LETRAS GALEGAS 2013

sábado, 16 de abril de 2011

FIXEMOS UN MAIO
O venres 13 de maio os de infantil fixemos un maio. Trouxemos fiuncho...que ben cheira!, xestas, flores, colares de carrabouxos ou cocas, colares de pampullos,...e todos/as os de 3, 4 e 5 anos fixemos un maio moi florido.



LETRAS GALEGAS  17 de maio de 2011
Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos en febreiro de 1958, está considerado un mito da poesía galega contemporánea. Formou parte do denominado Grupo de Amor e Desamor, un conxunto de dez poetas da talla de Pilar Pallarés, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mato Fondo, Xavier Seoane, Fenán-Vello... A súa obra fai del un autor de culto e representa a renovación e o achegamento aos lectores máis novos.
VIDEO SOBRE A VIDA DE LOIS PEREIRO FEITA POLO CICLO DE INFANTIL DO CEIP BARRANTES
- E, por que será que hai un día especial para as Letras Galegas?
- Pois porque ten que ser importante ( Diego)
- Non, ten que ser moi importante...( Iria)
- Porque falamos galego ( Noé e Elena)
- E o escribimos( Martín)
- E podo dar bicos en galego ( Elena)
- E a bandeira é blanca cunha rayiña azul ( Noé)
- Si é verdad. ( Yara)
- Bueno, pero eu son do Madrid ( Sabela)
- Pois é mellor o Barcelona ( Diego)
- Non é o Madrid ( Fran). Pero eu son galego.
-Porque naceches en Galicia? ( Profe)
- Bueno eso non, porque eu nacín en Barrantes...( Fran)
- Vale...e onde estará Barrantes?
- En Galicia profe ( Martín)
- Entonces somos galegos e galegas ( Fran)
- Non todos, mamá naceu en Brasil( Martín)
- E Brasil está cerca de Galicia? Onde está Galicia? Onde está Brasil?... 





RECURSOS LOIS PEREIRO

RECURSOS DO SEMINARIO GALÁN PARA INFANTIL


CONCURSO PITUFOMEDIOAMBIENTAL

Os de 5 anos decidimos participar no concurso " Como cuidamos el medioambiente"  de Los Pitufos e pareceunos boa idea facer un conto ( tiña que ser en castelán). Ao final  remitimos ó noso blogue para que coñezan o que facemos nós pouco a pouquiño polo medioambiente...pero dende logo estamos aprendendo moitas cousiñas sobre o mesmo e participamos con moito agarimo no seu coidado e repecto. Aí estamos...







Aprendemos a xogar ao xadrez

O martes 12 de abril, estivo no cole Judania, que nos achegou de xeito moi divertido ao xogo de xadrez. Explicounos moitas cousas interesantes, pero sobre todo a historia de cómo naceu o xadrez a través da representación. A historia do Rajá e o sabio foi moi interesante. Aprendemos que este Rajá quería divertirse, e aburríase de todo, ata que un día un sabio propusolle o xogo do xadrez e díxolle que non quería nada, que xa volvería cando soubese xogar o xadrez. Ao cabo dun mes voltou e o Rajá díxolle que lle pedise o que quisera. Claro, cando o sabio lle pediu 1 grano de trigo no primeiro cuadro de xadrez e nos seguintes o doble do anterior, o rei botouse a rir. Pero pronto a risa convertiuse en choro cando comprobou que non era quen de pagar con trigo ao sabio, non lle chegou todo o trigo do reino!.












jueves, 7 de abril de 2011

boufet leituga

Que mellor que celebrar o inicio da nosa horta e o 7 de abril Día Mundial da Saúde con un boufet leituga. Pasámolo estupendamente e estaba boísimo!. Collimos as leitugas da horta que  xa viñeran un pouco crecidas, lavámolas, preparamos os canapés.... Eso si, tivemos que mercar os tomates, as cenorias e o queixo para facer os canapés, porque na horta aínda non medraron...todo chegará!

Que rico estaba todo!




domingo, 3 de abril de 2011

EXCURSIÓN A ALCAMPO VIGO 2


O 22 de marzo, os nenos e nenas  de infantil ( 3,4 e 5 anos) visitamos o centro comercial Alcampo Vigo2.
Para os de 3 anos era a súa primeira saída fóra do entorno escolar.
Cando chegamos, fixemos un percorrido con  Inma ( do Rick e Rock) pola carnicería, pescadería e panadería.
 Na carnicería aprendimos que había carnes distintas, que os envases eran moi importantes en función da cantidade que queriamos mercar e tamén que habia que mirar as datas de caducidade e o precio.







Cando chegamos á pescadería, Inma contornos que había moitas clases de pesacados e mariscos, pero gustóunos moito saber que o peixe sapo é moi listo, e que por riba é peixe e pescador, porque ten unha caña de pescar e atrae as súas presas.

Tamén aprendemos que hais moitos mariscos distintos.


Despois estivemos na panadería. Bueno antes tivemos que vestirnos bata, gorro e chanclas para poder entrar e non contaminar.
Na panadería o pasamos moi ben porque alí explicáronnos como se facía unha tarta. Que rápido! E tamén as barriñas de pan. Os fornos son grandísimos e os panadeiros teñen guantes de ferro para non queimarse as mans.
Finalmente estivemos na recepción por donde entran e saen os camións que traen e levan mercancía.vimos os contenedores da reciclaxe, que xa traballaramos na clase.
Despois convidáronnos a unha merenda que estaba ríquisima e tivemos uns lindos agasallos ( Parchís, globos e imáns). Moitas gracias Alcampo vigo2!
 Esa tarde fixemos uns dibuxos do que máis nos gustou da visita, e aínda que foron moitas, unha das que máis gustou foi a realización da tarta.
Como no cole estamos a traballar as 3 R, e somos as pandas Bolboreta que coidan do planeta, lembramos cousas que non dou tempo a ver e que  xa traballaramos na aula: a caixa ecolóxica de cartón para as froitas e así non empregamos plástico, a bolsa feita de fécula de patata que tamén se pode empregar como fertilizantes.
Tamén lembramos que os productos se identifican con un código de barras que tamén está nos contos e nos libros e que é como o carné dos productos.
Temos que decir que non puidemos sacar fotos por mor do segredo profesional, só cando iamos acceder á panadería, no flunch, e no paseo polas tendas, que por certo chamounos moito a atención a tenda de animais. 






DICCIONARIO














ASÍ SON EU- HOXE SON O PROTAGONISTA!


Mamás e familias sodes estupendas! Aínda non estamos todas/os os de cinco anos pero xa queda pouco. Dende comenzo do curso estamos a traballlar a vida de cada neno. Nun libriño recolleremos moitas cousas da súa vida. Unha das actividades é que as familias veñan ao cole a contarnos e ensinarnos cousiñas de cada un/ unha e pasar un ratiño moi divertido. A cousa marcha, porque os nenos e nenas están encantados cando vén algunha familia á aula. O encargado/a recíbeo/a e se convida a sentar con normas de cortesía. Facemos as presentacións, aínda que nos coñecemos e empezamos... que ben que compartades con nós estos momentos. Nin imaxinades a ilusión que teñen cando saben que lles toca a súa familia vir a aula.Moitas gracias! Martín que mami regalounos unha visita á horta maravillosa e un paseo que queda pendente de facer entre todos/as. Patricia estivo con Noé e todos nós compartindo moitas cousas da súa familia. Gracias por achegarnos o teu sorriso aínda que non era o mellor momento da túa vida. Bicos de cores. Por certo pasárono estupendamente con Matilde e Adán ( irmán de Yara). Rímonos moitísimo e a pelexa de cojíns foi fantástica! E de Laura ( irmá de Diego) dicir que portouse estupendamente, e iso que recibiu moitísimos mimos porque non a deixábamos tranquila. Gracias Sonia por permitirnos disfrutar de tanta tenrura!Que lindos sorrisos!
Cando Bruno e máis Julia chegaron á aula, Elena estaba encantada. Mamá e os seus irmáns ían compartir con ela e con nós un momento especial. O mesmo sucedeulle a Iria que non sospeitaba que Alba ía baixar á clase cando chegaron papá e mamá ( Víctor e Aurora). Despois, ademáis de falar da familia, papi contounos un pouquiño a través dun video o seu traballo. foi fantástico. E para rematar un campeonato de coxeguiñas; estivo xenial!











 22 DE MARZO
DÍA MUNDIAL DEL AGUA
El objetivo del Día Mundial del Agua 2011 (DMA 2011) es centrar la atención internacional sobre el impacto del rápido crecimiento de la población urbana, la industrialización y la incertidumbre causada por el cambio climático, los conflictos y los desastres naturales sobre los sistemas urbanos de abastecimiento de agua. 

El tema de este año, Agua para las ciudades: respondiendo al desafío urbano, tiene por objeto poner de relieve y alentar a los gobiernos, las organizaciones, comunidades y personas a participar activamente para responder al desafío de la gestión  del agua urbana. 


Algúns recursos

DÍA DA POESÍA
Para traballar a poesía algúns recursos que serán de utilidade:




viernes, 1 de abril de 2011