LETRAS GALEGAS 2013

domingo, 19 de febrero de 2012

E queimamos o meco...
polas gripes que trouxo, por non ter unha hora máis de recreo, por...

Os disfraces
Este ano decidimos no cole ir de " Os proxectos do cole" o que estamos a desenvolver, así que os de 3º ciclo foron de Voz Natura ( representaban as árbores, os insectos, o lixo dos bosques...); os de 2º ciclo de Cooperarte ( representaban a creación dunha película de pitufos, desde que se escribe ata que se representa); os de 1º ciclo de Irradio Lingua ( disfrazados de Cunqueiro e personaxes galegos, e os de infantil de Cooperarte tamén ( Cada neno/a fixeron coa colaboración das familias un cuadro no seu disfraz; íamos de obras de arte en si mesmas).


É tempo de filloas!-A degustación gastronómica


Como todos os anos , as familias participan coa degustación gastronómica; cada familia fai un postre típico do entroido e todos xuntos comemos e o pasamos moi ben...moitas gracias a todos por colaborar e poder disfrutar de vós!.

4 comentarios:

  1. Felicitaciones a TODOS por esa fiesta de carnaval tan brillante!!! aunque no estamos en tiempos de samaín...lo pasamos de MIEDO!!! y una melodía se oyó...alto y claro, con acordes de ilusión, de alegría y de espíritu de fantasía. Qué bueno compartir con vosotros el antes, el durante y el después de cada pasito que dáis... Y cómo no, un dulce rico, rico! Un besazo de Cintia, mamá de Pedro y Malena.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E non imaxinas o que se agradece o voso saber estar, e o voso saber facer, e sentir que por riba de todo, o que temos nas mans, nas apertas, nos mimos, nos bicos, nas miradas que o dicen todo...nestes pequenos trasniños e trasniñas teñan unha manciña agarrada a nós e outra a vós para aupalos moi alto, con moita ilusión e cun sorriso para a vida...non deixedes de estar!. Bicos de ilusión e cores de esperanza no corazón de cada neno/a e de cada un de nós.

      Eliminar
  2. Moitas gracias por deixarnos compartir a ilusión,a alegría e a fantasía.. pero sobre todo gracias por deixar que a mirada limpa dos nenos brille coa naturalidade do seu corazón...Un bico de Bego,un bico cheo de miradas e latexos emocionados de nenos...Ánimo para todos/as

    ResponderEliminar
  3. Que fotos máis bonitas...claro que cos nenos tan lindos e espléndidos que temos non é de extrañar! É unha lástima que non estivera aí, pero só con ver as fotos non vos imaxinades a cantidade de sensacións que me transmitíchedes!
    Moitos bicos alegres!

    ResponderEliminar