LETRAS GALEGAS 2013

viernes, 30 de enero de 2015

PAZ CIENCIA
CIENTÍFICOS POLA PAZ.
A PAZ TAMEN SE FALA EN GALEGO

Este ano a ciencia amosouse no Día da Paz.  A través de esta importantes descubrimentos e investigacións así como os propios pensamentos dos científicos foron decisivos na presenza ou non da paz no mundo. Entre eles Alfred Nobel, Marie Curie, Einstein,...

A paz se fala en galego...e as palabras de paz chegaron a escola para quedarse no noso mural da paz...ledicia, morriña, bicos, aloumiños, ... Os nenos e as nenas colocaron no mural as palabras despois de lelas e comentalas...fermosas palabras galegas de paz.

sábado, 24 de enero de 2015


Este xoves 22 de xaneiro fixemos a plantación de bulbos cos de 2º, 3º e 4º unindo o proxecto Voz Natura e o do concello de Tomiño cos viveiros da zona. Estes bulbos se exporán na mostra de cultivos en Goián na que participan tamén os outros centros escolares de Tomiño. Para elo  reutilizamos botellas grandes que trouxeron os nenos/as para facer unha aproximación aos cultivos hidropónicos.  Antes de nada Noemí presentou os bulbos e a actividade. Comenzamos quitando a pel ao bulbo e plantamos 3 na parte superior da botella; despois engadimos terra e a regar. Decidimos deixalas no invernadoiro para que estén máis protexidas e agora a coidalas para que esté moi bonitas para a exposición.







VOLEIBOL TOMIÑO- MÉRCORES 21/1/15







SAÍDA A ALCAMPO VIGO II- 20/1/15  Infantil

O pasado 20 de xaneiro estivemos en Alcampo. Inma levounos polos corredores onde estaban implantados distintos artículos e despois chegamos a carnicería onde observamos distintos tipos de carne, o envasado, e como o carniceiro cortaba a mesma coa sea luva máxica.
Despois estivemos no obradoiro de panadería ( pero antes tivemos que poñernos un gorro, mascarilla, protectores dos zapatos e bata...cando estivemos dentro ensináronnos como se fai o pan e a cadena de envasado do mesmo; tamén vimos como se fan as tartas e como as decoran.
Cando rematamos botamos o plástico nos contis de reciclado. Despois dirixímonos á pescadería para ver distintos tipos de peixes, mariscos, cefalópodos, e as diferencias entre o peixe branco do azul,... Inma sabe moitas cosas. Despois pasamos pola línea de caixas para pagar o que mercáramos os de 3, 4 e 5 anos. Alí, na caixa estaba Rosi que ensinounos que cando a luz está apagada non se pode pasar pola caixa e cando está encendida si. Gracias Rosi. Despois Inma agasallounos con unha merenda para cada un ( croissant e zume) e un xoguete. Gracias Inma pola túa dedicación e o teu saber facer.
Aprendemos moitísimas cousas e gustounos moitísimo a visita.





NIEVES CONTOUNOS COUSIÑAS DO CIRCO

Este mércores Nieves estivo con nós no cole contándonos cousiñas do circo, do que ela sabía do circo e o que lle contara a súa familia...de como se vivía, das profesións dentro do circo ( equilibristas, pallasos,...)de como se desprazaban e onde vivían ( caravanas), do pallaso listo e do pallaso non tan listo,...de como se fan as presentacións cando empeza o circo, da música... gracias Nieves porque aprendimos moitas cousiñas interesantes e pasamos un ratiño moi agradable.




domingo, 18 de enero de 2015




DEPORTE ESCOLAR

O colexio de Barrantes participou esta semana xunto co colexio de Goián ( 3º, 4º,5º, 6º) nas primeiras xornadas de deporte escolar que tiveron lugar no pavillón de Barrantes, en probas de volei, balonmán, baloncesto, badminton e fútbol. 
Comenzamos con moitísima ilusión e os premios máis grandes foron a participación e a diversión para ámbolos dous centros. Parabéns a tódol@s participantes.

martes, 6 de enero de 2015


Aqui queda unha mostra do festival que este ano estivo engalanado de luces na nosa decoración.
Para os peques de tres anos foi a súa primeira actución diante de público e os demais cursos fixérono xenial.  
Que o ano 2015 veña cheo de bos e momentos, saúde, sabiduría, traballo, felicidade, amor, xenerosidade, ... Chin, chin 2015

sábado, 3 de enero de 2015

O CIRCO DE NADAL

O pasado 17 de decembro estivemos no circo de Nadal en Vigo.