LETRAS GALEGAS 2013

jueves, 7 de marzo de 2013

O roteiro de Rosalía de Castro

Os de 4 anos estamos dende hai dúas semanas co proxecto de Rosalía de Castro. Estamos aprendendo moitas cousas acerca dela e disfrutamos das súas poesías,...si profe pero son sempre moi tristes...por que estaba Rosalía tan triste? por que as campanas de Bastabales non poden tocar contentas?...profe eu sei xa a canción de adios ríos , adiós fontes...do libro de Follas Novas...seguimos a disfrutar con Rosalía, e xa temos o noso recuncho, que tamén é do cole e estamos a pintala...é máis grande ca min profe!...

Fundación e casa museo Rosalía de Castro

AELG le a Rosalía



Aquí temos un documental de Rosalía de Castro que fixo a TVE da serie Mulleres na Historia.



domingo, 3 de marzo de 2013

CARREIRA POLO SAHARA
Non pudo estar mellor o día, que iluminou con ese sol fantástico e   acompañou os nosos sorrisos e as nosas ilusións por axudar aos nenos e nenas do Sahara. 



RTVG
                                   
Máis fotos en infomiño


ESPECIAL - ESCOLARES DE TOMIÑO REALIZAN NHA CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ

Fecha: 01/03/2013
Fuente: Infomiño.com
Celebrouse o pasado Xoves día 28 de Febreiro de 2013 no Espazo Fortaleza de Goián - Tomiño  
O Espazo Fortaleza de Goián acolleu na mañá do pasado Xoves día 28 de Febreiro de 2013 unha carreira solidaria co fin de recadar fondos para o programa "Vacacións en Paz", polo que cada verán veñen a Galicia e tamén a Tomiño nenos e nenas saharauis.
Case 800 nenos e nenas dos centros educativos de primaria e infantil de Tomiño(Barrantes, Pedro Caselles, Goián, Sobrada e Tebra) participaron nesta carreira contando coa colaboración do Concello, da Asociación de Comerciantes (Adeto) e da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.
Preto das 10:30h da mañá tiña comezo a actividade cunha pequena presentación no Auditorio do Espazo Fortaleza, e de seguido comezou a actividade deportiva nun circuíto preparado, duns 300 metros de extensión que transcorreu ao lado da Fortaleza de San Lourenzo de Goián, habendo outro máis curto para o alumnado de infantil.
Cada neno o nena fixo o maior número de voltas posible, co que sumou "metros de solidariedade". En cada volta, os pequenos collían un garavanzo, que logo se sumaban á hora de entregarlles o diploma. Ademais, o alumnado buscou patrocinadores entre familiares, amigos ou veciños, que se comprometeron a pagar un diñeiro por volta realizada, aínda que a cantidade de diñeiro recadado non se saberá ata o vindeiro 9 de marzo.
Cada participante tiña un carné, onde figuraba o patrocinador e o número de voltas efectuadas.
Sobre as doce foi o peche do acto coa interpretación dunha canción conxunta ("Fuxan os ventos", de Celso Emilio Ferreiro, nunha versión do grupo "Irmaus").

Os pequenos tiveron tamén a oportunidade de coñecer unha "jaima" coma as do Sáhara, que se instalou nas inmediacións do Espazo Fortaleza, para a ocasión.
Os organizadores agradeceron a participación do alumnado e as súas familias, así coma o apoio do Concello de Tomiño, Adeto e demais colaboradores.