LETRAS GALEGAS 2013

domingo, 17 de junio de 2012


COOPERARTE 2012

E por fin xa chegou o día...moitos nervios e moita ilusión! Juan María, Príncipe Felipe e Barrantes celebramos o             I Encontro Cooperarte,  un proxecto de cooperativismo enfocado hacia a arte, de aí  o seu nome.
Os tres centros traballamos durante este curso escolar a arte nas distintas perspectivas co obxectivo de promover a través da arte a cooperación e adquisición de competencias sociais impulsando o traballo cooperativo para lograr un fin común e fomentar o espíritu solidario. Recreamos un museo co realizado durante o curso, con talleres diversos como cerámica feita por Leandro de Goian, pintura presentada por Antía Sánchez, cesteiros e teares amenizados por familias de Barrantes. Tivemos o visitando dunha presentación da ONG Lusekelo a ondee irán destinados os preto de cincocentos euros obtidos na subasta de arte feita entre as familias. Tamén fixemos unha obra conjunta entre tod@s que representa a  tres bolboretas ( os tres centros) voando sobre África.
E como clausura do evento, tivemos o espectáculo de maxia do Rei Midas e  asistiron a alcaldesa de Tomiño, a concelleira de educación, o anterior concelleiro de educación, e o presidente da comunidade de montes. Pola tarde fixemos a subasta entre as familias e foi todo un éxito, na que se recadaron perto dos cincocentos euros que están destinados a financiar un proyecto en Zambia a través da organización Lusekelo.Miles de gracias a tod@s pola vosa participación e moito ánimo para o ano que ven que seguiremos co proxecto.





TURONIA 2012


Os días 7 e 8 de xuño de 2012 estivemos de Turonia...vaia que si, que o pasamos estupendamente e aprendemos moitas cousiñas, e sobre todo compartimos, xogamos, bailamos, sentimos, e colaboramos para facer desta andaina por terras de Tomiño dous días inesquecibles. E alí estaban Tebra, Barrantes e Pedro Caselles,  con  68 nenos e nenas,e os mestr@s.
Comezamos a andaina  no monte Tetón, cara aos petroglifos  onde Xosé Lois Vilar fixonos chegar o seu bo facer e saber sobre a importancia do patrimonio e as súas características. Como a choiva fixo acto de presenza sen desculpas pola intromisión, decidimos que abandonar este prezado lugar, era o mellor dadas as circunstancias e optamos por seguir o camiño. Gracias Xosé Lois polos fortes agarimos con que nos agasallas a través das túas sabias palabras.
Percorrendo o camiño, a través da ladeira atopamonos cos viñedos do Val e fixemos actividades de medicción do vento e orientación. Despois debaixo dun plástico xigante proxeguimos a andaina sen mollarnos como se dun verme se tratase e proseguimos ata chegar a San Salvador. Que sorte que puidemos achegarnos ata o Castro onde visualizamos a paisaxe e Alfonso contounos moitas cousiñas dos castros. Pero que ven a choiva outra vez! Ala... imos cara a igrexa! Tivemos que cruzar o val cando chegamos á estrada principal e cara a Vilameán para xantar. Despois de xantar, visitamos os muiños do porto, onde con moita paciencia ensináronnos o seu funcionamento e as partes principais. Case que escalando os muiños, chegamos a parte máis alta onde se acolle a " Lenda da Moura" que conta que:

Hai moito tempo unha moura subiu ata alí arriba con unha pedra enorme na cabeza. Pousona enriba dun tesouro que está alí agochado esperando a que alguén o  levante. Pero as cousas non son tan fáciles, porque para facelo deberán ir 7 curas con 7 cans para poder sacalo e non semella nada doado. 
Despois seguimos a ruta ata Barrantes, onde ceamos e durmimos, non sin antes un pouquiño de baile e percusión...e agora a durmir!...xa, xa! o que costou pechar os olliños!
Á mañá seguinte erguémonos con moitas ganas de continuar e depois duns ricos cereais, froita, e rosca de Tomiño, enfiamos cara a Vilachan percorrendo o val do Pego; despois a Estás e Figueiró onde comemos para coller forzas para as piragüas no embarcadoiro cos " Teixugos", na base da fortaleza de San Lourenzo.
Que ben o pasamos!   Ata o ano que ven...Arriba Turonia!!!!


  
SEMANA SOLAR 2012