Nas bruxas de Vozqueimado, na flauta de Bernardino,
no azul xardín do mar, atopamos agochadiño
un pensamento que lonxe voa,
aquí no corazón, moi pretiño.
E na cobiza de saber,
atopamos en Requeixo,
unha historia de guerra e amor,
aló no pazo de San Lourenzo.
Nas terras lonxanas de Chandexa de Queixa,
entre lobos, montañas e ríos,
as lembranzas xeaban a alma,
os desexos espantaban o frío.
e entre arumes de lareira,
o tempo escapou paseniño,
e alí namorouse sen presa,
a alí deixounos da súa vida, un fío.
Poesía feita por infantil de Barrantes.
E aquí están os arquivos de sonido da lectura de poesías e da historia de Valentin durante un tempo aló en Requeixo ( Chandrexa de Queixa) en Ourense, que fixemos para irradio lingua.
A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás, non se debera interpor na comprensión do seu destiño
Valentín Paz Andrade, O porvir da lingua
Valentín Paz Andrade é a figura homenaxeada co Día das Letras Galegas 2012. A Consellería de Cultura e Educación, en colaboración coa Real Academia Galega e co Consello da Cultura Galega, puxo en marcha o web oficial do autor co obxectivo de difundir entre a cidadanía a súa figura e o seu legado.
O web www.valentinpazandrade.es é unha fonte ampla de recursos que nos achegan á figura de Paz Andrade e nos permiten profundar na súa vida e obra a partir de materiais diversos como unha bibliografía completa, unha cronoloxía, fotografías, textos inéditos dixitalizados ou mesmo algún relato de retrato, como o realizado por Isaac Díaz Pardo.
A maiores, o web inclúe unha sección de actualidade e de axenda que ofrece información sobre as actividades que ao longo deste ano se van ir desenvolvendo en diferentes ámbitos arredor da figura de Paz Andrade. Por último, completa o web un espazo para as exposicións que se porán en marcha en 2012 sobre a figura do escritor.
O secretario xeral de Política Lingüística, no acto de presentación do web oficial que tivo lugar o pasado mes de febreiro, puxo de relevo o compromiso lingüístico que adoptou Valentín Paz Andrade coa lingua galega: “Fíxoo cando foi director do xornal Galicia, unha das primeiras tentativas serias de querer introducir a nosa lingua na prensa diaria, e demostrouno cultivando a lingua propia en ensaios e nunha obra poética que, precisamente este ano, se nos vai mostrar como unha revelación”.
RECURSOS
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Actividades para imprimir elaboradas polo Seminario Galán para Educación Infantil, 1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo de Primaria
ACTIVIDADES INFANTIL
ACTIVIDADES 1º CICLO
ACTIVIDADES 2º CICLO
ACTIVIDADES 3º CICLO
O Seminario Galán tamén elaborou actividades LIM para cada un dos ciclos de infantil e primaria.
ACTIVIDADES LIM PARA CICLOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario