Documental 'Nimbos de poesía' from Cultura galega - Xunta on Vimeo.
Documental 'Nimbos de poesía'
Esta peza audiovisual, dirixida por Xulio Xiz, é unha viaxe pola vida e a obra de Xosé María Díaz Castro que ten o valor endagido de facerse da man do propio poeta, co que visitamos os lugares onde transcorreron a súa infancia e mocidade e onde el mesmo nos recita os seus textos máis significativos. Nese percorrido vital e literario, Díaz Castro detense a sinalar as persoas e acontecementos que incidiron na súa escolla do galego como lingua de expresión poética. No documental tamén se fai referencia ao feito de que Díaz Castro chegase a dominar case todas as linguas de Europa, feito que pode poñerse en paralelo con esa escolla do idioma da súa infancia para a súa produción literaria máis significativa. Gravado no ano 1987, o filme foi remasterizado para celebrar o Día das Letras Galegas 2014, dedicado ao poeta de Guitiriz.
En homenaxe ao noso poeta, celebramos as Letras Galegas da man de Xosé María Díaz Castro, ...e como dende Nimbos achegámonos aos seus poemas, á súa vida... a influencia de Aquilino Iglesia Alvariño para que escribise en galego.
E dende os tempos felices, das ilusións, como dice Xosé María, descubrindo a grandeza das cousas pequenas como manifesta no poema "Esmeralda" ...Herba pequerrechina... disfrutamos das sombras xogando cos ollos, deixamos os Nimbos coma cinza de rosas que onte encheron de perfume o mundo dalgún sono...as súas palabras.
E nos xogos, nas verbas, nos sorrisos, nos puntos para a tómbola ...tamén te atopamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario