LETRAS GALEGAS 2013

martes, 4 de noviembre de 2014

SAMAÍN
O pasado xoves 30 de outubro celebramos o Samaín. Os nenos e nenas de infantil e primaria participaron dos talleres que con moito entusiasmo e saber facer levaron a cabo os maiores de 5º e 6º de primaria. Así maquillaron , ensinaron  a facer monstros en infantil, fixeron colares de medo,... Despois as familias compartiron con nós riquisimos postres destas datas e a decoración encheu de maxia este día. O cine chegou tamén as aulas con Cazafantasmas para primaria e Dora en Hallowen para os de infantil.

A expoxición de cabazas, tan fermosa coma tódolos anos, adornou o pasillo do medo con moita arte.


No hay comentarios:

Publicar un comentario