E chegou a vendima…
Xusto esta
semana comenzou a chover…pois nada a esperar que escampe. Pero que ben lle viu
esta choiva ás uvas …Cando nos achegamos
a Carregal a vendimar xa estaban agardando por nós Tania e Fidel que con moito
agarimo e paciencia foronnos ensinando moitas cousas que para os nenos e
nenas, ainda que moitos teñen viñedos nas súas casas, eran novas. Fixemos a
vendima e transportamos. Despois o autobús acercounos ata a Adega de Valmiñor,
onde o espectáculo da vendima
volveuse xigante. Depósitos
xigantes onde estaba o viño, controis de temperatura, espazos para a recollida
e pesa da uva. Máquinas que separan o acio das uvas, a cinta transportadora,
o prensado…tamén miramos onde se fai o etiquetado. Cantas cousiñas aprendemos!.
Pero o mellor estaba por vir… puidemos disfrutar dunha degustación de mosto, que
estaba delicioso…e brindamos!…porque poidamos medrar aprendendo e disfrutando do
que temos ó redor…por contar con xente tan amable e disposta a ensinarnos…por disfrutar da boa compañía de hoxe…CHIN CHIN.
ENTREVISTA
Pablo de 6º fixo unha entrevista a Tania de Valmiñor. As preguntas foron do máis espontáneas...e aprendemos moitísimas cousas mentres disfrutabamos desta festa que é a vendima.
Gracias a todo o equipo de Adegas Valmiñor por acollernos tan agarimosamente. Gracias especialmente a Tania e Fidel porque ensináronnos moitas cousas e con moita paciencia nos acompañaron no percorrido. Gracias a Carlos por facelo posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario