LETRAS GALEGAS 2013

lunes, 24 de octubre de 2011

CONTOS DE OUTONO
O venres 21 de outubro, chegou a escola Cintia (a mamá de Malena) e non viña soa; traía dous contiños, para ler ao aire libre que cheira a outono; así que sentámonos e escoitamos moi atentamente, primeiro un contiño da tartaruga que comía moi apresa...e despois un conto clásico: "O lobo e as sete cabritas" . como nos gustou tanto o conto, decidimos dramatizalo, e vivir o contiño como se fósemos nós os protagonistas; decidímolo a sortes. Estes peques de infantil son fantásticos actores; os demáis fóron tamén uns espectadores marabillosos e así puidemos disfrutar moito co conto. Non puidemos grabar o final da historia por problemas técnicos, pero contarvos, que o lobo, cansouse, e iso de que lle meteran pedras na barriga non lle gustou nada e chorou un poquichiño; así que decidiu que outro lobo ocupase o seu lugar. Reimonos moito e pasamos un rato estupendo. Gracias Cintia por compartir con nós este momento.



domingo, 23 de octubre de 2011



SEOANE- " Os tres soles"- nenos e nenas de 3 anos


ANTONIA DANS- "Maternidade"- nenos e nenas de 4 anos


















jueves, 20 de octubre de 2011




CANCIÓNS PARA O SAMAÍN





LA BRUJITA TAPITA
LA BRUJA LOCA                        EL BRUJITO DE GULUBU






IMOS DESCUBRIR O OUTONO


O vindeiro venres 21 de outubro, imos descubrir como foi chegando o outono moi pretiño de nós. Quizás descubramos as cores, as formas, como ule o outono, a música das follas, dos paxaros, as pegadas. As árbores que estaban preto do cole xa non están, que pasou? Levaremos bolsas de tesouros, e co que atopemos quizás poidamos facer unha obra de arte...

lunes, 17 de octubre de 2011

Videos para o Samain




Canción corre corre cabaciña.

Continuamos traballando o conto corre corre cabaciña. Coa mestra Alba estamos a facer as nosas cabaciñas falantes e coa nosa titora escoitamos a canción " corre corre cabaciña" na PDI da aula de informática.

Esperamos que a disfrutedes o mesmo que nos¡¡¡


Ademais comenzamos a facer algunha cousiña coas castañas que trouxo a nosa mestra. Deixamosvos un adianto¡¡¡ Son as nosas xoaniñas¡¡¡

INFORMACION
ACTIVIDADE LIM.- OS COGUMELOS

domingo, 16 de octubre de 2011

CAEN AS FOLLAS...SINTO UNHA COUSA...

E como por fin parece que o outono está a chegar...xa era hora! que levamos esperando dende o 23 de setembro...,  imos recibilo co poema " Caen as follas" de Uxio Novoneyra e cantado por Emilio Cao...falando baixiño, paseniño, sentindo...
O próximo venres 21 de outubro os de infantil imos saír de excursión ao entorno do cole, para recibir o outono, observar que hai de distinto, recoller mostras, buscar pegadas,... descubriremos moitas  cousiñas, e pasarémolo moi ben...se non chove!.


XA ESTOU AQUÍ!

E chegou o outono. As bolboretas de 3 anos descubrimos que as follas cambiaron de cor no patio, e na aula tamén; trouxemos moitas cousiñas de outono e montamos o noso recunchiño na aula:   as castañas, como pican os ourizos!...pero se os abrimos cos pés non!. A nosa clase cheira a outono, cheira a mazás, a follas de castiñeiro e carballo, o millo, ás mazás, ás cocas, ás landras, a cabazas...e as cores de outono que lindas son!... e bailan as follas...facemos un cuadro?  e...unha ventá ao outono?...a ver, a ver que podemos facer!


Xa chegou o outono- 2011 - foto montaje

E o outono chegou tamén vestido de arte, cheo de cores, cheo de follas...e tamén de círculos: redondo, redondo, redondo, redondiño...rola, rola, rola un pouquiño...


arte outono - foto montaje

 IMAXES PARA FALAR DA ESCOLA 




jueves, 13 de octubre de 2011

As nosas bruxas

Como está moi preto a celebración do Samaín xa empezamos a facer algunha cousiña.
Esperamos que vos guste o resultado ¡¡¡¡

martes, 11 de octubre de 2011

Corre Corre Cabaciña da editorial OQO

Os nenos de 5 anos, estamos traballando este conto en Inglés coa mestra Alba, tamén o traballaremos en Galego coa nosa titora.


Arcimboldo

Hoxe estivemos traballando a Arcimboldo. Coñecedes a súas composicións?  Pois os nenos de 5 anos estivemos traballando estas dúas obras:

Despois de observar as obras e analizar os elementos que as integran decidimos facer as nosas propias composicións tendo en conta o método de traballo deste artista. Estas foron alguns dos nosos traballos.

Os nosos cogumelos

Coa axuda da nosa titora, corchos das botellas, plastilina e con lentellas fixemos estes cogumelos.

Quedaron moi bonitos¡¡¡ pero coidado¡¡¡ son venenososssssss¡¡¡


O outono

Os nenos da clase de 5 anos xa empezamos a traballar o Outono, ainda que este ano estase a retrasar un pouqiño¡¡¡  Estes son algúns dos traballos que fixemos e cos cales disfrutamos moitisimo.


Coas follas secas do outono fixemos estes divertidos Papás Outono¡¡¡




Tamén pintamos coas cores propias do Outono: o amarelo, o marrón, o laranxa e o verde. Este foi o resultado.



Ademáis, tamén fixemos as nosas primeiras obras de arte con elementos do entorno. Pintamos pedras de distintos tamaños empregando distintas cores e con elas fixemos a nosa primeria composición de elementos naturais. Este foi o proceso.