LETRAS GALEGAS 2013

lunes, 7 de marzo de 2011

8 de marzo- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

No libro País dos Mandóns hai unhas persoas que mandan sobre os demáis e non permiten que as mulleres ( nenas, as mamás ou as avoas), se divirtan ou saian fóra da casa. Estas normas tan inxustas levan a crear un  novo país : o da Igualdade.


As  autoras do libro son Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Un conto para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres. Este libro pertence á colección A IGUALDADE CONTA, editada en galego pola editorial Embora e están dirixidos a nenas e nenos de entre 3 e 6 anos.
(ver 
presentación elaborada polo Ceip Andrade)

O PAÍS DOS MANDÓNS


AQUÍ VAI UNS ENLACES PARA TRABALLAR A IGUALDADE E OUTROS VALORES


A igualdade


ANDALUNAYSAMIR


LECTURAS PARA A IGUALDADE

El trajín de la bruja Rita 


8 DE MARZO
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Despois de ler a poesía “ El trajín de Rita” , comentala, pescudar en que querían traballar as nenas cando fosen maiores e comparala co querían ser os nenos, chegamos a conclusión de que queriamos traballar en cousas moi parecidas e que tdos e todas podiamos facelo por igual.É importante que compartamos as tarefas dentro do fogar e que todos colaboremos.
Despois ocorreúsenos pintar a mamá traballando. Ollo que mamá traballa dentro e fóra da casa! Y esto foi o que saiu…

XA CHEGOU O ENTROIDO 2011

Que atarefados andamos este ano co entroido ! Claro con tanto ser máxico polo cole non hai quen poda. Ademáis o meco ou meca que este ano é unha serea mandounos unhas cousas!... hoxe temos que vir en pixamas. Iso si...que ben cheira o cole esta semana! As familias están a ensinarnos como facer filloas, e a verdade están boísimas. Moitas gracias mamás e avóas!



Os de infantil imos disfrazarnos de bruxiñas e bruxiños de reciclaxe, e para que non haxa dúbidas, queremos empregar as escobas para algo máis que voar, imos todos a intentar limpar un pouquiño máis este planeta, e estes bosques que precisan da nosa axuda.



Aí van tamén algúns recursos que poden servir de axuda.

ACTIVIDADES LIM DO ENTROIDO

O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO

CUADERNO INTERCULTURAL

GALICIA ESPALLADA

MÁSCARAS CON PRATOS DE PAPEL

MÁSCARAS PARA COLOREAR

LA FÁBRICA DE CARAS

RECURSOS DE ENTROIDO DA ESCOLA UNITRARIA DE VIDE

RECEITAS DE ENTROIDO

viernes, 14 de enero de 2011

Comenzamos o ano con este blog dos barrantiños e barrantiñas

E aquí estamos dispostos a coller con moitas ganas este ano que comenza paseniño. Os de infantil tivemos este agasalloblog por ser así de fantásticos e estupendos, e por ter sobre todo moitísimas ganas de facer motísimas cousiñas.
Os de tres anos, os de catro e os de cinco e as profes de infantil queremos compartir con vós as nosas cousiñas da escola, o noso bo facer, as novas, o que estamos a traballar, o que descubrimos, o que cantamos, o que soñamos, e sobre todo o ben que o pasamos. Bicos de amorodos, de limóns e galletas, de sorrisos e de xogos de cancións e de apertas,