LETRAS GALEGAS 2013

sábado, 31 de diciembre de 2011
















FELIZ 2012
 
FESTIVAL DE NADAL
E que ben o pasamos...este ano foi o primeiro festival de Nadal dos peques de 3 anos no cole, e hai que dicir que estiveron fantásticos, sin medo ningún e con moitas ganas de pasalo estupendamente. Os demáis cursos de infantil e primaria fixérono estupendamente, pero sobre todo pasámolo moi ben.


Escribe un desexo de Nadal que rime... e así verso a verso as familias e nenos e nenas compuxemos un mural de bos desexos, para que cada día ado ano novo nos iluminen e cheguen moi pretiño do noso corazón...que si, que si, que ademáis hai un sorteo de libros e material escolar...a ver, a ver a quen lle toca...
 CHEGOU O APALPADOR
E entre sorrisos de cobiza e ilusión achegouse silandeiro….Ola nenos e nenas! Xa chegou o apalpador!… xa, que non sabedes quen son?...Pois deixade que vos conte… ( e faloulles  das árbores, dos montes, do miramundo, da lenda, dos trasnos…). Pero o apalpador non viña só…acompañábano a súa muller e o seu bebé Teixo   Escoita o que pasou…
E, como cousa de frío require algo quentiño, o apalpador e máis todos os nenos, nenas, e profes do cole tomamos un chocolate solidario de Intermon Oxfam, e falamos de solidariedade, de compartir, de axudar, da xustiza…

Xa pasadas as horas o apalpador tiña fame e nós tamén…pois logo, a comer! Estivo con nós no comedor do cole e as cariñas de expectación dicíano todo…uau!!! Está o apalpador aquí!! E tamén está Teixo, o seu bebé.

No hay comentarios:

Publicar un comentario