LETRAS GALEGAS 2013

jueves, 3 de noviembre de 2011

1º DÍA DE SAMAÍN- 3 DE NOVEMBRO

A verdade é que o día estivo fantástico, primeiro porque a organización estivo xenial; é moi interesante e enriquecedor mesturar grupos de distintas idades para que compartan actividades comúns e desenvolvan competencias sociais, de axuda, colaboración e respecto.
Primeiro reunímosnos todos/as para facer a presentación do acto e a distribución dos grupos e  como se ían desenvolver os talleres. Como xa está sinalado no programa da entrada anterior do blog, un curso dos maiores acompañaba a un curso dos pequenos. Neste caso 3 anos foi con 1º, 4 anos con 4º, e 5 anos con 3º.
Moitas grazas aos nenos e nenas de 5º e 6º ( os/as adiviñadores/as e maquilladoras/es) que o fixeron xenial, e fixeronnos pasar un rato moi agradable
( aos nenos/as e as mestras). Bueno aos de 3 anos costoulle un poquiño e non todos quixeron que lle pintaran a cara,...pois vale, non a pintamos, que non pasa nada! Eso si podemos cantar a canción dos esqueletos e mesmo a profe Mercedes de 5º cantounos unha historia canción dun dragón que nos encantou...a todos/as.

Así fomos rotando por talleres de maquillaxe de medo, polas/os adiviñadoras que nos dicían o que pensabamos, nos botaron as cartas, leron na bola máxica, e mesmo tiñan un ollo que todo o sabía... eso sí , que escuro estaba todo! 

Cando saimos das adiviñadoras e fumos ao recuncho do mago Merlin, o medo apoderouse dalgúns de 3 anos, e menos mal que pouco a pouquiño cambiamos a cara de medo pola de sorriso, porque o mago era bo, ainda que estaba todo moi escuro, contounos un conto moi bonito e o pasamos moi ben. Os de 4 e 5 anos xa son maiores e moi valentes, así que non tiveron nin un pouquichiño de medo. Pero, será que nos acompañaban os maiores e imos tos/as máis seguros e tranquilos?...pois será...

Despois fixemos unhas escobas de paus de millo. Gracias a Tania por compartir con nós este taller tan fantástico e deixarnos voar nas máxicas escobas de bruxas e bruxos do samain.

E pola tarde sesión de cine; os de primaria miraron unha peli para maiores, e os de infantil unha adaptada para nós, de moi cortiña duración. Reímonos moitísimo e nada, nadia de ...meeedooo! As pelis: "Os fantasmas de Mickey" " Donald e o Hallowen".
Mañá temos máis cousiñas ricas, ricas, ricas...porque chegan os postres do Samaín que traen as familias, e as 11 e cuarto imos facer unha merenda todos e todas xuntos/as e compartir este tempo coas nosas familias. Gracias por compartir con nós estas festas...que pasedes un Samaín de medo!














No hay comentarios:

Publicar un comentario