LETRAS GALEGAS 2013

domingo, 4 de mayo de 2014

MARATÓN DE CONTOS

O pasado 30 de abril chegou a Barrantes o Maratón de Contos e os Contos de Noite para quen escoite. O Maratón de contos celebrouse durante toda a xornada escolar e os contos de noite dende as 21:00 ata ás 12:00 da noite.
Os contos, as historias, os monicreques, as representacións, e Filosofía inundaron a nosa biblioteca enchéndoa de sorrisos e bos momentos. A ilusión por contar, por escoitar estaba entre nós... que nunca se vaia! Gracias aos nosos peques que son os máis grandes, ás nosas familias, aos mestres, a Filosofía, e a todos os que dende o bo facer e sentir encenden a chispa da ilusión ...



domingo, 27 de abril de 2014


Este ano a nosa proposta foi crear un mercadillo de libros e contos para os cativos e cativas do cole. 
Primaria mercou o seu libro entregando unha poesía, rima, texto,... e os peques de infantil fixeron marcapáxinas para mercar os contiños. As cariñas de ilusión eran de foto...
- para min, para sempre?
- que si, que si. 
E non teño que devolvelo ?
- que no , que no.
- Podemos lelo agora?
- que si, que si.

Bicos de fantasía, de palabras, de ilusións...aí onde medran os soños e a fantasía.

E o vindeiro 30 de abril teremos o Maratón de Contos durante toda a xornada escolar e pola noite
" Contos de Noite para quen escoite" onde participarán os peques, familias, mestres,... Animádevos a contar !...seguro  imos ter unha sorpresa tamén ese día pero de momento non podemos dicir nada...eso si, ten moito que ver coas personaxes máxicas da nosa biblioteca.
Canción de Migallas- Imaxínate ( animación á lectura)

lunes, 7 de abril de 2014




Este venres, o caldiño quente con pan de pita chegou á escola da man de Tania. Recollemos no invernadoiro os fermosisimos repolos e aprendemos a facer o caldo como alimento importante na nosa cultura. Aprendemos a facer o pan co fermento, fariña, sal, zucre, auga temperada e con boa man amasando fixemos pans na tixola, sen empregar o forno. Falamos de como no Neolítico se asentan as poboacións  gracias á agricultura e gandería e a importancia na mesma no cambio evolutivo.
Cando xa estaba quentiño e o pan feito...a merendar. Que rico!. E agora que aprendemos ? Podemos empregar e utilizar fora da escola o que aprendimos? 
-Siiiiiiiiiiiii

jueves, 3 de abril de 2014

1 DE ABRIL- FIXEMOS GALLETAS DO TETÓN


Esta mañá Kity e máis Lucía  estiveron no cole con nós para ensinarnos a facer galletas.
Inspiradas nos petróglifos do noso Monte Tetón, os nenos e nenas de 5 anos, 1º e 2º  fixemos galletas redondiñas con tona, fariña, zucre, ovos, limón....amasámolo todo e a nevera que teñen que estar moi frías para moldealas.  Despois cun palillo marcamos os círculos concéntricos, imitando ao petróglifo do Monte Tetón máis grande de Europa. Despois ao forno...que ben cheiran! E que ricas están! Para rematar lle demos un efecto vello, de paso do tempo con cacao en polvo, axudados con un pincel. 

Que si, que si! que agora merendamos estes petróglifos tan ricos! Gracias Kity e Lucía por compartir con nós estes momentos e ensinarnos a facer estas galletas tan, pero que tan ricas...TETÓNS DE TONA!

lunes, 31 de marzo de 2014

SAÍDA A OUTEIRO DOS LAMEIROS

E alí estabamos ( 200 persoas máis menos) e iso que comenzaba a chover, pero non importou. As cariñas dos peques dicíano todo e coas súas linternas dispostos á aventura. Que é de noite! que chove! non importa que aí están eses cabalos que van saír da parede , e mira o pastor ! ten un can! ou iso parece ,...e iso de ali que pode ser? un peixe...non parece o lugar onde gardan os cabalos! . E esta espiral de aquí? Vaia se parece un sol... Mirade hai algúns cabalos que se escaparon...mirádeos por aquí arriba...Cuidado Bruno non esvares que está mollado!...e agora de retirada!
Gracias a todos por facer de esta,  unha noite máxica,...mesmo a Santa Compaña escaparía de nós...Gracias, gracias, gracias.

domingo, 30 de marzo de 2014

21 de marzo- Día da Poesía

En Barrantes fixemos unha exposición de poesía en formas de petróglifos a partires do proxecto da arte rupestre . Así naceron os Poeglifos. Pola tarde os lemos e fixemos lectura das nosas poesías preferidas en lectura colectiva. Esta semana ademáis os padriños lectores leron toda a semana poesía aos seus afillad@s.

SAÍDA DE INFANTIL AO MUSEO DO MARCO ( Museo de Arte Contemporáneo)

 Os de infantil estivemos no Museo do Marco en Vigo, que antiguamente foi a cárcere de Vigo. Puidemos ver moitas obras contemporáneas nas que a través delas puidemos atravesar columnas, meternos imaxinariamente dentro dunha obra, compoñer puzzles e disfrutar moitísimo creando as nosas obras.

sábado, 15 de marzo de 2014

DA HORTA Á BIBLIOTECA

Os de 3º e 4º fixemos a primeira experiencia piloto no centro de recollida de productos do invernadoiro ( espinacas, leitugas, acelgas...) Traballamos cooperativamente distribuíndonos o traballo e cada un aporta o seu traballo:  clasificamos, rexistramos con fotos, lavamos os productos, presentamos e fixemos a tenda, o cartel, os prezos, mercamos, vendemos, e sobre todo disfrutamos moitísimo. Puidemos observar e traballamos o circuito de comercio. Cos cartos obtidos imos mercar libros para a biblioteca. Como aprendemos, como disfrutamos, como vivimos!






SEMENTEIRA 1º E 2º


Hoxe achegámonos á sementeira, pero vindo de lonxe. Dende os primeiros asentamentos neolíticos e dende o proxecto de centro " Un brinco no tempo " achegámonos á agricultura ao descubrimento das primeiras sementes, á importancia dos asentamentos das poaboacións, ao cambio da paisaxe, a relevancia social da agricultura, aos primeiros aparellos, aos do siglo pasado, aos actuais, e á actividade de facer semilleiros para despois pasar as plantiñas á horta, ás necesidades das sementes para converterse en plantas, ás flores, ás estacións, aos froitos...ao círculo da vida. Entre leitugas, guisantes, e pepinos... fixemos deste mércores un día moi leitugueiro. Gracias profes, nenos e nenas por disfrutar das pequenas grandes cousas!









sábado, 1 de marzo de 2014


entroido 2014
un brinco no tempo
O venres 28 celebramos o entroido no cole. O tempo pareceu facer unha tregua e deixounos disfrutar do evento con moitas ganas. Os clans do pasado vestíronse de futuro, e así dende a prehistoria demos un brinco no tempo para convertirnos en CAVERROCKS, O CLAN DA ESCURIDADE, CLAN DA HARMONÍA E SKATERS. Ata o meco estivo moi contento porque alomenos de momento non foi queimado. Os sorrisos acompañáronnos toda a mañá e disfrutamos moitísmo tamén coas familias, que como todos os anos preparan uns postres de entroido deliciosos para compartir todos xuntos entre fondos de Calcoboteiros. Moitas gracias, nenos, nenas, profes, familias, ...e bo entroido!




OBRADOIRO DE ROSQUILLAS

 O xoves 27 foi un día especial...estivemos de cociñeiros facendo rosquillas...que si, que mirade con atención que despois ides facelo vós. E así foi, entre ingrediente e ingrediente sorriso e sorriso, e entre limón e laranxa ...que rico ! que rico!.
Rosquillas para o entroido, rosquillas para amasar, para sentir, para saborear, para aprender...para facer!
E que ben nos viu que o meco nos mandase traer  un mandil !



calcoboteiros

Dende o Calcolílico as formas nas pedras chegaron,
e cos boteiros boas migas fixeron,
que subiron ás paredes do colexio,
e de momento de alí, non baixaron.

sábado, 15 de febrero de 2014


UN AGUJERO EN EL TIEMPO
Este conto foi elaborado polos nenos e nenas de 3º enmarcado dentro do proxecto de centro "Un brinco no tempo" facendo un percorrido dende a prehistoria e a arte rupestre ata a arte local.




Xa chegou Filosofía á biblioteca

 O 12 de febreiro Filosofía  chegou a Tomiño. É a curmá de Paulino, o noso trasno da bilbioteca e recibiu unha mensaxe deste pedíndolle un favor. Ela traballa nas bibliotecas de Sofilandia, ao sur de Portugal, pero agora está  de visita e...
O caso é que Paulino estará de viaxe dúas semanas para investigar a chegada dun personaxe misterioso que ocupou a biblioteca sen presentarse. Só sabe que se chama Calco Tetón. E Filosofía tamén está intrigada. Ela mesma tamén chamará a Sofilandia por se alí saben algo deste personaxe novo que apareceu sen máis.
Coas présas deixou os carnés preparados e as normas da biblioteca pero hai que entregalas e por iso pídelle a Filosofía que llas entregue ela.
Filosofía está encantada e feliz de poder estar no cole de Barrantes, que nunca antes tivera a oportunidade de facelo, só por teléfono.
Paulino pídelle que entregue os carnés dicindo aos nenos/as a importancia do uso deste para ir á biblioteca e coller un libro en préstamo.. e  as normas  que estarán tamén nun lugar moi visible da aula e na biblioteca.
Filosofía fala moitos idiomas, pero ten un problema...Non sabe falar galego. O profe Iván preguntoulle aos nenos que poderían facer e acordamos entre todos axudala para que aprenda o noso idioma. Gracias Filosofía, porque chegaches chea de soños e sorrisos e porque descubrimos que nas bibliotecas de Sofilandia medrán árbores que dan de froito libros, e que no teu gorro está almacenado todo o teu saber, que é moito, e non podes sacalo, e que lendo nace dentro de nós esa cousiña que se chama, ahh  siii....querer e amar! E queremos libros, queremos enchernos de vida, de personaxes, de aventuras, de imaxinación...e queremos compartilos, soñar xuntos, aprender xuntos...Gracias Filosofía. Esperamos que o teu regreso sexa pronto.



























TALLER DE PREHISTORIA- A ARTE RUPESTRE NAS COVAS

Dende o proxecto que estamos a desenvolver de " Un brinco no tempo" centrado na prehistoria e na arte local,  esta semana fixemos un roteiro polas covas do paleolítico que se atopan nalgunhas aulas do centro. Despois baixamos a cova principal e xuntamonos alí para falar da vida no paleolítico, deste tempo de empezar a andar na historia da humanidade, da vida, da caza,... da arte rupestre, dos motivos que pintaban,...e experimentamos coas nosas mans e con diferentes tipos de pigmentos orgánicos, vexetais, minerais... Ademáis no noso blog de " Recuncho de Paulino" da biblioteca temos moitos recursos para traballar a prehistoria e a arte local...seguimos camiñando no tempo!








miércoles, 29 de enero de 2014


SEMANA DA PAZ

Esta semana estamos celebrando no cole A Paz. Dentro de nós, en cada un de nós, nos pequenos e nos grandes momentos, nos momentos de soidade e nos compartidos, nos momentos de gañar e nos momentos de perder, nos momentos de compartir, nos de recibir e de dar...contigo, con aqueles e os de máis alá...
...A PAZ É COUSA DE TODOS!
Este ano quisemos darlle un protagonismo especial aun dos representantes por excelencia da Paz,  Nelson Mandela ( Madiba) que acompañounos no percorrido da mesma a través da súa vida, recreada polos nenos e nenas de 1º. Coa música de Pablo Milanés e a súa canción sobre Nelson Mandela achegámonos un pouquiño  máis dentro de nós a el e Silvio Rodríguez  fixo que descubríramos sentimentos de paz.
No cole cada aula de infantil e primaria  fixemos unha letra da pancarta e coas fotos de todos os nenos e nenas, mestras e mestres, coidadoras, perosal de limpeza e cociña,...compuxemos con fotos TODOS, porque todos somos esenciais para crear tempos de paz, tempos de facer ben, tempos de sorrisos e de apertas, tempos de compartir, ...entre TODOS. 


Pablo Milanés


Silvio Rodríguez





Estivemos en Naturnova
 Os de 1º e 2º ciclo estivemos en Naturnova, centro interactivo de educación ambiental para estimular o coñecemento do mundo que nos rodea, aprender a valoralo, respectalo e querelo. Percorremos o universo, a galaxia, o sistema solar, e chegamos ao noso planeta, e descubrimos os elementos que condicionan a vida ( o solo, a auga e o aire) e os seres vivos cos que compartimos o noso espacio.  Miramos como nos relacionamos co medio, como empregamos os recursos como nos afecta ao utilizalos e como temos que buscar solucións a moitos problemas que estamos creando. Pasámolo estupendamente e aprendemos moitísimas cousas.


Despois estivemos en Caixanova nunha actuación musical. Estivo xenial.




lunes, 27 de enero de 2014

Plantando ornamentais

O pasado 22 de xaneiro Noemí chegou á escola cargada de xeranios, surfinias,...para plantar cos
de , 1º, 2º,3º,4º e despois se engadiron os de 5 anos. Resultou moi ben a actividade porque primeiro explicouse o que se ía facer, os nomes das plantas, as condicións para que medraran ben, o que iamos facer, coidalas ...así que as `plantamos, as regamos e as levamos ao invernadoiro, para que estiveran quentiñas... que si, que si...que nos lembramos das partes da planta,e do...CEPELLÓN.




PLANTANDO ALLOS E CEBOLAS

Os de 1º e 2º estivemos plantando os allos e as cebolas no invernadoiro. Así co bulbo abaixo, facemos un buratiño, metémolo, botamos terra e despois regamos. Falamos das propiedades que teñen os allos e as cebolas e o ben que nos sentan na nosa dieta. Temos que comer cebolas e allos ...non si?