LETRAS GALEGAS 2013

viernes, 11 de noviembre de 2011

XOGANDO CO MILLO
Hoxe estivemos os de infantil "xogando co millo"; lembramos que no Samaín fixeramos un taller de escobas feitas de paus de millo con follato, e lembramos tamén que o curso anterior fixeramos pan de millo despois de visitar o muiño de Barrantes. Comparamos o millo grande con un pequeniño e ...que se poderá facer co millo grande? que si, que si, que co millo grande podemos facer pan e co millo pequeno...palomitas. E poderiamos facer unha sesión de cine con palomitas? Siiiiiii!! Vale pois entonces quedamos o venres 18 de novembro, vale?  vale!.
Anda!, e o carozo, que facemos con el? que poderiamos facer? un por un os nenos /as de 3, 4 e 5 anos van dicindo cousiñas posibles de facer ou ser e así:
 unha nariz de pinocho, poden ser dous cornos, tamén pode ser un avión, uns paus para unha bateria, tamén poden ser letras o Y, o E, o T, o A...si, si pero tamén poden ser números...mira o 1!
Bueno pois que tal se levamos para casa un carozo e o convertimos en algo fantástico; podemos traelo o luns e imos facer unha exposición e un libro que se chamará " Carozos". Por certo o luns entre todos imos facer unha escultura de carozos, pero ímolos pintar primeiro...a ver que nos sae.







No hay comentarios:

Publicar un comentario