LETRAS GALEGAS 2013

lunes, 12 de marzo de 2012

8 de marzo- Día Internacional da Muller

Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
En Barrantes para celebralo, os de infantil miramos ó redor e buscamos as mulleres que nel traballan, e atopamos moitísimas: as mestras, as coidadoras de comedor, as mulleres da ANPA, as coidadoras de bus, a carteira, as cociñeiras, as limpadoras, a coidadora de ANEAE, a mamá entrenadora de fútbol, e as mamás que ademáis de selo, traballan...e lles tomamos fotos, e invitáronnos a ir á casa da cultura do concello de Tomiño e ademáis descubrimos que no traballo  podemos facer o mesmo que os homes, e eles o mesmo ca nós.

http://www.kizoa.es/diapositivas/d2408907kP169598889o2/8-de-marzo--da-internacional-da-muller-traballadorahttp://www.concellotomino.com/

1 comentario:

  1. Me ha encantado el video y sobre todo los peques lo han hecho fenomenal y trabajamos el valor de la igualdad.

    ResponderEliminar