LETRAS GALEGAS 2013

domingo, 19 de febrero de 2012

E queimamos o meco...
polas gripes que trouxo, por non ter unha hora máis de recreo, por...

Os disfraces
Este ano decidimos no cole ir de " Os proxectos do cole" o que estamos a desenvolver, así que os de 3º ciclo foron de Voz Natura ( representaban as árbores, os insectos, o lixo dos bosques...); os de 2º ciclo de Cooperarte ( representaban a creación dunha película de pitufos, desde que se escribe ata que se representa); os de 1º ciclo de Irradio Lingua ( disfrazados de Cunqueiro e personaxes galegos, e os de infantil de Cooperarte tamén ( Cada neno/a fixeron coa colaboración das familias un cuadro no seu disfraz; íamos de obras de arte en si mesmas).


É tempo de filloas!-A degustación gastronómica


Como todos os anos , as familias participan coa degustación gastronómica; cada familia fai un postre típico do entroido e todos xuntos comemos e o pasamos moi ben...moitas gracias a todos por colaborar e poder disfrutar de vós!.


Xa chega o entroido
Estes días andivemos a voltas coas ordes do Meco, que si un día vestidos de mandilóns, que si outro de lazos, que pintadas nalgunha pARTE, que algo na cabeza...este Meco Pandereco gústalle moito xogar...non sei, non sei ...seica pensa que non o imos queimar.

lunes, 13 de febrero de 2012

XA CHEGOU FILOSOFÍA A ENSINARNOS A PENSAR

Filosofia chegou así, sen saber, sen pensar,...chegou por sorpresa como chegan as cousiñas que nos emocionan...como caida do ceo...coa súa carta de presentación. Que si, que si, que a demáis a chamaron do COI para buscar Barralímpicos da Paz...que si queremos participar? Pois claro que si...e iniciamos o proxecto dos Barralímpicos, e xogamos as Xabarinas de pertas, aos relevos de mimos, as canastas de piropos, ...e fixemos o percorrido dende Gracia ata Londres coa antorcha, e creamos entre todos os de infantil a mascota, e descubrimos moitas cousas da cidade de Londres...London que dice a teacher...e descubrimos os aros olímpicos e os continentes, e as bandeiras, e as mascotas oficiais e mesmo miramos a peli de presentación das mesmas, e cantamos o noso himno, que é moi conocido por todos...Nossa, nossa asi vose me mata.... Cos pictos descubrimos moitos deportes, e clasificamos os deportes que se fan en equipo, dos que se xoga  ou compite individualmente, e a importancia dos valores olímpicos que tamén son de Paz, do xogo limpo, de cooperar, de respecto, de axuda...as medallas, os trofeos, o podium...e descubrimos o ben que o pasamos xuntos, o que nos axudamos, o que compartimos e creamos, e sobre todo...canto rimos e disfrutamos todos xuntos!!

jueves, 9 de febrero de 2012

Bicos e sorrisos para Anita

E que estos días nos falta algo no cole...o sorriso agochadiño, as palabras silandeiras, os contos de autobús, o descanso de té, e uns raiños de sol...Botámoste de menos Ana!
Queremos mandarte moitos bicos de sabores neste tempo de filloas e entroido e regalarte sorrisos sinceiros de que...o autobús sen ti non é o mesmo!