E chegou o outono. As bolboretas de 3 anos descubrimos que as follas cambiaron de cor no patio, e na aula tamén; trouxemos moitas cousiñas de outono e montamos o noso recunchiño na aula: as castañas, como pican os ourizos!...pero se os abrimos cos pés non!. A nosa clase cheira a outono, cheira a mazás, a follas de castiñeiro e carballo, o millo, ás mazás, ás cocas, ás landras, a cabazas...e as cores de outono que lindas son!... e bailan as follas...facemos un cuadro? e...unha ventá ao outono?...a ver, a ver que podemos facer!
Xa chegou o outono- 2011 - foto montaje
E o outono chegou tamén vestido de arte, cheo de cores, cheo de follas...e tamén de círculos: redondo, redondo, redondo, redondiño...rola, rola, rola un pouquiño...
No hay comentarios:
Publicar un comentario