O 22 de marzo, os nenos e nenas de infantil ( 3,4 e 5 anos) visitamos o centro comercial Alcampo Vigo2.
Para os de 3 anos era a súa primeira saída fóra do entorno escolar.
Cando chegamos, fixemos un percorrido con Inma ( do Rick e Rock) pola carnicería, pescadería e panadería.
Na carnicería aprendimos que había carnes distintas, que os envases eran moi importantes en función da cantidade que queriamos mercar e tamén que habia que mirar as datas de caducidade e o precio.
Tamén aprendemos que hais moitos mariscos distintos.
Despois estivemos na panadería. Bueno antes tivemos que vestirnos bata, gorro e chanclas para poder entrar e non contaminar.
Na panadería o pasamos moi ben porque alí explicáronnos como se facía unha tarta. Que rápido! E tamén as barriñas de pan. Os fornos son grandísimos e os panadeiros teñen guantes de ferro para non queimarse as mans.
Finalmente estivemos na recepción por donde entran e saen os camións que traen e levan mercancía.vimos os contenedores da reciclaxe, que xa traballaramos na clase.
Despois convidáronnos a unha merenda que estaba ríquisima e tivemos uns lindos agasallos ( Parchís, globos e imáns). Moitas gracias Alcampo vigo2!
Esa tarde fixemos uns dibuxos do que máis nos gustou da visita, e aínda que foron moitas, unha das que máis gustou foi a realización da tarta.
Como no cole estamos a traballar as 3 R, e somos as pandas Bolboreta que coidan do planeta, lembramos cousas que non dou tempo a ver e que xa traballaramos na aula: a caixa ecolóxica de cartón para as froitas e así non empregamos plástico, a bolsa feita de fécula de patata que tamén se pode empregar como fertilizantes.
Tamén lembramos que os productos se identifican con un código de barras que tamén está nos contos e nos libros e que é como o carné dos productos.
Temos que decir que non puidemos sacar fotos por mor do segredo profesional, só cando iamos acceder á panadería, no flunch, e no paseo polas tendas, que por certo chamounos moito a atención a tenda de animais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario