Esta mañá Tania troúxonos un agasallo moi especial. un patiño e unha oca que acaban de nacer e por riba teñen o mesmo tempo; curioso porque non teñen o mesmo tamaño, descubrimos que os dous teñen plumas, e teñen dentes? o pato non, a oca si. Tania falounos da diferencia de tamaño dos ovos e do que comían; observamos as patas, a forma do pico, a súa morfoloxía,...os nenos e nenas de infantil estaban moi ilusionados e despois de visitar tódalas clases decidimos sair a xogar con eles fóra no patio. Que ben o pasamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario