LETRAS GALEGAS 2013

domingo, 28 de octubre de 2012

E CHEGOU O MAGOSTO E O SAMAÍN


     O  30 de outubro, celebramos o Samaín no cole, para o que tiñamos propostas unhas actividades de medo...Pola mañá todas as aulas estivemos no " monstro tragamedos"que fixeron os maiores coa profe Patricia de música, no que fomos metendo os nosos temores, medos, inquedanzas, para que por arte de maxia se foxen ben lonxe e nos deixaran un pouco tranquilos/as;despois tivemos a degustación de postres de outono e no  túnel do medo,  expusimos as cabazas que foron traendo os cativos e cativas, que o fan xenial coa axuda das familias. Tivemos representación de contos, contacontos, cancións...o cole estivo adornado con motivos destas festas e o mércores pola mañá xogamos a xogos da castaña que nos ensinará a profe Begoña de educación física...tris tras, a castaña por detrás, nin a ves , nin a verás!...seguro que todos o pasamos xenial! e ademáis foi a primeira festa dos nosos peques , máis peques de infantil, os de 3 aniños...que lindas as súas cariñas e a dos demáis tamén...pásamolo de medo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario