LETRAS GALEGAS 2013

sábado, 18 de octubre de 2014

CURSO ESCOLAR 2014-2015

Xa levamos un tempo na escola, compartindo, soñando, aprendendo contigo,  sachando palabras, cociñando emocións, abrindo os olliños, escoitando que estás aí ao meu carón, cantando contigo, ... facendo contigo ESCOLA.

SIMPOSIUM DE ESCULTURA TOMIÑO


jueves, 10 de julio de 2014



BO VERÁN FAMILIAS !



Chega o verán e as vacacións. Dende a

 escola de Barrantes queremos dar un bico moi forte a todas

 as familias, a todos os nenos e nenas, en especial a aqueles

 que o ano que ven xa non estarán  e aos que 

levaremos moi pretiño sempre de nós. E aos que virán, 

enchendo de novos sorrisos a escola.

 Tamén un bico moi forte a todos/as  os que ao longo do ano

 estiveron ao noso carón, axudando, ensinando, compartindo 

e vivindo a escola...gracias por todos os bos momentos

 compartidos . 




lunes, 23 de junio de 2014

FESTA FIN DE CURSO E GRADUACIÓN 5 ANOS E 6º E.P

O pasado 20 de xuño celebramos coas familias a festa de fin de curso coa graduación de infantil de 5 anos e 6º de Primaria. Desexamos que pasedes un bo verán. 
Aos que se quedan, voltamos en setembro e aos que se van que o que vén esté cheo sempre de boas cousas e bos momentos. Ata sempre.

domingo, 22 de junio de 2014

SAÍDA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE DE CAMPOLAMEIRO

O pasado 17 de xuño estivemos no PAAR de Campolameiro, finalizando xa o proxecto de Un brinco no tempo que desenvolvemos durante o curso. Alí nos acercamos a moitas actividades relacionadas coa prehistoria e en especial coa Arte Rupestre. Pasámolo moi ben e aprendimos moitísimas cousas.





sábado, 14 de junio de 2014




Os cinco colexios públicos de Tomiño participarán nunha nova edición de Turonia; unha actividade de coñecemento e convivencia rica e singular, organizada en colaboración co Concello de Tomiño e as comunidades de montes.

O CEIP  de Tebra,o CEIP Pintor Antonio Fernández, de Goián, o CEP Pedro Caselles Beltrán, de Tomiño, o CEIP de Sobrada e o CEIP de Barrantes,  uniranse nos niveis de 6º (uns 120 escolares) para celebrar a catorce edición do Proxecto Turonia, dende o xoves 12 de xuño  ata o venres 13, durmindo no ximnasio do colexio Pedro Caselles.

Esta actividade escolar, xa consolidada, mantén o seu interese entre o alumnado ano a ano, pola súa singularidade, xa que ademais de permitir coñecer o patrimonio, constitúe unha oportunidade de convivir e compartir cos compañeiros. Este ano o alumnado realizará un percorrido dende Chan do Cereixo (perto de Pinzás) ata o embarcadoiro de Goián; ruta que lle permitirá realizar distintas actividades e afondar no coñecemento do entorno. Os principais temas a tratar serán a arqueoloxía, a arquitectura medieval, a botánica,  a zooloxía e o deporte.

Paralelamente, os demais cursos dos cinco coles farán "O Peque Turonia": unha serie de pequenas andainas polo entorno próximo.
Os colexios Pedro Caselles, Goián e Tebra  van facer a ruta do río por Goián. O CEIP de Barrantes, irá ata Vilachán, para lembrar a existencia do antigo Concello nesa parroquia ata 1816; seguindo polo Xibao ata o Pazo e Muíños do Brosque dos anos 1695,1747 e 1832, e finalizará na Escola Indiana da Aurora del Porvenir.


Os de infantil tamén fixemos o peque turonia e chegamos ao río Pego, Observamos de camiño as árbores como o piñeiro e o carballo. Tamén detivémonos na observación de plantas tóxicas como a tintureira, cicuta e dedalera. Observamos os insectos que atopamos no río como os zapateros e unha ra. Finalmente tomamos a rosca  que nos regalou a ANPA con zume e de volta para o cole. Moi ben peques de infantil. sodes uns auténticos preturónicos.


Os coordinadores de Turonia resaltan a colaboración das comunidades de montes das distintas parroquias, que achegaron subvencións económicas para poder agasallar aos rapaces e rapazas con camisetas e gorras conmemorativas, e do Concello de Tomiño, que aporta os autobuses para os desprazamentos e o transporte do material ata o centro base no Pedro Caselles. Tamén da Asociación Cultural de Tebra, das Anpas dos centros e da comunidade educativa en xeral.

Máis información e fotos deste e  doutros anos:






PROGRAMA TURONIA 2014:

CEP Pedro Caselles Beltrán - CEIP de Barrantes - CEIP de Tebra - CEIP de Sobrada-CEIP Pintor A. Fernández
No presente curso escolar celebramos a 14 edición de Turonia, unha actividade escolar que xa está consolidada no Concello, e que mantén o seu interese entre o noso alumnado ano a ano, polo que supón de diferente sobre o traballo escolar habitual.
Realizaremos un percorrido que irá dende a Chan do Cereixo (perto de Pinzás) ata o embarcadoiro de Goián, percorrido que nos permitirá poñer en marcha diversidade de actividades e afondar en distintos aspectos do coñecemento do noso contorno.
Temas a tratar: Arqueoloxía. Arquitectura medieval. Botánica, zooloxía... e Educación Física
Somos cinco centros: Tebra, Barrantes, Sobrada, Goián e Pedro Caselles, que realizaremos a actividade conxuntamente.
Programa:
Participantes: Os alumnos e alumnas de 6º curso dos cinco centros educativos. Completarán un número aproximado de 120 alumnos e alumnas.
Datas: 12 e 13 de xuño
Plan:

Día 12 

8:45 horas Concentración no CEP Pedro Caselles Beltrán.
Transporte en autocar ata a Chan do Cereixo (Gondomar).
Visita ao lugar da escavación arqueolóxica e nacentes do río Cereixo.
Marcha polo monte cara o monte Tetón, en tebra.
Visita ao lugar dos petroglifos.
Marcha cara Santa María de Tebra, ata o colexio.
Comida en Tebra, no centro cultural de Santa María.
Marcha cara Tomiño, pasando por Vilameán, Hospital, Barro.
Chegada ao colexio Pedro Caselles
Instalación no pavillón, aseo, organización, cea, e actividades.
O grupo pasará a noite no ximnasio do colexio.

Día 13

8:00 horas Levantamos o "campamento", almorzamos e saímos cara Estás pasando por Vilachán.
En Estás continuaremos cara o forte Santiago Carrillo, lugar que visitaremos.
Seguiremos camiño a Figueiró, ata o recinto de San Campio, onde comeremos.
Pola tarde transporte por grupos a Goián, para visitar a exposición do Pintor A. Fernández, e logo camiñata ata o río.
Actividade de piragüismo no río, coa colaboración de Os Teixugos para tal fin.
Recollida dos pais nese lugar, logo da actividade. (a partir das 18:00 horas)

Enfoque educativo Esta actividade, durante as dúas xornada que se celebra, está formulada baixo un punto de vista educativo, e durante os diferentes momentos, terán oportunidade de adquirir novos coñecementos, poñer en práctica habilidades, etc. Todo isto apoiado nuns cadernos de campo que levarán os alumnos, así como diverso material de medición (compás, metro, etc).
Os aspectos do coñecemento que se abordarán son:
Arqueoloxía, Botánica, Zooloxía, Historia, Arte románico, tradicións, e por suposto, actividade física.

domingo, 1 de junio de 2014















2014




NOTICIA INFOMIÑO

NOTICIA FARO DE VIGO

CONCELLO DE TOMIÑO



GRACIAS





PROXECTO COOPERARTE  2014


O colexio de Barrantes participa dende hai tres anos no proxecto Cooperarte, un proxecto intercentros cos colexios de Principe Felipe en Pontevedra e Juan María de Nigrán.
O primeiro ano exploramos a arte nas súas diferentes manifestacións e expresións; o segundo ano centramos o proxecto na arte galega e este ano o tema principal do proxecto é a arte local ( Lo Local), no que a través da arte na prehistoria e as nosas manifestacións cercanas a través dos museos ao aire libre que temos no contorno- como as estacións de arte rupestre do monte Tetón ( Tomiño ), Outeiro dos Lameiros ( Baiona), e Agua da Laxe ( Gondomar- Serra do Galiñeiro), e moitas máis así como as mámoas tan presentes na nosa paisaxe- facemos un brinco no tempo para achegarnos as distintas formas de expresión artística na zona de Tomiño. Así, dende a  pintura rupestre nas covas achegamosnos  á pintura local da man de Mario Fernández. A construción megalítica do Neolítico atopa o seu salto no tempo da man de Nando Álvarez, Xuxo Vázquez e Carlos Fernández, así como a cerámica con Sonia Maestu e Miguel Santamaría. A idade dos metais atópámola na arte local con Cuqui Piñeiro, e os petróglifos na representación de todos os artistas implicados no proxecto.
A colaboración que amosaron os artistas mencionados non ten palabras, xa que o alumnado investigou sobre eles e nos seus talleres achegáronse á arte dende as súas mans, as súas creacións, o seu ben facer pedagóxico e a súa empatía con todo o alumnado. Esto non sería posible sen a súa disposición a transmitir e dende a escola entendemos que poñer en valor a arte, como calqueira outra disciplina, pasa por coñecer, transmitir, dignificar o traballo realizado e fomentar o valor do respecto para chegar a súa interiorización.
O vindeiro día 30 de maio terá lugar a III Xuntanza Cooperarte en Tomiño, no que xunto cos artistas de Tomiño e Pontevedra participaremos da creación de dúas obras de arte pública entre todos os centros participantes. Esto, non sería posible sen a colaboración de toda a comunidade educativa, agradecendo tamén de forma especial o interese e apoio amosado por parte do concello para que esto sexa posible.

domingo, 18 de mayo de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Documental 'Nimbos de poesía' from Cultura galega - Xunta on Vimeo.

Documental 'Nimbos de poesía'

Esta peza audiovisual, dirixida por Xulio Xiz, é unha viaxe pola vida e a obra de Xosé María Díaz Castro que ten o valor endagido de facerse da man do propio poeta, co que visitamos os lugares onde transcorreron a súa infancia e mocidade e onde el mesmo nos recita os seus textos máis significativos. Nese percorrido vital e literario, Díaz Castro detense a sinalar as persoas e acontecementos que incidiron na súa escolla do galego como lingua de expresión poética. No documental tamén se fai referencia ao feito de que Díaz Castro chegase a dominar case todas as linguas de Europa, feito que pode poñerse en paralelo con esa escolla do idioma da súa infancia para a súa produción literaria máis significativa. Gravado no ano 1987, o filme foi remasterizado para celebrar o Día das Letras Galegas 2014, dedicado ao poeta de Guitiriz.



En homenaxe ao noso poeta, celebramos  as Letras Galegas da man de Xosé María Díaz Castro, ...e como  dende Nimbos achegámonos aos seus poemas, á súa vida... a influencia de Aquilino Iglesia Alvariño para que escribise en galego.


E dende os tempos felices, das ilusións, como dice Xosé María, descubrindo a grandeza das cousas pequenas como manifesta no poema "Esmeralda" ...Herba pequerrechina... disfrutamos das sombras xogando cos  ollos, deixamos os Nimbos coma cinza de rosas que onte encheron de perfume o mundo  dalgún sono...as súas palabras.
E nos xogos, nas verbas, nos sorrisos, nos puntos para a tómbola ...tamén te atopamos.


sábado, 17 de mayo de 2014

OBRADOIRO DE ARTE RUPESTRE - Manolo Ledo


O pasado 6 de maio  estivo no cole Manolo Ledo que achegounos  a arte ruprestre a través da pintura empregando diferentes tipos de pigmentos, coa técnica do soplado; aos petróglifos, ás súas expresións, manifestacións, ao descubrimento do lume, as ferramentas, a talla de bifaces,... este obradoiro fortalece o traballo desenvolto como proxecto de centro ao longo deste curso escolar: A arte rupestre e a súa contextualización na prehistoria.

domingo, 4 de mayo de 2014

MARATÓN DE CONTOS

O pasado 30 de abril chegou a Barrantes o Maratón de Contos e os Contos de Noite para quen escoite. O Maratón de contos celebrouse durante toda a xornada escolar e os contos de noite dende as 21:00 ata ás 12:00 da noite.
Os contos, as historias, os monicreques, as representacións, e Filosofía inundaron a nosa biblioteca enchéndoa de sorrisos e bos momentos. A ilusión por contar, por escoitar estaba entre nós... que nunca se vaia! Gracias aos nosos peques que son os máis grandes, ás nosas familias, aos mestres, a Filosofía, e a todos os que dende o bo facer e sentir encenden a chispa da ilusión ...



domingo, 27 de abril de 2014


Este ano a nosa proposta foi crear un mercadillo de libros e contos para os cativos e cativas do cole. 
Primaria mercou o seu libro entregando unha poesía, rima, texto,... e os peques de infantil fixeron marcapáxinas para mercar os contiños. As cariñas de ilusión eran de foto...
- para min, para sempre?
- que si, que si. 
E non teño que devolvelo ?
- que no , que no.
- Podemos lelo agora?
- que si, que si.

Bicos de fantasía, de palabras, de ilusións...aí onde medran os soños e a fantasía.

E o vindeiro 30 de abril teremos o Maratón de Contos durante toda a xornada escolar e pola noite
" Contos de Noite para quen escoite" onde participarán os peques, familias, mestres,... Animádevos a contar !...seguro  imos ter unha sorpresa tamén ese día pero de momento non podemos dicir nada...eso si, ten moito que ver coas personaxes máxicas da nosa biblioteca.
Canción de Migallas- Imaxínate ( animación á lectura)

lunes, 7 de abril de 2014




Este venres, o caldiño quente con pan de pita chegou á escola da man de Tania. Recollemos no invernadoiro os fermosisimos repolos e aprendemos a facer o caldo como alimento importante na nosa cultura. Aprendemos a facer o pan co fermento, fariña, sal, zucre, auga temperada e con boa man amasando fixemos pans na tixola, sen empregar o forno. Falamos de como no Neolítico se asentan as poboacións  gracias á agricultura e gandería e a importancia na mesma no cambio evolutivo.
Cando xa estaba quentiño e o pan feito...a merendar. Que rico!. E agora que aprendemos ? Podemos empregar e utilizar fora da escola o que aprendimos? 
-Siiiiiiiiiiiii

jueves, 3 de abril de 2014

1 DE ABRIL- FIXEMOS GALLETAS DO TETÓN


Esta mañá Kity e máis Lucía  estiveron no cole con nós para ensinarnos a facer galletas.
Inspiradas nos petróglifos do noso Monte Tetón, os nenos e nenas de 5 anos, 1º e 2º  fixemos galletas redondiñas con tona, fariña, zucre, ovos, limón....amasámolo todo e a nevera que teñen que estar moi frías para moldealas.  Despois cun palillo marcamos os círculos concéntricos, imitando ao petróglifo do Monte Tetón máis grande de Europa. Despois ao forno...que ben cheiran! E que ricas están! Para rematar lle demos un efecto vello, de paso do tempo con cacao en polvo, axudados con un pincel. 

Que si, que si! que agora merendamos estes petróglifos tan ricos! Gracias Kity e Lucía por compartir con nós estes momentos e ensinarnos a facer estas galletas tan, pero que tan ricas...TETÓNS DE TONA!