LETRAS GALEGAS 2013

lunes, 18 de julio de 2011

BLOGS DE AULA


Na cartelera de blogs recomendados, non esquezades o da profe Ana tamén " Con ganas de aprender"; o enderezo é o seguinte :    http://anfe-conganasdeaprender.blogspot.com/   


Graduación 5 anos- curso 2010-2011


QUE ANO TAN FANTÁSTICO!

ÁS VOSAS MIRADAS E AOS VOSOS SORRISOS DEBO ESTE ANO A MIÑA FELICIDADE.
QUE VOS QUERO É POUCO. LEVO TANTO CARIÑO VOSO DENTRO DE MÍN QUE NON SEI QUE ABRAZO DAROS PARA DICIRVOS O MOITO QUE VOS QUERO.
PERO ESTOU CONTENTA PORQUE SE A VIDA MO PERMITE VEREIVOS CRECER E PODEREI COMPARTIR CON VÓS AÍNDA MOITOS MOMENTOS ESTUPENDOS AO VOSO LADO.
DESEXO QUE SEXADES PERSOAS NOBLES E DE BO SENTIR E QUE A VIDA VOS SEXA DULCE E  NOS PERMITA DISFRUTAR DE VÓS E DO VOSO BO FACER.
QUERO QUE SAIBADES QUE HOXE E SEMPRE ESTAREDES  NO RECUNCHO DO MEU CORAZÓN, QUE SE FIXO MÁIS GRANDE CON VÓS.
A PROFE MARÍA

e agora...a bailar! Danza Kuduruuuuuuu! Una mano arriba, cintura sola...5 anos e 6º! sodes fantásticos, abofé que si...sobran as palabras...

       TURONIA INFANTIL 2011


E chegou o día...e alí estabamos os de infantil dispostos a ir ao muiño do señor Antonio. El estaba a agardar por nós para explicarnos as partes do muiño e o funcionamento do mesmo. Descubrimos o millo, que nos ensinou Begoña, debullámolo e observamos que o millo das palomitas é máis pequeno que o millo que se emprega para facer o pan. En grupiños pequenos visitamos o muiño...Guau!, as telas de araña están brancas pola fariña. Cando rematamos, as nais da ANPA trouxeron unha rosca para merendar...pero que vai chover, que o digo eu!- dicía Bego. _ Cando as nubes veñen por Pinzás ou a Guardia é que chove seguro, segurísimo.... !
_Non hai chuvia que se resista ao sol solecito...e veña a cantar,...e cantamos  caliéntame un poquito e todo arranxado!...Ai, ai, que parece que vai chover! Clin, Clin, Clin, ...que chove! 
_ Claro, as nubes viñan de Pinzas, xa o dicía eu...
 Cando chegamos ao cole, Patricia a nai de Noé fíxonos un pan de millo e amosounos a forma de facelo, os ingredentes, e como xa tiña un cocido, probámolo...riquísimo!






O MUIÑO-1. Os muíños de auga ou de río funcionan gracias ó aproveitamento da forza da auga. Para que a auga poida move-la roda do muíño, necesítase que a auga chegue cunha certa velocidade. Con esta finalidade, existen dous tipos de canalizacións da auga:
a) Mediante unha pequena canle que desvíe a auga do río ata o interior do muíño.
b) Mediante a construcción dunha pequena presa que permita acumula-la auga e soltala cando interese, para que saia con maior forza.

2. Os muíños de auga utilizábanse, xeralmente, para moer grans de millo, trigo e centeo. 
De forma que, en función de cada especie, construían muíños diferentes. Pois os grans de millo son máis duros que os de trigo e centeo e necesítase unha pedra ou “moa” máis grosa para tritura-los grans e obte-la fariña. Desta forma existen diferentes muíños de auga:
a) Muíños de millo, como o visitado en Sanín.
b) Muíños de trigo 
c) Muínos de centeo
Estes muíños empregábanse para obter fariña para consumo humano (facer pan, empanadas, etc.) ou para alimenta-los animais. Diferenciando tamén fariña de millo, de trigo e de centeo. Coa fariña de trigo elabórase o pan que normalmente atopamos nas panaderías, coa de centeo elabórase un pan máis escuro e coa de millo o pan ten unha cor máis amarela.

3. No interior do muíño, cada compoñente ten o seu nome e funcionalidade. De forma esquemática falaremos de cada unha das partes dun muíño de auga que, dependendo da rexión xeográfica na que se encontren varían de nome:

- Cando chegamos á porta do muíño, atopamos unha pedra saínte chamada ”repousadoiro” ou “pousadorio”(Número 9 no debuxo do muíño), utilizado para apoia-lo saco cos grans de millo, trigo e centeo mentres abrimos a porta do muíño.
- Dentro do muíño atopámo-las diferentes partes do mecanismo que aplasta e tritura os grans para obte-la rans de millo. Este caixón chámase moega”
.(Número 4).

b) Da moega, os grans pasan por un caixón máis pequeno antes de caer no interior da pedra de moer. Este pequeno caixón chámase 
“quenlla”(Número 5).

c) Da quenlla, sae unha pequena peza de madeira que está en contacto coa pedra de moer. Esta peza chámase 
”traque”(Número 6) pois cando se move a roda emite un son que parece dicir traque, traque, traque, que axita a quenlla e permite que os grans vaian caendo ó centro da pedra de moer, coñecido como o”ollo da moa”.

d) A pedra de moer 
(Número 7), coñecida como ”moa”, móvese gracias á forza de auga e ó mecanismo que está na parte inferior do muíño, coñecido como”inferno”. Cando a roda xira, vai triturando os grans de millo contra a pedra que ten debaixo, chamada ”pé da moa”(Número 15)
Entre as dúas pedras existe unha pequena separación, que pode aumentar ou diminuír segundo queiramos que a fariña teña máis ou menos grosor. Para controlar esta separación utilízase unha pequena peza chamada
”aliviadoiro”(Número 12) que “alivia” a presión entre as dúas pedras e permite que a “moa” triture máis os grans.
A fariña vai caendo polo lado exterior da pedra. A fariña que se recolle era para consumo humano e a que caía ó chan utilizábase para alimenta-los animais. Entre as dúas pedras, sempre quedan restos de fariña moi triturada e de moi boa calidade. Esta fariña tan boa coñécese co nome de 
”óleo” .
Cando a moa está triturando os grans de millo, despréndense finas partículas de fariña que ensucian o muíño e ás persoas que están dentro. Estas partículas de fariña coñécense co nome de 
”foula”.

- A parte inferior do muíño, coñecida como “inferno”, é a encargada de move-la moa gracias á forza da auga que chega pola 
"canle"(Número 18). Nesta canle existe o denominado ”torna-augas”(Número 33) que permite que pase ou non a auga á parte inferior do muíño:

a) A auga chega con moita velocidade e golpea contra a roda do muíño, coñecida como 
“rodicio”(Número 25”). Antigamente o rodicio era de madeira, pero foron substituídos polos de ferro anos despois.

b) O “rodicio” está en contacto coa “moa” gracias a un ferro que sube dende o “inferno” ata o interior do muíño. Este ferro, que permite que xire a “moa” cando xira o “rodicio”, chámase 
”vara”(Número 27).

partes_moinho.jpg




EXCURSIÓN AO PARQUE NATURAL 
DO MONTE ALOIA


Estivemos no Parque Natural do Monte Aloia, e alí aprendemos o que é un parque Natural (http://es.wikipedia.org/wiki/Parque_natural) e que en Galicia temos 7, se consideramos como parque natural  que as Illas Atlánticas, ainda que está considerado como Parque Nacional. Así temos, ademáis do anterior, o Parque Natural de Corrubedo, Parque Natural de monte Aloia,Parque Natural de O Invernadeiro,  Parque Natural de Fragas de Eume, Parque Natural de Baixa Limia- serra do Xurés,Parque Natural de Serra da Enciña da Lastra, Parque Natural de Complejo Dunar de Corrubedo.
Aprendemos moitisimas cousas entre elas as normas para estar nun Parque Natural..., fixemos unha árbore cos materiais que atopamos no chan...tamén atopamos plásticos e lixo que non debería estar alí...pero shhhh, fala baixiño, que se non asustamos aos animais! descubrimos moitas árbores, os piñeiros, os castiñeiros, os carballos, os acivros, as sobreiras,...Fixemos un percorrido polo parque e descubrimos a Pintega Rabilonga (en el año 2005 tuvieron grandes problemas en las traídas de aguas de Estás- Tomiño,  por la presencia de coliformes, y se solucionó  con un proceso de saneamiento de manantiales, desinfectando y utilizando a la píntega rabilonga, que desaparece cuando el manantial está contaminado".
"Salamandra rabilonga" Chioglossa lusitanica. (Salamántiga galega, Píntega rabilonga, Saramaganta, Pinchorra rabilonga. Salamandra dourada)
Descubrieron este anfibio durante las inundaciones del año 2006. "Nos dimos cuenta de que nos avisaba del riesgo de inundaciones y de que es un auténtico barómetro de pluviometría y de temperatura", asegura. Cuando la píntega advierte el riesgo de inundación se escapa a zonas en las que no hay peligro. Vive en el exterior y busca grutas para su puesta de huevos en lugares seguros. "Elige siempre el mismo sitio", comenta.) Para saber máis dela pincha aquí http://www.rios-galegos.com/anf10.htm .
Cando iamos merendar, comenzou a chover un pouquiño e voltamos ao autobus, pero en canto escampou...abaixo...preparados para a andaina.





A PITA PERDIDA

E aquí está o conto que  vai e vén..." a pita perdida" . Esta pita do monte andaba pouco namorada e iso que o loro bebía os ventos por ela...imos buscar a pita, a ver onde se meteu...
Este conto naceu da colaboración das familias e os nenos/as...foi un traballo fantástico. Gracias por animar aos nosos peques a ler e escribir...







Excursión a Grixó- 14 de maio de 2011
A verdade é que foi un día fantástico; entre os contos do camiño, a búsqueda do tesouro dos trasnos, os barcos de cortiza, o paso do río, a chegada á capela, os xogos, os trasnos, os contos baixo a cabana, a comida, os bailes...e moito máis, logramos facer deste sábado un día gratamente compartido e moi divertido.