Día do libro, 23 de abril
A celebración do día do libro remóntase a principios de século. A historia do libro faise festiva e surxen actividades literarias en toda España. Hoxe, o día 23 de abril celébrase en todo o mundo, o Día do Libro internacional.
A orixe do día do libro remóntase a 1930. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron - ou morreron - outros escritores eminentes como Maurice Druon, K.Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural.
A idea orixinal desta celebración partiu de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Clavel Andrés, propoñéndoa á Cámara Oficial do Libro de Barcelona. Pouco despois, en 1930, instáurase definitivamente a data do 23 de abril como Día do Libro mundial, onde este día coincide con Sant Jordi (San Jorge), patrón de Cataluña e Aragón e é tradicional que os namorados e persoas queridas se intercambien unha rosa e un libro.
O Día do Libro foi proposto pola Unión Internacional de Editores (UTE), e presentada polo goberno español á Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco). En 1995, aprobouse proclamar o 23 de abril de cada ano o "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor".
RTVE- LA VUELTA AL MUNDO EN 80 LIBROS - PROGRAMA RADIOFÓNICO
No hay comentarios:
Publicar un comentario