domingo, 16 de octubre de 2011
jueves, 13 de octubre de 2011
As nosas bruxas
Como está moi preto a celebración do Samaín xa empezamos a facer algunha cousiña.
Esperamos que vos guste o resultado ¡¡¡¡
martes, 11 de octubre de 2011
Corre Corre Cabaciña da editorial OQO
Os nenos de 5 anos, estamos traballando este conto en Inglés coa mestra Alba, tamén o traballaremos en Galego coa nosa titora.
Corre corre cabaciña
View more presentations from charolansvilas
Arcimboldo
Hoxe estivemos traballando a Arcimboldo. Coñecedes a súas composicións? Pois os nenos de 5 anos estivemos traballando estas dúas obras:




Despois de observar as obras e analizar os elementos que as integran decidimos facer as nosas propias composicións tendo en conta o método de traballo deste artista. Estas foron alguns dos nosos traballos.
Os nosos cogumelos
Coa axuda da nosa titora, corchos das botellas, plastilina e con lentellas fixemos estes cogumelos.
Quedaron moi bonitos¡¡¡ pero coidado¡¡¡ son venenososssssss¡¡¡
O outono
Os nenos da clase de 5 anos xa empezamos a traballar o Outono, ainda que este ano estase a retrasar un pouqiño¡¡¡ Estes son algúns dos traballos que fixemos e cos cales disfrutamos moitisimo.
Coas follas secas do outono fixemos estes divertidos Papás Outono¡¡¡
Tamén pintamos coas cores propias do Outono: o amarelo, o marrón, o laranxa e o verde. Este foi o resultado.
Ademáis, tamén fixemos as nosas primeiras obras de arte con elementos do entorno. Pintamos pedras de distintos tamaños empregando distintas cores e con elas fixemos a nosa primeria composición de elementos naturais. Este foi o proceso.
lunes, 22 de agosto de 2011
CHEGA O OUTONO
BENVIDA AOS NOVOS E AOS VELLOS DE INFANTIL
No cole de Barrantes estamos moi contentos, porque este ano veñen as novas bolboretiñas de 3 anos, para compartir con nós moitos momentos fermosos e estupendos….e estamos desexando que cheguen, aínda que o farán pouquiño a pouco, e nós imos estar aí para axudalos/as e querelos/as moitísimo. Chámanse Nayara, Yago, Laura, Natalia, Ana María, Adán, Alejandro, Malena, e Anxo. Están para comelos!
Aos de 4 e 5 anos tamén temos moiísimas ganas de veros e volver xogar, rir e compartir e traballar xuntos. Xa queda pouquiño!
E para Yara, Fran, Sabela, Iria, Noé, Elena, Diego e Martín que este ano xa están en primeiro desexarvos o mellor na vosa nova andaina. Seguiremos a compartir moitísimos momentos e sorrisos. Quérovos moito!
E para empezar uns contiños :
De que cor son os bicos mamá?
Adivina cuanto te quiero
E para empezar uns contiños :
De que cor son os bicos mamá?
Adivina cuanto te quiero
lunes, 18 de julio de 2011
BLOGS DE AULA
Na cartelera de blogs recomendados, non esquezades o da profe Ana tamén " Con ganas de aprender"; o enderezo é o seguinte : http://anfe-conganasdeaprender.blogspot.com/
Graduación 5 anos- curso 2010-2011
Na cartelera de blogs recomendados, non esquezades o da profe Ana tamén " Con ganas de aprender"; o enderezo é o seguinte : http://anfe-conganasdeaprender.blogspot.com/
Graduación 5 anos- curso 2010-2011
QUE ANO TAN FANTÁSTICO!
ÁS VOSAS MIRADAS E AOS VOSOS SORRISOS DEBO ESTE ANO A MIÑA FELICIDADE.
QUE VOS QUERO É POUCO. LEVO TANTO CARIÑO VOSO DENTRO DE MÍN QUE NON SEI QUE ABRAZO DAROS PARA DICIRVOS O MOITO QUE VOS QUERO.
PERO ESTOU CONTENTA PORQUE SE A VIDA MO PERMITE VEREIVOS CRECER E PODEREI COMPARTIR CON VÓS AÍNDA MOITOS MOMENTOS ESTUPENDOS AO VOSO LADO.
DESEXO QUE SEXADES PERSOAS NOBLES E DE BO SENTIR E QUE A VIDA VOS SEXA DULCE E NOS PERMITA DISFRUTAR DE VÓS E DO VOSO BO FACER.
QUERO QUE SAIBADES QUE HOXE E SEMPRE ESTAREDES NO RECUNCHO DO MEU CORAZÓN, QUE SE FIXO MÁIS GRANDE CON VÓS.
e agora...a bailar! Danza Kuduruuuuuuu! Una mano arriba, cintura sola...5 anos e 6º! sodes fantásticos, abofé que si...sobran as palabras...
TURONIA INFANTIL 2011
E chegou o día...e alí estabamos os de infantil dispostos a ir ao muiño do señor Antonio. El estaba a agardar por nós para explicarnos as partes do muiño e o funcionamento do mesmo. Descubrimos o millo, que nos ensinou Begoña, debullámolo e observamos que o millo das palomitas é máis pequeno que o millo que se emprega para facer o pan. En grupiños pequenos visitamos o muiño...Guau!, as telas de araña están brancas pola fariña. Cando rematamos, as nais da ANPA trouxeron unha rosca para merendar...pero que vai chover, que o digo eu!- dicía Bego. _ Cando as nubes veñen por Pinzás ou a Guardia é que chove seguro, segurísimo.... !
_Non hai chuvia que se resista ao sol solecito...e veña a cantar,...e cantamos caliéntame un poquito e todo arranxado!...Ai, ai, que parece que vai chover! Clin, Clin, Clin, ...que chove!
_ Claro, as nubes viñan de Pinzas, xa o dicía eu...
Cando chegamos ao cole, Patricia a nai de Noé fíxonos un pan de millo e amosounos a forma de facelo, os ingredentes, e como xa tiña un cocido, probámolo...riquísimo!
E chegou o día...e alí estabamos os de infantil dispostos a ir ao muiño do señor Antonio. El estaba a agardar por nós para explicarnos as partes do muiño e o funcionamento do mesmo. Descubrimos o millo, que nos ensinou Begoña, debullámolo e observamos que o millo das palomitas é máis pequeno que o millo que se emprega para facer o pan. En grupiños pequenos visitamos o muiño...Guau!, as telas de araña están brancas pola fariña. Cando rematamos, as nais da ANPA trouxeron unha rosca para merendar...pero que vai chover, que o digo eu!- dicía Bego. _ Cando as nubes veñen por Pinzás ou a Guardia é que chove seguro, segurísimo.... !
_Non hai chuvia que se resista ao sol solecito...e veña a cantar,...e cantamos caliéntame un poquito e todo arranxado!...Ai, ai, que parece que vai chover! Clin, Clin, Clin, ...que chove!
_ Claro, as nubes viñan de Pinzas, xa o dicía eu...
Cando chegamos ao cole, Patricia a nai de Noé fíxonos un pan de millo e amosounos a forma de facelo, os ingredentes, e como xa tiña un cocido, probámolo...riquísimo!
O MUIÑO-1. Os muíños de auga ou de río funcionan gracias ó aproveitamento da forza da auga. Para que a auga poida move-la roda do muíño, necesítase que a auga chegue cunha certa velocidade. Con esta finalidade, existen dous tipos de canalizacións da auga:
a) Mediante unha pequena canle que desvíe a auga do río ata o interior do muíño.
b) Mediante a construcción dunha pequena presa que permita acumula-la auga e soltala cando interese, para que saia con maior forza.
2. Os muíños de auga utilizábanse, xeralmente, para moer grans de millo, trigo e centeo.
De forma que, en función de cada especie, construían muíños diferentes. Pois os grans de millo son máis duros que os de trigo e centeo e necesítase unha pedra ou “moa” máis grosa para tritura-los grans e obte-la fariña. Desta forma existen diferentes muíños de auga:
a) Muíños de millo, como o visitado en Sanín.
b) Muíños de trigo
c) Muínos de centeo
Estes muíños empregábanse para obter fariña para consumo humano (facer pan, empanadas, etc.) ou para alimenta-los animais. Diferenciando tamén fariña de millo, de trigo e de centeo. Coa fariña de trigo elabórase o pan que normalmente atopamos nas panaderías, coa de centeo elabórase un pan máis escuro e coa de millo o pan ten unha cor máis amarela.b) Mediante a construcción dunha pequena presa que permita acumula-la auga e soltala cando interese, para que saia con maior forza.
2. Os muíños de auga utilizábanse, xeralmente, para moer grans de millo, trigo e centeo.
De forma que, en función de cada especie, construían muíños diferentes. Pois os grans de millo son máis duros que os de trigo e centeo e necesítase unha pedra ou “moa” máis grosa para tritura-los grans e obte-la fariña. Desta forma existen diferentes muíños de auga:
a) Muíños de millo, como o visitado en Sanín.
b) Muíños de trigo
c) Muínos de centeo
3. No interior do muíño, cada compoñente ten o seu nome e funcionalidade. De forma esquemática falaremos de cada unha das partes dun muíño de auga que, dependendo da rexión xeográfica na que se encontren varían de nome:
- Cando chegamos á porta do muíño, atopamos unha pedra saínte chamada ”repousadoiro” ou “pousadorio”(Número 9 no debuxo do muíño), utilizado para apoia-lo saco cos grans de millo, trigo e centeo mentres abrimos a porta do muíño.
- Dentro do muíño atopámo-las diferentes partes do mecanismo que aplasta e tritura os grans para obte-la rans de millo. Este caixón chámase moega”.(Número 4).
b) Da moega, os grans pasan por un caixón máis pequeno antes de caer no interior da pedra de moer. Este pequeno caixón chámase “quenlla”. (Número 5).
c) Da quenlla, sae unha pequena peza de madeira que está en contacto coa pedra de moer. Esta peza chámase ”traque”, (Número 6) pois cando se move a roda emite un son que parece dicir traque, traque, traque, que axita a quenlla e permite que os grans vaian caendo ó centro da pedra de moer, coñecido como o”ollo da moa”.
d) A pedra de moer (Número 7), coñecida como ”moa”, móvese gracias á forza de auga e ó mecanismo que está na parte inferior do muíño, coñecido como”inferno”. Cando a roda xira, vai triturando os grans de millo contra a pedra que ten debaixo, chamada ”pé da moa”. (Número 15)
Entre as dúas pedras existe unha pequena separación, que pode aumentar ou diminuír segundo queiramos que a fariña teña máis ou menos grosor. Para controlar esta separación utilízase unha pequena peza chamada”aliviadoiro”, (Número 12) que “alivia” a presión entre as dúas pedras e permite que a “moa” triture máis os grans.
A fariña vai caendo polo lado exterior da pedra. A fariña que se recolle era para consumo humano e a que caía ó chan utilizábase para alimenta-los animais. Entre as dúas pedras, sempre quedan restos de fariña moi triturada e de moi boa calidade. Esta fariña tan boa coñécese co nome de ”óleo” .
Cando a moa está triturando os grans de millo, despréndense finas partículas de fariña que ensucian o muíño e ás persoas que están dentro. Estas partículas de fariña coñécense co nome de ”foula”.
- A parte inferior do muíño, coñecida como “inferno”, é a encargada de move-la moa gracias á forza da auga que chega pola "canle". (Número 18). Nesta canle existe o denominado ”torna-augas”, (Número 33) que permite que pase ou non a auga á parte inferior do muíño:
a) A auga chega con moita velocidade e golpea contra a roda do muíño, coñecida como “rodicio”. (Número 25”). Antigamente o rodicio era de madeira, pero foron substituídos polos de ferro anos despois.
b) O “rodicio” está en contacto coa “moa” gracias a un ferro que sube dende o “inferno” ata o interior do muíño. Este ferro, que permite que xire a “moa” cando xira o “rodicio”, chámase ”vara”. (Número 27).

EXCURSIÓN AO PARQUE NATURAL
DO MONTE ALOIA
Estivemos no Parque Natural do Monte Aloia, e alí aprendemos o que é un parque Natural (http://es.wikipedia.org/wiki/Parque_natural) e que en Galicia temos 7, se consideramos como parque natural que as Illas Atlánticas, ainda que está considerado como Parque Nacional. Así temos, ademáis do anterior, o Parque Natural de Corrubedo, Parque Natural de monte Aloia,Parque Natural de O Invernadeiro, Parque Natural de Fragas de Eume, Parque Natural de Baixa Limia- serra do Xurés,Parque Natural de Serra da Enciña da Lastra, Parque Natural de Complejo Dunar de Corrubedo.
Aprendemos moitisimas cousas entre elas as normas para estar nun Parque Natural..., fixemos unha árbore cos materiais que atopamos no chan...tamén atopamos plásticos e lixo que non debería estar alí...pero shhhh, fala baixiño, que se non asustamos aos animais! descubrimos moitas árbores, os piñeiros, os castiñeiros, os carballos, os acivros, as sobreiras,...Fixemos un percorrido polo parque e descubrimos a Pintega Rabilonga (en el año 2005 tuvieron grandes problemas en las traídas de aguas de Estás- Tomiño, por la presencia de coliformes, y se solucionó con un proceso de saneamiento de manantiales, desinfectando y utilizando a la píntega rabilonga, que desaparece cuando el manantial está contaminado".
"Salamandra rabilonga" Chioglossa lusitanica. (Salamántiga galega, Píntega rabilonga, Saramaganta, Pinchorra rabilonga. Salamandra dourada)
Descubrieron este anfibio durante las inundaciones del año 2006. "Nos dimos cuenta de que nos avisaba del riesgo de inundaciones y de que es un auténtico barómetro de pluviometría y de temperatura", asegura. Cuando la píntega advierte el riesgo de inundación se escapa a zonas en las que no hay peligro. Vive en el exterior y busca grutas para su puesta de huevos en lugares seguros. "Elige siempre el mismo sitio", comenta.) Para saber máis dela pincha aquí http://www.rios-galegos.com/anf10.htm .Cando iamos merendar, comenzou a chover un pouquiño e voltamos ao autobus, pero en canto escampou...abaixo...preparados para a andaina.
A PITA PERDIDA
Este conto naceu da colaboración das familias e os nenos/as...foi un traballo fantástico. Gracias por animar aos nosos peques a ler e escribir...
Excursión a Grixó- 14 de maio de 2011
A verdade é que foi un día fantástico; entre os contos do camiño, a búsqueda do tesouro dos trasnos, os barcos de cortiza, o paso do río, a chegada á capela, os xogos, os trasnos, os contos baixo a cabana, a comida, os bailes...e moito máis, logramos facer deste sábado un día gratamente compartido e moi divertido.
A verdade é que foi un día fantástico; entre os contos do camiño, a búsqueda do tesouro dos trasnos, os barcos de cortiza, o paso do río, a chegada á capela, os xogos, os trasnos, os contos baixo a cabana, a comida, os bailes...e moito máis, logramos facer deste sábado un día gratamente compartido e moi divertido.
lunes, 6 de junio de 2011
ESTIVEMOS EN CAIXANOVA NA OBRA GUYI- GUYI
O luns 23 de maio estivemos na representación da obra Guyi-Guyi, sobre un crocodilo diferente. Unha obra moi emotiva que gustounos tanto que decidimos facer un proxecto sobre os crocodilos. Despois estivemos comendo no Parque de Castrelos. Pasámolo estupendamente.
miércoles, 25 de mayo de 2011
Chegaron pato e a oca a infantil
Esta mañá Tania troúxonos un agasallo moi especial. un patiño e unha oca que acaban de nacer e por riba teñen o mesmo tempo; curioso porque non teñen o mesmo tamaño, descubrimos que os dous teñen plumas, e teñen dentes? o pato non, a oca si. Tania falounos da diferencia de tamaño dos ovos e do que comían; observamos as patas, a forma do pico, a súa morfoloxía,...os nenos e nenas de infantil estaban moi ilusionados e despois de visitar tódalas clases decidimos sair a xogar con eles fóra no patio. Que ben o pasamos!
martes, 17 de mayo de 2011
SEMANA SOLAR EUROPEA 2011
Do 24 ao 29 de abril celebramos no cole de Barrantes a Semana Solar Europea. Coincidiunos moi ben, con moito sol e uns días espléndidos. Desenvolvemos moitas actividades coa participación de todos os niveis de infantil e primaria. Gracias a Javier e Montse por axudarnos a descubrir moitísimas cousiñas sobre a enerxía solar e por xogar e aprender con nós.
Esto foi o que fixemos:
Do 24 ao 29 de abril celebramos no cole de Barrantes a Semana Solar Europea. Coincidiunos moi ben, con moito sol e uns días espléndidos. Desenvolvemos moitas actividades coa participación de todos os niveis de infantil e primaria. Gracias a Javier e Montse por axudarnos a descubrir moitísimas cousiñas sobre a enerxía solar e por xogar e aprender con nós.
Esto foi o que fixemos:
- CONSTRUCCIÓN DE FORNOS SOLARES.
- OBRADOIROS FOTOSALTÓNS,- con placas solares e distintos motivos para decoración.
- XOGANDO COA ENERXÍA SOLAR.
- COCIÑANDO CO SOL- Fixemos unha chocolatada e cada aula preparou unha receita para cada forno.
- PASTEURIZACIÓN E DESTILACIÓN SOLAR.
- CHARLA SOBRE A ENERXÍA SOLAR
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
