FESTA FIN DE CURSO E GRADUACIÓN 5 ANOS E 6º E.P
O pasado 20 de xuño celebramos coas familias a festa de fin de curso coa graduación de infantil de 5 anos e 6º de Primaria. Desexamos que pasedes un bo verán.
Aos que se quedan, voltamos en setembro e aos que se van que o que vén esté cheo sempre de boas cousas e bos momentos. Ata sempre.
lunes, 23 de junio de 2014
domingo, 22 de junio de 2014
SAÍDA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE DE CAMPOLAMEIRO
O pasado 17 de xuño estivemos no PAAR de Campolameiro, finalizando xa o proxecto de Un brinco no tempo que desenvolvemos durante o curso. Alí nos acercamos a moitas actividades relacionadas coa prehistoria e en especial coa Arte Rupestre. Pasámolo moi ben e aprendimos moitísimas cousas.
sábado, 14 de junio de 2014
O CEIP de Tebra,o CEIP Pintor Antonio Fernández, de Goián, o CEP Pedro Caselles Beltrán, de Tomiño, o CEIP de Sobrada e o CEIP de Barrantes, uniranse nos niveis de 6º (uns 120 escolares) para celebrar a catorce edición do Proxecto Turonia, dende o xoves 12 de xuño ata o venres 13, durmindo no ximnasio do colexio Pedro Caselles.
Esta actividade escolar, xa consolidada, mantén o seu interese entre o alumnado ano a ano, pola súa singularidade, xa que ademais de permitir coñecer o patrimonio, constitúe unha oportunidade de convivir e compartir cos compañeiros. Este ano o alumnado realizará un percorrido dende Chan do Cereixo (perto de Pinzás) ata o embarcadoiro de Goián; ruta que lle permitirá realizar distintas actividades e afondar no coñecemento do entorno. Os principais temas a tratar serán a arqueoloxía, a arquitectura medieval, a botánica, a zooloxía e o deporte.
Paralelamente, os demais cursos dos cinco coles farán "O Peque Turonia": unha serie de pequenas andainas polo entorno próximo.
Os colexios Pedro Caselles, Goián e Tebra van facer a ruta do río por Goián. O CEIP de Barrantes, irá ata Vilachán, para lembrar a existencia do antigo Concello nesa parroquia ata 1816; seguindo polo Xibao ata o Pazo e Muíños do Brosque dos anos 1695,1747 e 1832, e finalizará na Escola Indiana da Aurora del Porvenir.
Os de infantil tamén fixemos o peque turonia e chegamos ao río Pego, Observamos de camiño as árbores como o piñeiro e o carballo. Tamén detivémonos na observación de plantas tóxicas como a tintureira, cicuta e dedalera. Observamos os insectos que atopamos no río como os zapateros e unha ra. Finalmente tomamos a rosca que nos regalou a ANPA con zume e de volta para o cole. Moi ben peques de infantil. sodes uns auténticos preturónicos.

Os coordinadores de Turonia resaltan a colaboración das comunidades de montes das distintas parroquias, que achegaron subvencións económicas para poder agasallar aos rapaces e rapazas con camisetas e gorras conmemorativas, e do Concello de Tomiño, que aporta os autobuses para os desprazamentos e o transporte do material ata o centro base no Pedro Caselles. Tamén da Asociación Cultural de Tebra, das Anpas dos centros e da comunidade educativa en xeral.
Máis información e fotos deste e doutros anos:
PROGRAMA TURONIA 2014:
CEP Pedro Caselles Beltrán - CEIP de Barrantes - CEIP de Tebra - CEIP de Sobrada-CEIP Pintor A. Fernández
No presente curso escolar celebramos a 14 edición de Turonia, unha actividade escolar que xa está consolidada no Concello, e que mantén o seu interese entre o noso alumnado ano a ano, polo que supón de diferente sobre o traballo escolar habitual.
Realizaremos un percorrido que irá dende a Chan do Cereixo (perto de Pinzás) ata o embarcadoiro de Goián, percorrido que nos permitirá poñer en marcha diversidade de actividades e afondar en distintos aspectos do coñecemento do noso contorno.
Temas a tratar: Arqueoloxía. Arquitectura medieval. Botánica, zooloxía... e Educación Física
Somos cinco centros: Tebra, Barrantes, Sobrada, Goián e Pedro Caselles, que realizaremos a actividade conxuntamente.
Programa:
Participantes: Os alumnos e alumnas de 6º curso dos cinco centros educativos. Completarán un número aproximado de 120 alumnos e alumnas.

Datas: 12 e 13 de xuño
Plan:
Día 12
Plan:
Día 12
8:45 horas Concentración no CEP Pedro Caselles Beltrán.
Transporte en autocar ata a Chan do Cereixo (Gondomar).
Visita ao lugar da escavación arqueolóxica e nacentes do río Cereixo.
Marcha polo monte cara o monte Tetón, en tebra.
Visita ao lugar dos petroglifos.
Marcha cara Santa María de Tebra, ata o colexio.
Comida en Tebra, no centro cultural de Santa María.
Marcha cara Tomiño, pasando por Vilameán, Hospital, Barro.
Chegada ao colexio Pedro Caselles
Instalación no pavillón, aseo, organización, cea, e actividades.
O grupo pasará a noite no ximnasio do colexio.

Día 13
8:00 horas Levantamos o "campamento", almorzamos e saímos cara Estás pasando por Vilachán.
En Estás continuaremos cara o forte Santiago Carrillo, lugar que visitaremos.
Seguiremos camiño a Figueiró, ata o recinto de San Campio, onde comeremos.
Pola tarde transporte por grupos a Goián, para visitar a exposición do Pintor A. Fernández, e logo camiñata ata o río.
Actividade de piragüismo no río, coa colaboración de Os Teixugos para tal fin.
Recollida dos pais nese lugar, logo da actividade. (a partir das 18:00 horas)

Enfoque educativo Esta actividade, durante as dúas xornada que se celebra, está formulada baixo un punto de vista educativo, e durante os diferentes momentos, terán oportunidade de adquirir novos coñecementos, poñer en práctica habilidades, etc. Todo isto apoiado nuns cadernos de campo que levarán os alumnos, así como diverso material de medición (compás, metro, etc).
Os aspectos do coñecemento que se abordarán son:
Arqueoloxía, Botánica, Zooloxía, Historia, Arte románico, tradicións, e por suposto, actividade física.
domingo, 1 de junio de 2014
O colexio de
Barrantes participa dende hai tres anos no proxecto Cooperarte, un proxecto
intercentros cos colexios de Principe Felipe en Pontevedra e Juan María de
Nigrán.
O primeiro ano
exploramos a arte nas súas diferentes manifestacións e expresións; o segundo
ano centramos o proxecto na arte galega e este ano o tema principal do proxecto
é a arte local ( Lo Local), no que a través da arte na prehistoria e as
nosas manifestacións cercanas a través dos museos ao aire libre que temos no
contorno- como as estacións de arte rupestre do monte Tetón ( Tomiño ), Outeiro
dos Lameiros ( Baiona), e Agua da Laxe ( Gondomar- Serra do Galiñeiro), e
moitas máis así como as mámoas tan presentes na nosa paisaxe- facemos un brinco
no tempo para achegarnos as distintas formas de expresión artística na zona de
Tomiño. Así, dende a pintura rupestre
nas covas achegamosnos á pintura local
da man de Mario Fernández. A construción megalítica do Neolítico atopa o seu
salto no tempo da man de Nando Álvarez, Xuxo Vázquez e Carlos Fernández, así
como a cerámica con Sonia Maestu e Miguel Santamaría. A idade dos metais
atópámola na arte local con Cuqui Piñeiro, e os petróglifos na representación
de todos os artistas implicados no proxecto.
A colaboración que
amosaron os artistas mencionados non ten palabras, xa que o alumnado investigou
sobre eles e nos seus talleres achegáronse á arte dende as súas mans, as súas
creacións, o seu ben facer pedagóxico e a súa empatía con todo o alumnado. Esto
non sería posible sen a súa disposición a transmitir e dende a escola
entendemos que poñer en valor a arte, como calqueira outra disciplina, pasa por
coñecer, transmitir, dignificar o traballo realizado e fomentar o valor do
respecto para chegar a súa interiorización.
O vindeiro día 30 de
maio terá lugar a III Xuntanza Cooperarte en Tomiño, no que xunto cos artistas
de Tomiño e Pontevedra participaremos da creación de dúas obras de arte pública
entre todos os centros participantes. Esto, non sería posible sen a
colaboración de toda a comunidade educativa, agradecendo tamén de forma
especial o interese e apoio amosado por parte do concello para que esto sexa
posible.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)