LETRAS GALEGAS 2013

jueves, 26 de diciembre de 2013

FESTIVAL DE NADAL


Que ben o pasamos! Bo Nadal e ledicia co desexo que o ano que ben sexa  mellor e que o bo facer chegue sempre onde medran pouquiño a pouco todas as ilusións que temos.

martes, 24 de diciembre de 2013

XA CHEGOU PAPA NOEL

E as súas cariñas dicíano todo! Sorrisos de ilusión con este Papa Noel tan divertido que chegou para facer medrar de novo os soños de pequenos e grandes...

domingo, 15 de diciembre de 2013

11/12/13- CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR

Esta semana tivemos no cole aos gardas civís Miguel e Borja, que falaron aos de 4º, 5º e 6º dun tema moi interesante e preocupante no eido escolar. Tanto o  acoso escolar como o ciber acoso son formas de violencia que se dan entre iguais tanto dentro da escola ( acoso) como na rede  ( ciberacoso). Súfreno moitas nenas e nenos con repercusións moi negativas no seu benestar, desenvolvemento e no exercicio dos seus dereitos. Os gobernos, autoridades educativas, as mestras e mestres, familias, e os mesmos nenos podemos facer que esto non ocorra. Todos os nenos e nenas sin excepción, teñen dereito a ser protexidos de todas as formas de violencia e desenvolvemento do seu potencial de aprendizaxe nun ambente seguro.

.
Puidemos ver este video, que nos pareceu moi interesante con eles. Moitas gracias por facernos tomar conciencia.




Árbore Ambiental

Os nenos e nenas de 5º curso axudáronnos a descubrir a importancia do día 11 de decembro- Día Internacional das Montañas.
As montañas abranguen o 27 por cento da superficie da terra e desempeñan un papel crucial no avance do mundo cara ao crecemento económico sostible. Non só achegan o sustento e o benestar a preto de 720 millóns de persoas que viven nelas, senón que ademais benefician indirectamente a miles de millóns de persoas que residen nas terras baixas.

As montañas, en particular, subministran auga doce, enerxía e alimentos, recursos que serán cada vez máis escasos en décadas futuras. Non obstante, tamén albergan un alto grao de pobreza e son moi vulnerables ao cambio climático, a deforestación, a degradación dos chans e os desastres naturais.

O reto está en identificar oportunidades novas e sostibles que poidan achegar beneficios tanto ás comunidades das terras altas coma das terras baixas e axudar así a erradicar a pobreza, sen contribuír por iso á degradación dos fráxiles ecosistemas de montaña.

O compromiso e a vontade de avanzar nesta causa reforzáronse durante o Ano Internacional das Montañas en 2002, e as montañas adquiriron un perfil cada vez máis destacado nos programas de todos os niveis.

 E COLOCAMOS A FLOR DAS MONTAÑAS NA ÁRBORE MEDIOAMBIENTAL. GRACIAS PEQUES !


domingo, 8 de diciembre de 2013


Inauguración do Invernadoiro Barrantiño

O  pasado 5 de decembro tivemos a inaguración do noso Invernadoiro Barrantiño. Este foi construido a finais do curso anterior coa colaboración das familias. Preparamos a terra, a toma de auga interior,  colocouse o grifo ( coa colaboración do concello) e finalmente puidemos por fin comenzar a plantación do mesmo, con coles de bruselas, verdura blanca, cebolas, allos, leituga,...
xa temos ganas de vela medrar!

Esta é a noticia na Voz de Galicia do xoves 6 de dembro de 2013




10 DE DECEMBRO- DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS HUMANOS

No noso blog de biblioteca- O recuncho de Paulino- temos recursos para traballar os Dereitos Humanos.
Aquí:

http://recunchopaulino.blogspot.com.es/

lunes, 2 de diciembre de 2013

XA EMPEZAMOS OS ENSAIOS PARA NADAL... Os de infantil cantarán todos xuntos esta panxoliña. Tamén bailarán e cantarán outras que iremos colgando na rede.


Buscando unha estrela



Os pitiños buscaban unha estrela
E cando a atoparon
Bailaron con ela

Lai, laralai, larala,
A quen queres ti alumear?
Ao neno que xa naceu
Nesta noite de Nadal.


Os gatiños buscaban unha estrela
E cando a atoparon
Bailaron con ela


Lai, laralai, larala,
A quen queres ti alumear?
Ao neno que xa naceu
Nesta noite de Nadal.


Os peixiños buscaban unha estrela
E cando a atoparon
Bailaron con ela


Lai, laralai, larala,
A quen queres ti alumear?
Ao neno que xa naceu
Nesta noite de Nadal




Os de 5 anos tamén bailarán !  Last Christmas





domingo, 1 de diciembre de 2013

ROY CASAL EN BARRANTES

O mércores 26 de novembro Roy Casal e Silvia Ferre estiveron na escola amenizando unha tarde de outono que chegou chea de ledicia e sorrisos...e palmas, e din, dan!. Gracias por facer que a vosa música chegue por todos os sentidos. Ademáis o voso percorrido polo tempo a través da historia e das vosas composicións  permitiunos achegarnos un pouquiño máis á música a través dos vosos instrumentos. Gracias por chegar a nós.






SAÍDA AO RÍO PEGO


Os de 5º e 6º saímos ao río Pego a observar a calidade do mesmo: hidromorfolóxica, biolóxica, e fisicoquímica. Así analizamos o habitat, o bosque de ribeira, o caudal do río, a presencia de alteracións, a temperatura, a presencia de nitratos, o osíxeno disolto,...a presencia de macroinvertebrados, plantas acuáticas, as árbores, os anfibios ( ras), as especies invasoras,...estivemos moi motivados facendo esta actividade e o resultado foi que a calidade deste tramo que temos "adoptado" e boa. Agora mandaremos os datos ao proxecto ríos como xa fixemos o ano pasado. Estupendo! o fixestes xenial!