LETRAS GALEGAS 2013

lunes, 24 de octubre de 2011

CONTOS DE OUTONO
O venres 21 de outubro, chegou a escola Cintia (a mamá de Malena) e non viña soa; traía dous contiños, para ler ao aire libre que cheira a outono; así que sentámonos e escoitamos moi atentamente, primeiro un contiño da tartaruga que comía moi apresa...e despois un conto clásico: "O lobo e as sete cabritas" . como nos gustou tanto o conto, decidimos dramatizalo, e vivir o contiño como se fósemos nós os protagonistas; decidímolo a sortes. Estes peques de infantil son fantásticos actores; os demáis fóron tamén uns espectadores marabillosos e así puidemos disfrutar moito co conto. Non puidemos grabar o final da historia por problemas técnicos, pero contarvos, que o lobo, cansouse, e iso de que lle meteran pedras na barriga non lle gustou nada e chorou un poquichiño; así que decidiu que outro lobo ocupase o seu lugar. Reimonos moito e pasamos un rato estupendo. Gracias Cintia por compartir con nós este momento.



1 comentario:

  1. Ola,son bego e quería decir que me encanta o blog e as súas actividades e propostas...pero sobre todo encantame a NATURALIDADE do BO TRABALLO feityo con moita moita ilusión,gracias profe María

    ResponderEliminar