LETRAS GALEGAS 2013

martes, 16 de abril de 2013


OBRADOIRO DE TOPONIMIA

O vindeiro venres estarán na escola Rosana e Xosé Lois, xogando con nós e coa TOPONIMIA...vaia, e que é iso, un novo xogo?, que significa esa palabra profe?...ten que ver cos topos?...  que vos parece se imos empezando por facernos preguntiñas e ofrecendonos respostas, e podemos ler  o conto dos Bolechas e a orixe dos nomes dos lugares... contarnos cousiñas que saibamos, podemos preguntar na casa, buscar nos libros, nos contos...e quizais incluso nos nosos soños ( Eu :" Soñei cun fermoso lugar que se chamaba Vozqueimado; o seu nome gustoume moito, e investigando, atopeino aquí na nosa fermosa Galicia, nun lugar pretiño de Manzaneda ou tamén chamada Cabeza Grande polos triveses, onde os trasnos todavía comen grans de millo, pero de tres en tres, e as súas trasnadas son escritas pola xente do lugar debaixo daquel fermoso castiñeiro, no libro das palabras do vento... e sabedes que me dixeron os trasnos?... moi baixiño dixéronme que significaba Bosque queimado, ...será certo?") ,...a ver vós que coñecedes que haberá lugares moi interesantes .E para que non se nos esquezan as cousas  imos apuntalas, e con moita ilusión, agardamos por Rosana e Xosé Lois para seguir aprendendo moitas máis cousiñas...mirade este video e temos o  power point para traballar con el,...e o venres vémonos.

     Mirade o que están a facer no concello de Vigo...tamén xogan coa toponimia! e que cousiñas tan interesantes teñen recollidas xa no blog! ata mesmo estamos nós. Que bo traballo están facendo. Moitos parabens dende Barrantes!

Toponimia de Vigo




No hay comentarios:

Publicar un comentario