LETRAS GALEGAS 2013

sábado, 16 de abril de 2011

FIXEMOS UN MAIO
O venres 13 de maio os de infantil fixemos un maio. Trouxemos fiuncho...que ben cheira!, xestas, flores, colares de carrabouxos ou cocas, colares de pampullos,...e todos/as os de 3, 4 e 5 anos fixemos un maio moi florido.



LETRAS GALEGAS  17 de maio de 2011
Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos en febreiro de 1958, está considerado un mito da poesía galega contemporánea. Formou parte do denominado Grupo de Amor e Desamor, un conxunto de dez poetas da talla de Pilar Pallarés, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mato Fondo, Xavier Seoane, Fenán-Vello... A súa obra fai del un autor de culto e representa a renovación e o achegamento aos lectores máis novos.
VIDEO SOBRE A VIDA DE LOIS PEREIRO FEITA POLO CICLO DE INFANTIL DO CEIP BARRANTES
- E, por que será que hai un día especial para as Letras Galegas?
- Pois porque ten que ser importante ( Diego)
- Non, ten que ser moi importante...( Iria)
- Porque falamos galego ( Noé e Elena)
- E o escribimos( Martín)
- E podo dar bicos en galego ( Elena)
- E a bandeira é blanca cunha rayiña azul ( Noé)
- Si é verdad. ( Yara)
- Bueno, pero eu son do Madrid ( Sabela)
- Pois é mellor o Barcelona ( Diego)
- Non é o Madrid ( Fran). Pero eu son galego.
-Porque naceches en Galicia? ( Profe)
- Bueno eso non, porque eu nacín en Barrantes...( Fran)
- Vale...e onde estará Barrantes?
- En Galicia profe ( Martín)
- Entonces somos galegos e galegas ( Fran)
- Non todos, mamá naceu en Brasil( Martín)
- E Brasil está cerca de Galicia? Onde está Galicia? Onde está Brasil?... 





RECURSOS LOIS PEREIRO

RECURSOS DO SEMINARIO GALÁN PARA INFANTIL


CONCURSO PITUFOMEDIOAMBIENTAL

Os de 5 anos decidimos participar no concurso " Como cuidamos el medioambiente"  de Los Pitufos e pareceunos boa idea facer un conto ( tiña que ser en castelán). Ao final  remitimos ó noso blogue para que coñezan o que facemos nós pouco a pouquiño polo medioambiente...pero dende logo estamos aprendendo moitas cousiñas sobre o mesmo e participamos con moito agarimo no seu coidado e repecto. Aí estamos...







Aprendemos a xogar ao xadrez

O martes 12 de abril, estivo no cole Judania, que nos achegou de xeito moi divertido ao xogo de xadrez. Explicounos moitas cousas interesantes, pero sobre todo a historia de cómo naceu o xadrez a través da representación. A historia do Rajá e o sabio foi moi interesante. Aprendemos que este Rajá quería divertirse, e aburríase de todo, ata que un día un sabio propusolle o xogo do xadrez e díxolle que non quería nada, que xa volvería cando soubese xogar o xadrez. Ao cabo dun mes voltou e o Rajá díxolle que lle pedise o que quisera. Claro, cando o sabio lle pediu 1 grano de trigo no primeiro cuadro de xadrez e nos seguintes o doble do anterior, o rei botouse a rir. Pero pronto a risa convertiuse en choro cando comprobou que non era quen de pagar con trigo ao sabio, non lle chegou todo o trigo do reino!.












No hay comentarios:

Publicar un comentario