LETRAS GALEGAS 2013

domingo, 22 de febrero de 2015


EU SON ROSALÍA...
Para celebrar este día tan especial fixemos unha lectura compartida de poemas e entrega de rosais con poemas de Rosalía. Despois todos xuntos cantamos " Adios ríos, adios fontes..." e " Negra sombra"
Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema "Eu son Rosalía" e convidounos aos centros escolares, que se quixeren sumar, a realizaren actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada  persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicárnolo gravando en video unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para...

Dentro das propostas que imos a levar a cabo no cole o vindeiro martes, está que se recolle.



ENLACES DE INTERESE




FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO



XA CHEGARON AS MOCHILAS VIAXEIRAS !

lunes, 16 de febrero de 2015

E XA CHEGOU O ENTROIDO!

Este ano a luz e a ciencia invadiron o cole cos nosos disfraces. Os postres que trouxeron as familias para compartir coma sempre exquisitos. Moitísimas gracias ! E iso que a chuvia non nos deixou celebralo fóra e fixemos o desfile no pavillón. O meco tamén se salvou alomenos de momento.
BO ENTROIDO A TODOS E TODAS!!


PLANTACIÓN DE SEMENTES 5º E 6º
Este mes de febreiro fixemos cos maiores da escola a plantación de semilleros de pepino, tomate, leituga, pementos, calabacín, etc e os deixamos no invernadoiro para que estén máis protexidos da chuvia e o frío.  Na horta barrantiña fixemos a plantación de cebolas. Rematamos a plantación de bulbos pero en maceta con terra para así poder comparar cos que plantamos hidropónicos.

OBRADOIRO DOS SENTIDOS COS PRODUCTOS DA HORTA - 
O pequeno Nicolás eo seu nariz singular.

Os nenos e nenas de infantil fixemos un obradoiro de Voz Natura, no que a través do conto do pequeno Nicolás do que todos  se burlaban polo nariz tan grande que tiña, tomamos conciencia da importancia do sentido do olfato e recapacitamos sobre as capacidades das persoas invidentes, reflexionamos sobre a importancia dos sentidos e xogamos a recoñecer polo tacto, polo olfato, pola vista productos da horta e as súas características. Sabemos diferenciar polo olfato? Cheira ben ou mal para ti?  Adiviña quen son polo tacto? Aprendemos vocabulario novo e moitas máis cousiñas...