LETRAS GALEGAS 2013

lunes, 7 de marzo de 2011

XA CHEGOU O ENTROIDO 2011

Que atarefados andamos este ano co entroido ! Claro con tanto ser máxico polo cole non hai quen poda. Ademáis o meco ou meca que este ano é unha serea mandounos unhas cousas!... hoxe temos que vir en pixamas. Iso si...que ben cheira o cole esta semana! As familias están a ensinarnos como facer filloas, e a verdade están boísimas. Moitas gracias mamás e avóas!



Os de infantil imos disfrazarnos de bruxiñas e bruxiños de reciclaxe, e para que non haxa dúbidas, queremos empregar as escobas para algo máis que voar, imos todos a intentar limpar un pouquiño máis este planeta, e estes bosques que precisan da nosa axuda.



Aí van tamén algúns recursos que poden servir de axuda.

ACTIVIDADES LIM DO ENTROIDO

O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO

CUADERNO INTERCULTURAL

GALICIA ESPALLADA

MÁSCARAS CON PRATOS DE PAPEL

MÁSCARAS PARA COLOREAR

LA FÁBRICA DE CARAS

RECURSOS DE ENTROIDO DA ESCOLA UNITRARIA DE VIDE

RECEITAS DE ENTROIDO

1 comentario:

  1. Ola,creo que sodes unhas bruxas moi especiais,ánimo bruxiñas e bruxiños... Bego

    ResponderEliminar