LETRAS GALEGAS 2013

lunes, 12 de marzo de 2012

8 de marzo- Día Internacional da Muller

Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
En Barrantes para celebralo, os de infantil miramos ó redor e buscamos as mulleres que nel traballan, e atopamos moitísimas: as mestras, as coidadoras de comedor, as mulleres da ANPA, as coidadoras de bus, a carteira, as cociñeiras, as limpadoras, a coidadora de ANEAE, a mamá entrenadora de fútbol, e as mamás que ademáis de selo, traballan...e lles tomamos fotos, e invitáronnos a ir á casa da cultura do concello de Tomiño e ademáis descubrimos que no traballo  podemos facer o mesmo que os homes, e eles o mesmo ca nós.

http://www.kizoa.es/diapositivas/d2408907kP169598889o2/8-de-marzo--da-internacional-da-muller-traballadorahttp://www.concellotomino.com/

domingo, 11 de marzo de 2012

Árboles y flores- cortos disney 1939


DE CASTIÑEIRO EN CASTIÑEIRO
O pasado 6 de marzo pola tarde as familias, nenos, e profes achegámonos a parcela de Cristelos que nos cedeu o Concello e fixemos os buratos para plantar castiñeiros  de produción de castaña. Equipados coas laias, rastrillos, ferramentas e as nosas mans cheas de ilusión puxémonos mans a obra, pero antes... a recoller o lixo que hai. Tivemos algunhas complicacións , porque atopamos moita pedra e tivemos que cambiar o plantexamento algunha vez. De tódolos xeitos a experiencia coas familias foi moi gratificante e sabemos que dende ahora en diante teremos que coidala moito para lograr que estas árbores medren cos nosos coidados. Esta parcela permitirá desenvolver moitas actividades da escola e fóra dela, á sombra da nosa sobreira.

O venres 9 de marzo, achegámonos cos nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º para plantar os castiñeiros e 2 acivros. con moita ilusión e ganas... primeiro a sombra da sobreira SITUAMOS A PARCELA NO MAPA, e despois falamos da especie que plantamos, das súas características, de xogos que se podían facer coas follas, os usos mediciñais, etc, e  antes de comenzar limos a PREGARIA DA ÁRBORE, para xa situados e emocionados comenzar a plantación, ...entre todos, con coidado, paseniño... con moito mimo, porque a coidaremos e respectaremos e vixiaremos de que as árbores crezan ben. E despois do traballo,...a merendar!, e a montar o cartel da plantación e as fotos, e que ben o fixemos, e...ata outro día castiñeiros de Barrantes en Cristelos.

OS DE INFANTIL PLANTAMOS O LIMOEIRO E O MANDARINO
 E non daba chegado o día...que si, que si que ata Filosofía propúxonos investigar a cor laranxa,...e o mandarino de que cor da os froitos?...vale, vale! de cor laranxa. Profe, profe,...imos plantar o limoeiro? É moi grande? Onde o poñemos? Pois a min un día, o limoeiro que teño na casa feriume nunha man cos pinchos...e doeume moitísimo- dixo Javi.
Claro mirade a árbore, imos poñer as gafas de exploradores para observala mellor. Mirades aquí,...que é isto? Pinchos , son pinchos...bueno pois temos que ter coidado cando andemos moi pretiño del! E observamos as súas follas, a súa olor, a textura e os seu froitos, os limóns, tocámolos, cheirámolos, son de cor amarelo, non laranxa como o mandarino. E a que sabe? Despois probamos e facemos unha limonada!
Ben, e agora a traballar. Primeiro os buratos un pouco grandes para que as raíces se estendan ben e agarren no chan...collemos pás, rastrillos, laia...e mans á obra. Profe, profe...xa está, podemos metelas árbores agora? A ver , a ver...VALE, adentro con elas. Enchemos de terra e tapámolas ben...EI, QUE CHOVE...a correr debaixo do cedro, preparados , listos, xa. E esperando a que pasara a chuvia vimos un sorriso no limoeiro e un guiño no ollo do mandarino...que cando escampe estarei aquí, e mañá tamén, e me coidaredes, e non os subiredes en min, e non arrincaredes as miñas follas, e disfrutaredes conmigo, e seredes os meus amigos...e a choiva foi alonxandose mentres o sol quentaba as nosas mans e facíamos as filas lembrando que un día máis en Barrantes a nosa pegada está marcada. Ata mañá limoeiro...ata mañá mandarino...ata mañá hortiña Barrantiña.

SEPRONA ESTIVO NO COLE

 E Jose ( garda civil do Seprona) chegou ao cole! Falounos de moitas cousiñas: en primeiro lugar do que era o Seprona, despois da prevención de incendios forestais, dos animais, do medio ambiente, da contaminación, das especies,...e fixemos xogos, e preguntamos dúbidas e charlamos, e lle entregamos un libro de todos nós co que pensabamos que facían no seu traballo. Pero sobre todo, sentimos a importancia de que estiveses aquí, ao noso carón, ensinándonos o que sabes, o que fas, o que atopas no teu traballo, facéndonos partícipes das túas cousas, e nós...escoitamos moi atentos, porque das túas palabras sae a nosa responsabilidade, o que debe ser o noso bo facer e...o noso compromiso. Gracias Jose por amosarnos que estás con nós.

http://www.kizoa.es/diapositivas/d2408501kP171243679o2/charla-seprona-29212