LETRAS GALEGAS 2013

martes, 16 de abril de 2013


OBRADOIRO DE TOPONIMIA

O vindeiro venres estarán na escola Rosana e Xosé Lois, xogando con nós e coa TOPONIMIA...vaia, e que é iso, un novo xogo?, que significa esa palabra profe?...ten que ver cos topos?...  que vos parece se imos empezando por facernos preguntiñas e ofrecendonos respostas, e podemos ler  o conto dos Bolechas e a orixe dos nomes dos lugares... contarnos cousiñas que saibamos, podemos preguntar na casa, buscar nos libros, nos contos...e quizais incluso nos nosos soños ( Eu :" Soñei cun fermoso lugar que se chamaba Vozqueimado; o seu nome gustoume moito, e investigando, atopeino aquí na nosa fermosa Galicia, nun lugar pretiño de Manzaneda ou tamén chamada Cabeza Grande polos triveses, onde os trasnos todavía comen grans de millo, pero de tres en tres, e as súas trasnadas son escritas pola xente do lugar debaixo daquel fermoso castiñeiro, no libro das palabras do vento... e sabedes que me dixeron os trasnos?... moi baixiño dixéronme que significaba Bosque queimado, ...será certo?") ,...a ver vós que coñecedes que haberá lugares moi interesantes .E para que non se nos esquezan as cousas  imos apuntalas, e con moita ilusión, agardamos por Rosana e Xosé Lois para seguir aprendendo moitas máis cousiñas...mirade este video e temos o  power point para traballar con el,...e o venres vémonos.

     Mirade o que están a facer no concello de Vigo...tamén xogan coa toponimia! e que cousiñas tan interesantes teñen recollidas xa no blog! ata mesmo estamos nós. Que bo traballo están facendo. Moitos parabens dende Barrantes!

Toponimia de Vigo




jueves, 11 de abril de 2013

Día del libro


Día do libro, 23 de abril



A celebración do día do libro remóntase a principios de século. A historia do libro faise festiva e surxen actividades literarias en toda España. Hoxe, o día 23 de abril celébrase en todo o mundo, o Día do Libro internacional.

A orixe do día do libro remóntase a 1930. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron - ou morreron - outros escritores eminentes como Maurice DruonK.LaxnessVladimir NabokovJosep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

A idea orixinal desta celebración partiu de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Clavel Andrés, propoñéndoa á Cámara Oficial do Libro de Barcelona. Pouco despois, en 1930, instáurase definitivamente a data do 23 de abril como Día do Libro mundial, onde este día coincide con Sant Jordi (San Jorge), patrón de Cataluña e Aragón e é tradicional que os namorados e persoas queridas se intercambien unha rosa e un libro.

El día del libro.

O Día do Libro foi proposto pola Unión Internacional de Editores (UTE), e presentada polo goberno español á Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco). En 1995, aprobouse proclamar o 23 de abril de cada ano o "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor".

RTVE- LA VUELTA AL MUNDO EN 80 LIBROS - PROGRAMA RADIOFÓNICO

OS CONTOS DA RATA LUISA

e ti...por que les?
2 de abril Día do Libro Infantil

O 2 de abril conmemórase un ano máis o nacemento do "Poeta dos nenos", Hans Christian Andersen. En honor a el proclamouse esta data como o Día Internacional do libro infantil


Biografía de Andersen

DE CONTIÑO EN CONTIÑO


Onde está Polonia e Estonia?

O pasado 22 de marzo Iwona e Marín estiveron con nós achegándonos xogos do seu pais, o seu idioma, a súa cultura...pasámolo estupendamente. Moitas gracias!