LETRAS GALEGAS 2013

domingo, 15 de diciembre de 2013

11/12/13- CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR

Esta semana tivemos no cole aos gardas civís Miguel e Borja, que falaron aos de 4º, 5º e 6º dun tema moi interesante e preocupante no eido escolar. Tanto o  acoso escolar como o ciber acoso son formas de violencia que se dan entre iguais tanto dentro da escola ( acoso) como na rede  ( ciberacoso). Súfreno moitas nenas e nenos con repercusións moi negativas no seu benestar, desenvolvemento e no exercicio dos seus dereitos. Os gobernos, autoridades educativas, as mestras e mestres, familias, e os mesmos nenos podemos facer que esto non ocorra. Todos os nenos e nenas sin excepción, teñen dereito a ser protexidos de todas as formas de violencia e desenvolvemento do seu potencial de aprendizaxe nun ambente seguro.

.
Puidemos ver este video, que nos pareceu moi interesante con eles. Moitas gracias por facernos tomar conciencia.




Árbore Ambiental

Os nenos e nenas de 5º curso axudáronnos a descubrir a importancia do día 11 de decembro- Día Internacional das Montañas.
As montañas abranguen o 27 por cento da superficie da terra e desempeñan un papel crucial no avance do mundo cara ao crecemento económico sostible. Non só achegan o sustento e o benestar a preto de 720 millóns de persoas que viven nelas, senón que ademais benefician indirectamente a miles de millóns de persoas que residen nas terras baixas.

As montañas, en particular, subministran auga doce, enerxía e alimentos, recursos que serán cada vez máis escasos en décadas futuras. Non obstante, tamén albergan un alto grao de pobreza e son moi vulnerables ao cambio climático, a deforestación, a degradación dos chans e os desastres naturais.

O reto está en identificar oportunidades novas e sostibles que poidan achegar beneficios tanto ás comunidades das terras altas coma das terras baixas e axudar así a erradicar a pobreza, sen contribuír por iso á degradación dos fráxiles ecosistemas de montaña.

O compromiso e a vontade de avanzar nesta causa reforzáronse durante o Ano Internacional das Montañas en 2002, e as montañas adquiriron un perfil cada vez máis destacado nos programas de todos os niveis.

 E COLOCAMOS A FLOR DAS MONTAÑAS NA ÁRBORE MEDIOAMBIENTAL. GRACIAS PEQUES !


No hay comentarios:

Publicar un comentario