LETRAS GALEGAS 2013

domingo, 3 de abril de 2011














ASÍ SON EU- HOXE SON O PROTAGONISTA!


Mamás e familias sodes estupendas! Aínda non estamos todas/os os de cinco anos pero xa queda pouco. Dende comenzo do curso estamos a traballlar a vida de cada neno. Nun libriño recolleremos moitas cousas da súa vida. Unha das actividades é que as familias veñan ao cole a contarnos e ensinarnos cousiñas de cada un/ unha e pasar un ratiño moi divertido. A cousa marcha, porque os nenos e nenas están encantados cando vén algunha familia á aula. O encargado/a recíbeo/a e se convida a sentar con normas de cortesía. Facemos as presentacións, aínda que nos coñecemos e empezamos... que ben que compartades con nós estos momentos. Nin imaxinades a ilusión que teñen cando saben que lles toca a súa familia vir a aula.Moitas gracias! Martín que mami regalounos unha visita á horta maravillosa e un paseo que queda pendente de facer entre todos/as. Patricia estivo con Noé e todos nós compartindo moitas cousas da súa familia. Gracias por achegarnos o teu sorriso aínda que non era o mellor momento da túa vida. Bicos de cores. Por certo pasárono estupendamente con Matilde e Adán ( irmán de Yara). Rímonos moitísimo e a pelexa de cojíns foi fantástica! E de Laura ( irmá de Diego) dicir que portouse estupendamente, e iso que recibiu moitísimos mimos porque non a deixábamos tranquila. Gracias Sonia por permitirnos disfrutar de tanta tenrura!Que lindos sorrisos!
Cando Bruno e máis Julia chegaron á aula, Elena estaba encantada. Mamá e os seus irmáns ían compartir con ela e con nós un momento especial. O mesmo sucedeulle a Iria que non sospeitaba que Alba ía baixar á clase cando chegaron papá e mamá ( Víctor e Aurora). Despois, ademáis de falar da familia, papi contounos un pouquiño a través dun video o seu traballo. foi fantástico. E para rematar un campeonato de coxeguiñas; estivo xenial!











No hay comentarios:

Publicar un comentario