRAS GALEGAS 2013

jueves, 31 de enero de 2013


VAIA COCIÑEIROS!

Si se poñen, son quen de facer platos fermosísimos e riquísimos....que ben que puidesemos comer tódolos días así!

Tostadas de apertas con zume de bicos para todos/as.


OS DE INFANTIL  COMPARTIMOS UN TE DE SAHARA.


Os de 3,4 e 5 anos compartimos un té con pinchos de mortadela saharaui seguindo os rituais de recibimento de invitados, saúdo,lavado de mans, escoitando música saharaui. Aprendimos que a comida típica son os cus-cus e aprendimos a compartir con motivo da paz a través da experiencia de que uns poucos tiñan moito e moitos non tiñan nada. Chegaron a conclusión que había que compartir e así o fixemos.Pusemos todos os sentidos en xogo: o oido, a vista, o gusto, o olfato, o tacto... Tamén analizamos a problemática da auga no Sahara e o exceso que tiñamos nós.



A experiencia resultou moi gratificante para os peques e as profes. Que ben o pasamos!


As pombas de 4 anos trouxéronnos bicos e sorrisos

Os de 4 anos repartimos ás clases e profes pombas da paz, e nos agasallaron con moitos bicos e moitos sorrisos. Feliz Día da Paz.


miércoles, 23 de enero de 2013


NON POIDEMOS FACER A CARREIRA POLO SAHARA!  OOOOOOOOOOH!

ESTABA TODO MOI MOLLADO E CHOVÍA MOITO!...

PERO.BOAS NOVAS!....
QUEDA APRAZADA ATA FEBREIRO 

  DÍA DA PAZ

O vindeiro 30 de xaneiro celebraremos o Día da Paz os colexios de Tomiño ( Barrantes, Pedro Caselles, Sobrada, Tebra, e Goian) na fortaleza de Goian. Esperemos que faga bo día porque necesitamos o sol do Sahara para poder facer a carreira solidaria co pobo saharaui, na que os nenos e os adultos que queiran participen do bo facer desta causa. Por cada carreira que se faga os patrocinadores dos nenos e nenas ( as familias, os veciños, etc) aportarán os cartos para que entre todos podamos axudar a estas familias saharauis que tanto o necesitan. Así que animadevos tod@s e ...preparados, list@s ...XA!

A canción que imos cantar tod@s xunt@s será : IRMAUS de Fuxan os Ventos. 
Aquí podedes escoitala:




Aquí deixovos uns enlaces que nos deixou o noso trasno Paulino; o ano pasado estivo moi viaxeiro e contounos  que tamén estivo no Sahara, pero non lle gustou o que viu.

CONTO  RÍO DE LÁGRIMAS


Sahara, un exilio en el infierno from dburgui on Vimeo.


Lembramos a nosa canción da Paz  que compusemos o ano pasado no cole de Barrantes: